viernes, 30 de diciembre de 2011

BEST OF STREET ART 2011

BOTA UN OLLO A ESTO...

...Merece un bo aplauso. só por ver estas imaxes, vén a cabeza a idea de que 0 2011, o ano da gran crise, despois de todo, foi un bo ano. Sempre hai cousas no mundo, nas nosas vidas, na rúa, que pagan a pena. E sempre as haberá.

Adeus, 2011, e feliz 2012 a todos!

miércoles, 28 de diciembre de 2011

OS COLLAGES DE JAMES GALLAGHER














Agora que andamos a voltas cos COLLAGES, paga a pena ver traballos na rede (mellor sin rede por medio, ao natural, pero na rede hai máis cousas) como os de James Gallagher.

AS ESCULTURAS MECÁNICAS DE GREG BROTHERTON











Greg Brotherton, BROTON, é un escultor que fai pequenas pezas, tamén fruto do reciclaxe, con pezas que converte en extraños obxetos mecánicos, que parecen sacados dunha película de Tim Burton...bótalles unha ollada

ALEXIS MIRE E AS SÚAS FOTOS


A xovencísima fotógrafa Alexis Mire, de tan só 19 anos, ten unha páxina que merece a pena ver.
Aquí tedes un exemplo do seu talento e moi interesante obra fotográfica

JULIE TREMBLAY E A SUTIL LIXEIREZA DO METAL


Julia Tremblay é unha interesante escultora canadiense, que recicla o metal que atopa no lixo para realizar as súas esculturas, figuras humanas en posturas suaves e elegantes, que non parecen moi en conexión coa materia prima con que foron feitas.
Un bo e sorprendente exemplo de reciclaxe artístico.


lunes, 26 de diciembre de 2011

AGASALLO DE NADAL

O número 1 do fanzine de aTRAVESA xa está na rúa. Nas rúas de Compostela...pero tranquilos, desde A Estrada tamén pódese ver, descargándolo gratis via internet.
aTRAVESA é un taller colectivo aberto ao público na zona vella, Rúa Travesa 17, un taller onde 19 persoas traballan a diario: pintores, debuxantes, fotógrafos, escritores e escultores de Galicia, Arxentina, Bélxica e Alemaña (ata agora).
Abrimos este taller para achegar ao público o que facemos e como o facemos sen intermediarios e sin institución polo medio, de xeito cooperativista entre nós. Repartimos os turnos, as tarefas de limpeza...e as exposicións...cada dous venres FESTA, e exposición individual.
E exposición-taller colectivo permanente e cambiante.
Rexeitamos subvencións, axudas oficiais e calquera tipo de manipulación institucional.
Pensamos que a cultura debe parecerse máis a isto que a o que se parece agora, contido de quita e pon, blando e sen paixón, para edificios sin sentido que anegan os presupostos públicos e as cidades.
Quizais esteamos no certo, quizais nos equivoquemos, pero pasámolo ben polo camiño, que é do que se trata.
Cada trimestre editamos o noso fanzine "ATRAVESANDO..." (o resto do título cambia co trimestre e co número).
Se che podes facer cun orixinal impreso, verás que é unha serie limitada de 1000 exemplares con algunha das páxinas escrita a man...o exemplar dixital non chega a tanto, pero é prácticamente igual.
Que o disfrutedes. E cando queirades facernos unha visita ao taller, aquí estamos: de luns a sábado de 19 a 22 horas e ademáis sábado e domingo de 12 a 2.
























domingo, 25 de diciembre de 2011

O FASCINANTE TRABALLO DE OLEG DOU

















Oleg Dou é un fotógrafo e editor ruso.
Traballa imaxes de rostros humanos. Fai castings de caras, que fotografía e despois traballa (e de que maneira) con programas de retoque ata lograr os increíbles resultados que podes ver na súa PÁXINA WEB.
Máis información neste ENLACE, ou neste OUTRO.
E AQUÍ tedes unha entrevista ao autor

sábado, 24 de diciembre de 2011

OS DEBUXOS DOS QUE SAIU O MUNDO BLADE RUNNER

Unha dais películas que máis acertadamente soubo crear unha atmósfera futurista e hipnótica, foi sen dúbida BLADERUNNER.
Unha estética que era futurista no ano 1982 e o segue a ser hoxe, ao contrario do que lles soe pasar a moitas películas de ciencia ficción, ás que o tempo fai obsoletas e anticuadas.
No blogue ANIMOPUS están a publicar os SKETCHBOOKS do grandísimo traballo de deseño de produción desta película, que demostra que cando hai un bo (e rigusoso) traballo detrás de algo, os resultados sempre se notan no acabado final.
Nos debuxos veremos con todo detalle como os directores artísticos da película planificaron ata o último rincón onde ía ter lugar a acción deste inmortal film.
Nestes enlaces podemos disfrutar dos debuxos que serviron de matriz a moitos elementos da película, aínda non superada hoxe visualmente en canto a posta en escea e logro desa atmósfera pesada e enfermiza que tantas producións tentaron imitar despois con moito máis diñeiro, pero sin éxito:


Para quen teña visto a película, AQUÍ e AQUÍ tedes unha boa ristra de CURIOSIDADES sobre ela. Moi interesantes.
E para os que os gusta saber de onde veñen as cousas, AQUÍ tedes a novela SUEÑAN LOS ANDROIDES CON OVEJAS ELÉCTRICAS, de Philip K. Dick, na que se basa esta imprecindible película.



domingo, 18 de diciembre de 2011

LEMBRA QUE ÉS MORTAL



Así se chamaba o relato de Jonathan Nolan, irmán do cineasta Christopher Nolan, que serviu de base para a película MEMENTO, unha película do ano 2000 que vai gañando con tempo, e que sorprendeu a público e crítica pola súa peculiarísima estrutura narrativa.
Memento narra a historia dun home que sufre unha rara doenza, producida por unha agresión, que lle fai incapaz de crear novos recordos. Ten que apuntar as cousas que lle van pasando, a xente que vai coñecendo tralo incidente, e sobre todo, as pistas que lle leven ata a persoa da que quere vingarse, o atracador que lle fixo perder a memoria e que matou á súa muller.
O enorme mérito desta narración e lograr unha empatía total do espectador co personaxe principal, a base de facernos sentir a mesma incertidume e desasosiego que pasa o protagonista, que sucesivamente esperta e non sabe onde se atopa.
A maneira de facer que o espectador non saiba máis que o protagonista é contar a historia Ó REVES, dende o final ata o principio, no que iremos descubrindo cousas que nos farán perder esa empatía con personaxe protagonista.

MEMENTO é unha das 6 películas das que os alumnos de 4º ESO, na materia de PLÁSTICA, farán unha análise técnica e narrativa, vendo como o cine e a comunicación audiovisual son linguaxes nos que, como na literatura, moitos artistas nos contan esas belas mentiras que forman parte da nosa cultura e da nosa vida.

sábado, 17 de diciembre de 2011

COMICS















Con esta páxina comeza unha delirante historia, obra de Lorena Rozados, que poderedes ver na nosa revista, PREBE, dentro de algúns meses...sí, sabemos que non poderedes aguantar a espera, que queredes ver XA as seguintes páxinas, pero non ides poder ata que non teñades a revista nas mans, e teredes que agardar un pouco.
Cando abrades a revista, vos preguntaredes como era posible a vosa vida antes de PREBE, que faciades no mundo , que o quen daba sentido as vosas vidas sin ese montón de páxinas a5 apaisadas...é o que pasa coas adicións, non teñen cura fácil...o bo é que haberá máis números, moitos máis...o malo é que estádevos a subir polas paredes pola impaciencia e aínda non saiu o número un!...pobriños...
En fín, trataremos de traballar arreo para que podades abrir as súas páxinas o antes posible...
Non desesperedes

jueves, 15 de diciembre de 2011

O NOVO PHOTOSHOP ANTIPIRATEO













Un photoshop para unha nova era...Este novo photoshop realmente non é tan novo, é máis ben "vintage"...porque moitas veces dar algún paso atrás vale para poder dar outros adiante...
É un Photoshop antipirateo, non se colga nunca, é gratis, e ten infinitos plugins, efectos, tipos de pinceis y menús...cada ordenador que o leva é único, unha peza única no mundo, con nomes e apelidos.

No MGB temos varios ordenadores dos antiguos, deses obsoletos e meramente instrumentais que teñen cables por dentro...pero temos moitos máis dos modernos, destas novas máquinas de crear que non funcionan con cables.
Precisan, non vos imos enganar, de alimentación...Bástalles, eso sí, con medio bocadillo e unha bolsa de Risketos á hora do recreo.
Outra novidade destes novos creadores de imaxes é que móvense por sí sos, falan e fan cousas similares as persoas.
Non precisan de antivirus porque son autoinmunes, nin de actualizacións, nin de tutoriales...eles xa se entenden sós.

Camuflados entre a xente poderían fácilmente ser confundidos con persoas, pero non o son...son persoas 3.0...individuos que fan uso do cen por cen da súa capacidade cerebral, seres que DEBUXAN.

Entes que nunca creron ao Gran Irmán cando dixo que o debuxo era só para os nenos.

Podes velos entrar e sair da aula de debuxo...creo que alí traman cousas...eu oín algo de "PREBE" ou algo así...Non quero preguntarlles moito, nunca me entendín ben coas máquinas.



BANSKY ATACA DE NOVO













O graffiteiro máis famoso do mundo, do que non se coñece unha soa foto, fixo chegar unha nova obra a unha coñecido galería de Liverpool.
Non é o tipo de graffiti urbán que xa coñecemos de él, pero é algo igualmente subversivo, e dende logo, como todo o que fai, moi orixinal.
Máis información neste enlace

martes, 13 de diciembre de 2011

THOUGHT OF YOU, curtametraxe de animación 2d de Ryan Woodward



Nestes tempos nos que cando un oe falar de ANIMACIÓN todo o mundo asocia o concepto a 3d e a inxeniería óptica e fogos de artificio visuais e sonoros (o cal non ten nada de malo sempre que a historia que conten sexa boa e estea ben contada), parece un sopro de aire fresco ver algo SINXELO, feito coa técnica máis tradicional de animación, e con dúas ferramentas que sempre foron (e seguen a ser, por moitas gafas binoculares que se fabriquen) o CORPO HUMANO e O LÁPIS.
Cando a técnica é sinxela e non abraiante por si mesma é cando saen a relucir os verdadeiros talentos, a xente que é capaz de facer maxia, de facer sentir algo ao espectador, de usar con intelixencia e simplicidade a narrativa visual.

Ryan Woodwart é un deses artistas que non por non ser de moita sona é menos interesante.
A súa curta Thought of you forma parte dun longo proxecto chamado CONTE ANIMATED, que podedes seguir (ademáis de no enlace) na súa páxina de facebook.


De todas maneiras, como sei que hai xente moi sensible nas aulas do MGB, e sei que despois de ver esta curta algun(ha) xa estará chorando, non vou pechar esta entrada sin outra curta, máis gamberra e para botar unhas risas, aínda máis curta e aínda máis sinxela, onde o lápis é tamén protagonista, como o é o inxenio do autor...
Qué grande e afíada arma pode ser un lápis!!


miércoles, 7 de diciembre de 2011

BLU, O XENIO DO STREET ART

Mentres os Gobernos estragan centos de millóns de euros en contenedores de arte, en museos de artes contemporáneas e en cultura domesticada, moitos artistas usan a rúa como un xigantesco lenzo no que deixar voar a inmensa creatividade que o mesmo latexo da cidade provoca.
Artitas en moitos casos indómitos, inasimilables ao sistema, nin a cirtuitos artísticos oficiais, esvaradizos e esquivos, que fan un arte non a gloria de si mesmos (porque nalgúns casos ninguén os coñece) senón a gloria do mesmo acto de crear, do disfrute do acto vivo e puro da creación libre.
Nestos tempos de arte e cultura institucionalizada, aburrida, amordazada e políticamente correcta, feita baixo o sistema do pau e a cenoura, artistas como Bansky ou como Blur son un soplo de aire fresco, artistas que fan pensar que as artes nunca morren, que non está todo inventado, e que a creatividade das persoas é infinita e sempre será o motor que move o mundo.
Se BLU non é un xenio, non sei quen pode selo...





Este artista reinventa o concepto de Stop Motion, e relaciónao co arte da rúa, o graffiti e o debuxo..
Podemos ver neste ENLACE un interesantísimo vídeo acelerado do proceso de realización do TIBURÓN do Carmel, en Barcelona, e neste outro ENLACE a web deste artista, na que podemos pasar horas coa boca aberta.
Máis exemplos de artistas urbanos neste outro ENLACE.

domingo, 4 de diciembre de 2011

A PORRA ARTÍSTICA DO MGB


O sábado próximo vaise disputar o partido Real Madrid Barcelona, unha vez máis a tele falando de Cristiano, Messi, Guardiola, Mourinho..., a xente berrándose nos bares e os compañeiros bacilándose polas esquinas (sobre todo o día despois).

Por non falar do castizo costume das PORRAS, esa divertidísima maneira de perder cartos en pouco tempo.
O MGBOOK quere reinventar o vetusto concepto de PORRA, e facer un favor a todos eses que estában dispostos a baleirar as carteiras apostando a resultados absurdos como 10-0 ou 0-9 (xa se sabe que nisto a paixón nubla a obxetividade).
Nestes tempos andar tirando os cartos non é moi intelixente, así que ofrecémosche a posibilidade de aforrar participando na

SUPERPORRA ARTÍSTICA.

Só tes que aportar un debuxo, aínda que sexa o que fixestes por aburremento na última clase, e apostar por un resultado, aínda eu sexa 20-0 (peor pa tí).
O gañador levarase todos os debuxos apostados...ninguén perderá cartos e algún afortunado poderá decorar a súa casa a conta de Mourinho e Guardiola.

Podes facer a túa aposta na aula de debuxo artístico do MGB o mércores ou venres (que esta semana non hai outro día de clase).

viernes, 2 de diciembre de 2011

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA :SURREALISMO













Nestes tempos tan VINTAGES, no que todo volve a pasar, semella que o SURREALISMO pega forte outra vez. En Galicia temos unha boa canteira de artistas tan surrealistas que non saben nin que o son, como o que fixo este peche de finca, preto do noso Insituto, na nunca mellor chamada Rúa da Cultura.
BUSCA una imaxen surrealista e mandaa a o mail mariano.casas@iesgarciabarros.org.
As enviadas serán publicadas neste blog.

jueves, 1 de diciembre de 2011

PINTANDO PES


Photobucket

Se alguén está interesado en exercer de modelo de pes, máns ou caras, diríxase a aula de debuxo artístico. Non todo o mundo ten inmortalizado o seu pe en varios debuxos...Marta Quinteiro SÍ

MGBSTEIN

Photobucket

A nosa cara, o noso rostro, é algo máis que o espello da alma...é o que máis nos define como persoas, o que máis nos diferencia dos demáis.
No mundo existen milleiros de millóns de persoas, e increiblemente, non hai dúas iguais. As diferencias, milimétricas, entre as proporcións das faccións, separación entre ollos, tamaños e inclinación das cellas, grosor dos beizos, etc, etc, fan que cada un de nos sexa diferente a todos os demáis seres do mundo.
Nin coa ciruxía estética é posible modificar DE VERDADE a alguén que se quere parecer a outra persoa...nin con horas e horas de maquillaxe e perruquería, a caracterización dun actor chega a ser totalmente fiel a quen representa. A nosa cara é inimitable, só e nosa, e ninguén a poderá copiar.
Ademáis, un rostro é algo vivo, o que somos agora non será igual mañá...dentro duns anos a nosa cara pareceráse a dos nosos pais e nais moito máis do que agora o poderíamos crer...o que somos e seremos XA ESTÁ EN NÓS, no noso ADN, é un modelado programado que xa está en marcha.

Debuxar, representar rostros, é o reto máis apaixonante para un debuxante, fotógrafo ou pintor...Atrapar esa esencia da persoa que a fai única é algo que pon a proba a calquera que teña un lapis ou unha cámara na man...non é doado, pero é a máxima expresión de o que é debuxar.

Podemos ver ata que punto as pequenas diferencias fannos moi diferentes, únicos...e podemos crear seres tamén únicos, que non existan todavía, con programas coma o GIMP ou o Photoshop...quen sabe se dentro duns anos veremos por A Estrada a alguén que se pareza ao noso MGBSTEIN...iso significaría que, unha vez máis, tería funcionado o verdadeiro motor deste mundo....o amor. Pero se non é desta maneira, será de outra...as combinacións con infinitas.

Nesta animación podemos ver como Alejandro é invadido sucesivamente pola barbilla de Andrés, o narís de Oscar, os ollos de Paula, os beizos de Orquídea e o pelo de Iago. Cada ser resultante é tan único como son cada un deles, cada un de nós


















Meryl Streep caracterizada, tras horas de maquillaxe, como Margaret Thatcher, para a película THE IRON LADY

DEBUXANDO AS ESCURAS














As escuras, pero de todo, sen trampa nin cartón...esta foto fíxose coa luz dun chisqueiro.
Debuxar a escuras, en silencio total ou deixandose guiar pola música ou os sons que se escoitan, ou as sensacións que se sinten, é unha experiencia distinta ao que se soe entender por debuxar.
Xa non temos referencias da realidade, a idea e os medos de facelo ben ou mal perden todo o seu sentido, a man adquire todo o protagonismo, o subconsciente toma o poder.
É algo semellante a escritura automática, e os seus resultados igual de interesantes....iso sí, recoméndase non debuxar con titas ou pinturas, sobre todo se temos xente preto de nós.