martes, 28 de febrero de 2012

A FÁBRICA DE OBXETOS




Os alumnos de 4º ESO de Plástica colleron rotuladores, folios e barro e metéronse por uns días a deseñadores industriais, creando obxetos de uso cotián, orixinais e únicos, dos que o que vedes é tan so un exemplo...o DRÁCULA PORTALÁPICES de Alejandro Vede.
O problema é que só se pode utilizar de noite, en canto amances bota a voar, cos lápices postos e todo

viernes, 17 de febrero de 2012

PRIMERA SAÍDA DO CLUBE DE FOTO: LUNS 5 DE MARZO AS 4 DA TARDE



O luns 5 de marzo faremos a PRIMEIRA SAÍDA FOTOGRÁFICA do CLUBE DE FOTO MGB.
Seguiremos a pe unha ruta de 2 kilómetros e medio (5 contando ida e volta - aproximadamente, tendo en conta que iremos a paso lento e intermitente para facer fotos, unhas dúas horas).
Sairemos do instituto as 16 horas (temos que ser puntuais para ter luz en todo momento) e nos achegarmos á Rúa Benito Vigo, collendo a estrada de Forcarei ata chegar á igrexa románica de Ouzande, (que aparece na imaxen de abaixo nun cadro de CASTELAO). Se andamos ben de tempo podemos botar unha ollada, 300 metros máis ao sur, ao ESTANQUE de Ouzande, un bo lugar para facer máis fotos.
Antes das sete da tarde estaremos de volta.

O único necesario son unhas botas para andar, e unha cámara (pode ser compartida, non é necesario que cada un leve unha: se non tes cámara tamén podes ir).
Poden ir alumnos, profesores e tamén pais e nais.

SI PARA O DÍA 5 FIXERA MAL TEMPO, A ACTIVIDADE SERÍA APRAZADA UNS DÍAS, polo que é necesario que estedes atentos a este blog para vos enterar dun posible cambio, aínda que ese mesmo día xa veremos pola mañá, en horas de clase, si finalmente se fai ou non.

As fotografías que se fagan, se o autor o desexa, publicaranse neste blog e na páxina do instituto

E importante que recordedes que precisades entregar unha autorización dos pais, ao tratarse dunha actividade extraescolar, as autorizaciones poderedes recollelas á volta do entroido, xoves ou venres anteriores á saída, na aula de debuxo artístico ou solicitarllas a Teresa Fillol ou Mariano.



martes, 14 de febrero de 2012

NACE O CLUBE DE FOTO

logoclubefoto

Coa votación ao LOGOTIPO do noso CLUBE DE FOTO o damos por ben nacido. A súa presentación en público será o venres 17, (o día de entroido) no primeiro RECREO (10.25h) na aula de DEBUXO ARTÍSTICO. Alí veremos CANTOS SOMOS, e falaremos do que imos facer...admítense propostas.
A idea inicial é facer saídas polos alrededores do instituto, pola cidade, ou por onde sexa (mesmo facer unha saidiña de cando en vez a algún lugar digno de fotografiar) máis ou menos unha vez ao mes, intercambiar cámaras e imaxes, subilas ao blog, comentalas, falar de fotógrafos que nos (vos) gusten...e sobre todo, pasalo ben, e pasalo tempo dándolle ao botón que agora xa non se gasta carrete!!

O logo é obra de Paula Pájaro e Alba Novoa, que botaron man para facerse co concurso das novas tecnoloxías (e non me refiro ao Photoshop senón ao TUENTI)


Aquí tedes o logo en PDF, vectorizado e a plena calidade, que podedes DESCARGAR


martes, 7 de febrero de 2012

O CLUBE DA FOTO

O CLUBE DE FOTOGRAFÍA do MGB xa está en marcha.
O PRIMEIRO DE TODO é escoller a nosa imaxen corporativa.
Das propostas feitas por grupos de deseñadores-alumnos, ides, vós mesmos, a escoller a que será a imaxen definitiva do noso clube, e na que se basearán camisetas, separapáxinas e obxetos de merchandising que tamén deseñaremos na aula de debuxo artístico.
As catro propostas a votar son estas, votade na encuesta da marxen do blog...

TEDES ATA O DÍA DOS NAMORADOS, 14 F,  PARA VOTAR


PROPOSTA NÚMERO 1

PROPOSTA NÚMERO 2

PROPOSTA NÚMERO 3

PROPOSTA NÚMERO 4