miércoles, 21 de marzo de 2012

PRIMEIROS GRAVADOS E PINTURAS

Photobucket

No taller empezamos a darlle as gubias e as planchas de linóleo. E tamén a pintura. Ríos de tinta corren pola aula de debuxo. E os resultados xa empezan a asomar...Aquí tedes algúns, e tamén imaxes do proceso de traballo. A imaxen de arriba amosa as diferentes etapas (prancha e diferentes estampacións) dunha imaxen de Alberto Barros.

O gravado é un conxunto de técnicas artísticas que teñen por obxectivo crear unha SERIE LIMITADA de imaxes. O seu uso está centrado hoxe nas artes plásticas, xa que o seu uso como reproducción industrial de imaxes quedou obsoleto coa aprición da imprenta, e moito máis hoxe en día coa gran revolución da imaxen que supuso a infografía e sobre todo, internet.
A imperfeción das imaxes resultantes, e o proceso mestura de artesanal e mecánico danlle unha especial aura a este tipo de técnicas, que resultan tamén moi interesantes mesturadas con outras formas de reproducción de imaxes en serie, como a fotografía ou a fotocopia.
O proceso de gravado consiste en furar unha prancha de madeira, metal, ou material análogo a algún deles (metacrilatos, resinas, linóleos...) por medio de gubias, entintar a prancha resultante, e estampar a prancha entintada nun papel por medio dunha imprenta rudimentaria chamada TÓRCULO.
As series do gravado son limitadas e isto vai ser o que estabelecerá o prezo da imaxen artística final (unha imaxen dunha serie máis limitada será máis cara).

O gravado pode ser en OCO ou en RELIEVE, dependendo de cal será a parte da prancha que manterá a tinta para ser impresa, a parte furada ou a parte non furada, respectivamente. O gravado que faremos na clase será en RELIEVE (linoleografía), un tipo de gravado limpo, que non precisa disolventes, ácidos, nin a infraestrutura do gravado en metal, que inclúe produtos corrosivos e tóxicos, e precisa de extratores e lugares de traballo moi ben ventilados, dos que non dispoñemos polo de agora.

Aquí vemos dúas imaxes de traballos xa estampados de Miguel Baliño

Unha prancha de linóleo de Iago Fernández


Outra imaxen estampada de Alba Novoa, da que tamén fixo unha interpretación pintada, ambas baseadas nunha foto de Jean Loup Sieff


Fotografías dos alumnos traballando



Aquí temos a PINTURA de Alba similar ao gravado anterior


E aquí un boísimo debuxo de Marta Quinteiro


E unha pintura de Ariadna Silva, de 4º ESO