jueves, 26 de abril de 2012

PANTASMAS NO MGB

O detetor de pantasmas que temos no MGB (para quen non o saiba, é ese aparato raro que está xunto a porta de entrada) deu sinais de alarma moi fortes esta última semana. Parece ser que uns espíritus extraños andan polo instituto. Non é nada novo, é un fenómeno que vai a máis cara os finais de trimestre, nos que é habitual escoitar psicofonías en forma de choros e lamentos, e todo o mundo anda moi pálido e ten pesadelos.
Pero estas pantasmas non son as habituais. Son pantasmas de entretempo, que xurdiron sen evaluación por medio. Transparéntanse sobre os ladrillos, os muros e os coches dos profesores. Desvanécense rápido, como a euforia de Real Madrid e do Barcelona, e como os espíritus dos contos, saen dun aparello, dun obxeto.
Nas lendas e contos que coñecemos, os espíritus saían dunha lámpara de ouro. Pero agora, cos recortes, os nosos espíritus traslúcidos saen de caixas de cartón mal pegadas con cinta aillante do chino.
É o signo dos nosos tempos, pero os espíritus xeniais non precisan de envoltorios de ouro para se revelar. Poderían saír mesmo dun bote de Nesquik.
Se ten a mala sorte de dar cun destes espíritos na cafetería, nos pasillos, ou mentras está mexando no baño, non os altere nin os provoque. ¡Non mova as súas caixas!, xa que os podería condenar a escuridade eterna, non intente facelos falar nin lles pregunte de qué curso son e qué fan no pasillo. Non poden comunicarse.
Se ten a desgraza de atopalos, chame a policía e cóntelles todo esto que pon aquí, así, literalmente e sen pausas. Probablemente aconsellaranlle deixar de pasar pola aula de plástica e comprarse unha cámara dixital.












































viernes, 20 de abril de 2012

AS CÁMARAS ESTENOPEICAS ATACAN DE NOVO

Unha cámara estenopéica, ou cámara escura, non é máis que unha caixa de cartón que fai fotos.
Esta simplicidade conceptual non implica que a cámara non se poda tunear un pouco por fora. Ir por aí adiante cunha cámara cun obxetivo feito cun rolo de papel hixiénico, botóns de cartulina e obturador feito cun cordel queda moi vacilón, máis aínda se fai fotos coa parte de atrás e non co obxetivo co que se supón que as debería facer.
Esta que vemos aquí é a cámara de Oscar Durán, e as fotos que vemos son as de Ariadna Silva e Carlos López

Photobucket



jueves, 5 de abril de 2012

PREBE!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

A revista PREBE xa ten NÚMERO UN.
Este histórico, enorme, único, primeiro e marabilloso exemplar pode ser degustado e DESCARGADO aquí mesmo...136 páxinas...que o disfrutedes, en especial os que o fixéstedes posible