miércoles, 26 de septiembre de 2012

INTERESANTÍSIMOS ENLACES, ASISTENTES PARA DEBUXOS DE CARAS, EXPRESIÓNS E CORPOS

Non sempre temos a man un amigo, amiga ou familiar que poida posar para nós, que nos axude a debuxar algo que teñamos en mente. Non é doado que alguén pose, por exemplo, 15 minutos suspendido sobre un pe, e non che digo nada saltando. Ou posar varios minutos con cara de enfado, tristeza ou desesperación...
E moitas veces (para facer unha ilustración, un cómic uo un debuxo) podemos necesitalo.

Pero internet tamén está para esas cousas, hay moitos e moi interesantes enlaces que che poden axudar, e moito.
Por exemplo, se o que precisas é debuxar a EXPRESIÓN dun ROSTRO, non sempre poderás facelo de memoria. A impresionante web ARTNATOMY ofrece un profundo traballo de anatomía, a nivel superficial e muscular, que é unha enciclopedia para o debuxante. Ten unha versión gratuita e outra de pago (30 euros). A gratuita pode ser suficiente para solcionar moitos problemas. Podes atopala
AQUÍ.

E aquí tes unhas capturas de pantalla




Outro asistente interesantísimo, cáseque imprescindible, é POSEMANIACS, todo un arsenal de poses de todo tipo moi útiles para debuxantes e ilustradores.
AQUÍ tes o enlace e embaixo unhas capturas de pantalla...




A imaxen que escollas é un renderizado 3d que pódese rotar e visualizar en moitas posicións.


Xa ves que ambos enlaces son INTERESANTÍSIMOS...pero aínda hai máis. Todo un arsenal de imaxes fotográficas que poden ser moi útiles en debuxo: os PHOTOSETS DE CHARACTERDESIGN.


O que non atopes aquí é que non existe...

E por último, neste fío dentro da páxina de DOMESTIKA, podedes atopar máis información de onde atopar imaxes de referencia, que vos evitarán ter que contar con xente de verdade para posar, aínda que esto sempre é moito máis divertido...

Recordade que tamén tedes o xa coñecido GOOGLE SKETCH UP, gratis na rede, e moi útil para debuxar formas, edificios coñecidos, e con moitos renderizados a man, e que para estes menesteres tamén o GOOGLE STREET VIEW é unha magnífica ferramenta que pode axudarnos a debuxar París, por exemplo, sen ter estado alí...


Aínda que é moito mellor estar alí...


(Fotografía de Ariadna Silva.2012)






miércoles, 19 de septiembre de 2012

CARTELEIRA PARA HOXE...

























Estes son os carteis para hoxe...para todos os gustos, olores e sabores...entre os que vedes hai algúns que poderíades facer VÓS. Son os carteis que se poñen anualmente (ou bianualmente coma o caso de Terras Gauda) a CONCURSO.
Preme na propia imaxe do cartel, en cada caso, para acceder as bases do concurso correspondente....

E o mundo do cartel, como o da publicidade, e o deseño, ou as artes en xeral, ten na REINTERPRETACIÓN (que non no plaxio, ollo) unha interesantísima baza. O metadiseño, o cartel que fai referencia a outro cartel, como nos dos exemplos que tedes aquí...

Os carteis feitos con tipografías (preme na foto para velos todos)

carteles-cine-tipografia (5)




E os carteis de cine reinterpretados por Swoboda (preme tamén na foto)

Carteles de cine




MGBOOK PARA DISPOSITIVOS MÓVILES

Xa está operativo o MGBOOK para dispositivos móviles. Antes podíase consultar desde un móvil, pero con mesmo deseño que no ordenador, e con certa incomodidade...pero AGORA xa podedes velo co seu deseño específico para móvil.



Tamén, en canto todos os alumnos de Bacharelato de Artes teñan o correo MGB, se lles enviará unha invitación a eses correos para que poidan subir contidos eles mesmos a o MGBOOK...en breve

BRANDING GAMES

O BRANDING GAMES é a primeira competición nacional de BRANDING.
Este término, moi usado en márketing, publicidade e deseño,  fai referencia a creación e desenvolvemento e posta en valor dunha marca.
As BASES posibilitan que se poidan presentar alumnos de estudios de deseño (estudios superiores) .
Aínda que aquí estemos no bacharelato aínda, é interesante coñecer estas cousas, para outra ocasión.

Pulsa na foto para acceder ao enlace...




Un debuxante, ilustrador ou deseñador gráfico debe traballar gratis???????

A resposta neste interesante ENLACE-JEROGLÍFICO....

lunes, 17 de septiembre de 2012

MATERIAIS PARA COMEZO DO CURSO 2012 2013. DESEÑO DE 2º BACHARELATO DE ARTES.

O curso de 2º de Bacharelato de artes introduce unha asignatura de moitísima importancia, como é o DESEÑO.
A materia de deseño abarca todo uso do debuxo e das técnicas de representación e expresión gráfica destinado á CREACIÓN posterior de obxetos, material gráfico, e espazos arquitectónicos ou paisaxísticos.
É dicir, utiliza o debuxo non só como medio de REPRESENTACIÓN, senón tamén de ANTICIPACIÓN, como ferramente primixenia para crear o que non existe aínda, o que se vai crear.
O uso do debuxo nesta liña supón o punto de partida do desenrolo da industria, a fabricación en masa, o cambio de paradigma a unha sociedade moderna e postartesanal.
É, por tanto, unha asignatura que trascende con moito o artístico, e que pode considerarse un dos pilares do coñecemento.
É, ademáis, unha materia densa, xa que abarca moitos campos e escalas de actuación, dende o gráfico ata o paisaxístico.

Comezaremos polo deseño gráfico. Para esto fan falta una serie de MATERIAIS qué é importante que o alumno teña sempre a man na aula, e que poida GARDAR da súa man nunha CAIXA INDIVIDUAL que tamén é importante que teña na aula.

-CADERNO DE CROQUIS E BOCETOS. De tamaño pequeno, (o que a cada alumno lle resulta máis manexable e cómodo...a4, a5...) .Aínda que xa usaredes blocs en debuxo, e posiblemente en TEG, é conveniente que, ou ben sexa outro caderno, ou que a parte adicada a deseño estea separada do resto, de maneira que sirva un pouco como caderno de croquis, bosquexo de ideas previas e análises gráficos previos dos problemas ou briefings presentados




-CADERNO DE PROXECTOS ACABADOS a3 (o mesmo que anterior, se usades o de outra asignatura como debuxo, debe ser en partes totalmente diferenciadas)




-Lápices duros (H) e brandos (B). Os duros son importantes para comezar a bocetar con vistas a posibles borrados, os brandos para darlle un aspecto máis acabado os croquis ou bocetos.




-Lápices de cores. Aínda que na aula temos CERAS e material de pintura, é moi importante que o material de deseño sexa máis LIMPO e aséptico, manche menos e permita máis PRECISIÓN. Podedes COMPARTIR este material entre varios alumnos para aforrar gastos.



-Rotuladores. Ferramenta básica no bosquexo e croquización no deseño de obxetos.



-Outros elementos de debuxo como os LÁPICES PASTEL tampouco están mal, ainda que son opcionais

-FERRAMENTAS BÁSICAS DE DEBUXO TÉCNICO: regras, cartabóns, compases, transportador (pódense compartir entre varios)

-Pasta para modelar (serve o barro e plastilinas que aínda temos na aula) e pinturas guasch para acabados de maquetas. A aula dispón de moito material de reciclaxe (cartón pluma, etc)




-Memoria USB. Importante porque unha clase á semana utilizaremos a AULA DE INFORMÁTICA E OS ORDENADORES. Se o alumno prefire, nestas clases pode usar O SEU PROPIO PORTÁTIL, se o ten, aínda que na aula hai ordenadores para todos.



É importante salientar que no EXERCICIO DE SELECTIVO NON SE ADMITEN FERRAMENTAS INFORMÁTICAS, polo que temos que saber deseñar (e facer uns bos acabados) en "analóxico".

-outros materiais moi útiles:

papel milimetrado, tesoiras, pegamento, cartulinas, papeis de cores, pilots, papel cebola, e cuters de máis precisión que os usados en TEG e LIMPOS. (moitos destes materiais pódense compartir)





lunes, 10 de septiembre de 2012

MATERIAIS PARA COMEZO DO CURSO 2012 2012. DEBUXO ARTÍSTICO I E II DE BACHARELATO DE ARTES.

Nin hai mal que cen anos dure, nin (por desgracia) verán que dure oito meses, así que o curso, como todos os setembros, volve a empezar.
Un curso complicado, xa que as carencias económicas son máis grandes que o anterior (e que a meirande parte dos anteriores), e por isto temos que facer un esforzo maior, alumnos e profesores, se cabe, na organización e coidado do que temos, para sacarlle o máxino rendimento, e para que nos dure todo o máis posible.

O DEBUXO ARTÍSTICO (Mariano) volverase impartir na aula de debuxo artístico (lóxico, non ía ser no ximnasio), e para este curso reestructuramos o mobiliario, tendo en conta que no segundo curso vaise impartir tamén DESEÑO (Mariano) na mesma aula, ademáis de (coma o ano pasado) TÉCNICAS DE EXPRESIÓN GRÁFICA (Xoan Xosé). É posible que algunhas clases de 4º ESO de plástica tamén se impartan nesta aula, se os horarios e o espazo o permiten.

A aula agora conta cun portapapeis grande, tamaño A0, para gardar os debuxos de formato grande que se vaian facendo, de xeito que cada alumno garde, ao rematar a clase, o papel nel e deixe libre os cabaletes.

Non é tan perfecto coma o da foto (o noso está feito a man) pero é moito máis bonito e de cor vermello...

Tamén temos unha mesa de deseño nova (o de nova é un dicir, pero bueno) para papeis de 100 x 70 con taburete e flexo de luz branca, que pode ser usada en deseño, debuxo e técnicas.
E con unha mesa branca con soporte regulable en altura que permite traballar de pe ou sentado.




Temos tamén un soporte secador de traballos gráficos (arriba^) , moi útil en grabado e traballos con tinta, e moito material funxible que amablemente nos cedeu o ano pasado a produtora ARTEFACTO (sarxentos, flexos, mascarillas, pinturas, cartóns falleros, cartóns pluma, caixóns polivalentes para soporte, lixas, pinceis, unha báscula de precisión, porexpán para tallar, arcillas, plastilinas para modelado de bonecos, etc, etc)
Este material gárdase na mesma aula e tamén no armariño xusto enfrente da porta.


Precindimos de algunhas das mesas que tiñamos na clase, utilizando todo o perímetro da mesa grande blanca que antes estaba pegada á parede e gañando moito espazo.

E a aula ten, coma o ano pasado, un tórculo para gravado.

e trece cabaletes, a meirande parte desde tipo

e tamén algún deste outro


temos algúns soportes para modelado


varias esculturas para debuxo


e como non, o noso bonequiño

víctima de sucesivos tunings e maqueos varios, pero que aínda vive.

Temos dúas estanterias EXPEDIT con oito baldas en total para gardar os blocs dos alumnos

que este ano probalemente queden curtas, pola maior cantidade de materias e alumnos.



Hai materiais funxibles que se mercaron colectivamente o curso pasado, como CERAS, BURILES, RODILLOS PARA GRAVADO, etc) dos que aínda temos bastantes existencias para utilizar durante o curso.




Para os novos alumnos de 1º de BACHARELATO DE ARTES (e para os veteranos de 2º), na materia de DEBUXO ARTÍSTICO, habería que traer, cada alumno, unha serie de materiais para comezar a traballar, materiais que detallamos de seguido:

-UN BLOC DE DEBUXO TAMAÑO A3, cun papel que admita diversas técnicas (húmidas e secas) . Os máis apropiados son precisamente os básicos, como o da imaxen. Os "bloc para esbozo" da marca Gvarro son moi económicos, con moitas follas e bastante prácticos e polivalentes.



-UNHA PEQUENA LIBRETA PARA BOCETOS E DEBUXOS, tamaño máximo a5. As libretas tipo "moleskine" son moi útiles para debuxar e levar a calquer parte (non só na aula) . Moleskine é unha marca cara, pero hay outras marcas moito máis económicas. O importante é que teña papel BRANCO, sen liñas nin cadros.

Moleskine 5.0 Page 05

-LÁPIS (ou lápices) BRANDO (2b, 3b, 4B, 6b, 9b...) A "B" indica "brando" e o número máis alto corresponde a lápiz máis brando. É recomendable que o número sexa o máis alto posible. O trazo será máis negro e profundo


-LÁPIS DURO. (HB, 2B...) cun trazo máis fino, maís doado de borrar e útil nas primeiras fases dos debuxos, para encaixe e trazos preliminares.

-LÁPIS COMPOSTO OU LÁPIS CARBÓN . Mellor brando e de numeración alta, permite traballar como con carboncillo pero sin manchar tanto. Mellor ter máis dun, hainos diferentes, máis grasos, máis tipo carbón, ao gusto de cada un.


-DIFUMINOS. Son "lápices" de papel que sirven para difuminar as sombras, de diferentes tamaños. A dureza é variable (básicamente, abrándase a martelazos)


-TINTA CHINA, en botes pequenos, para aplicar con pincel.


De xeito opcional, os alumnos poden traer outros materiais como sanguinas, lápices acuarelables (recomendado), pasteles, etc.


Unha cousa que vai ser moi útil e que evitará problemas é ter cada alumno UNHA CAIXA IDENTIFICADA EXTERIORMENTE, na que poida gardar o material propio sen ter que levalo a casa, e evitando que o usen outros alumnos pensando que é material común da aula. Unha caixa do tamaño dunha caixa de zapatos ou algo maior é suficiente, decorada ao gusto do alumno (para que sexa visible que non é unha caixa para tirar)


E unha cousa que tamén é bastante útil (xa o veredes) é un mandilón, que podedes (e debedes) tunear ao voso gusto, que se non os confundimos...



Estase a valorar tamén a posiblidade de mercar un iPAD de forma mancomunada entre os alumnos de 1º e 2º de debuxo de bacharelato de artes, xa que están de oferta ata o 21 de setembro e é un medio moi interesante e que convén coñecer polas súas enormes posibilidades.
A maneira de facelo é que cada alumno aportase ao comezar o curso uns 20-25 euros (depende do número de alumnos), e que cada un o usase durante os días do curso que lle corresponderan (aproximandamente entre 10 e 15 días por alumno).
Antes de rematar o curso faríamos unha exposición cos mellores traballos de cada un dos alumnos nos que se intentaría que os alumnos recuperasen o importe invertido.
Esta posibilidade ten que ser consensuada, como non pode ser doutra maneira, con todos os alumnos e pais, e de estar todos de acordo disporíamos tamén dese material.