domingo, 28 de abril de 2013

MÁIS FOTOS CON CÁMARA ESCURA

Aquí temos unhas cantas fotografías máis feitas con cámara estenopeica.
Nalgunhas delas podemos observar o efecto ollo de pez, ou supergranangular que se consegue utilizando como cámaras botes cilíndricos (cola-cao) que amplían a distancia focal ata un ángulo de prácticamente 180º, que deforma a perpectiva do colexio respecto a nosa percepción visual habitual.
Os tempos de obturación foron cortos (para tratarse de cámaras estenopeicas) debido ao bo tempo, (uns dez ou vinte segundos). Iso permiteu poses un pouco máis cómodas para os modelos, e tamén xogar con efectos de movemento (a cara de Sarai na última foto desta serie).
Aparecen nestas fotos Carlos López, as irmáns Lara e Jessica Pantoja, Marta Nogueira, Vanessa Domínguez, Sarai Louzao, Andrea Barreiro, Tania Barral e Soraya Domínguez.
Moitos deles son os propios autores das fotos.





































jueves, 25 de abril de 2013

miércoles, 24 de abril de 2013

MAIS FOTOS DA VISITA A EASD E ESCENOSET






















DE VISITA NA EASD E EN ESCENOSET...

Hoxe, 24 de abril, e mañá, 25, na Escola de Artes e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago celebraron o DÍA DE PORTAS ABERTAS. Alí nos recibiron as nosas queridas exalumnas Alba e Paula, e os profesores da Escola, que amablemente nos ensinaron as aulas, nos abriron os talleres, e nos permitiron pasar unha interesantísima mañán con eles...
E tamén, moitas grazas a Méndez, por abrirnos as portas de ESCENOSET, a súa empresa de arquitectura efímera, e mostrarnos o seu interesantísimo traballo, non só o traballo empresarial e industrial que fai...tamén o artístico, que pudimos admirar no Pazo de Fonseca, onde expón os a súa revisión da mitoloxía na mostra Retratos con Alegoría, que aínda se pode ver ata o 4 de maio...

Aquí unhas fotos do noso gran (e caluroso) día en Compostela...