viernes, 31 de mayo de 2013

O REI ISAAC



Hoxe asistín, non sen certo reparo (estaba moi canso, porque eu tamén teño un REI LEÓN na casa que ruxe moito polas noites) a dous espectáculos montados polos alumnos de 1º BAC para a asignatura de educación física. Non imaxinaba, inconsciente de mín, que ía disfrutar de verdade con esto. Esperando cumplir o trámite de gravar, e marchar para casa a botar unha sesta, atopeime de repente liberado da miña preguiza, embaucado polas actuacións e o mal desemulado inxenio destes os meus alumnos, e outros moitos que non son os meus alumnos, pero que de tan bos que son, o parecen     (risas)
Empezarei polo final...WEST SIDE STORY, un musical difícil onde os haxa. Parece imposible que un grupo de alumnos, coas (moi poucas) horas que o noso sistema educativo concede a Educación Física, con exames (das asignaturas "importantes") por medio, e que esixe non só a actuación en sí, sino toda a preparación, decorados incuídos, sin olvidar a BOÍSIMA adaptación, (obra de Jesús e Orquídea) poida sacar esto adiante da maneira que o fixeron.

Con poucos medios, con catro duros, con cartóns e pintura, con son precario e as instalacións do noso cutre "salón de actos" como fondo...todo resultou creíble, dinámico, divertidísimo (e as veces dramático).
A adaptación e os números "extras", cheos de humor, e a naturalidade dos actores, fixo de fío condutor entre eles e os espectadores, foi a maxia necesaria que puxo a funcionar todo...

Para mín, que teño que recoñecer a miña aversión polos musicais, West Side Story sempre foi unha das excepcións (xunto con Grease), unha obra que teño visto moitas, moitas veces, e que retrata como poucas a paixón, a tormenta de sentimentos e as contradicións da xuventude, e da natureza humana, en suma.
Todas estas cousas as souberon transmitir perfectamente os alumnos, que ademáis levaron tamén á actualidade, por medio de actos (e números musicais) non presentes na obra orixinal, e que aportaron aspectos moi interesantes ó resultado...

Impagable, por certo, o coche de policía obra de Alejandro Vede, que aportou ademáis moita profundidade a dous personaxes aparentemente secundariuos...e a actuación dese dúo de galáns en "Por el amor de una mujer"










Si interesantísima e divertida resultou WSS, excepcional foi a representación de O REI LEÓN.
Un traballo impecable en todos os aspectos. Dese a súa sinxeleza e simplicidade visual, ata a brillante, as veces emocionante e conmovedora actuacións dos actores, pasando por o gran traballo de atrezzo e decorados, feito polos propios alumnos, (aquí supoño que nótase que andan metidos nese bacharelato que chaman- cando o chaman- o de artes).
Cos primeiros compases da obra tiven moitas dudas. Non pensei que Sofía fora a ser creíble no papel de SCAR, sen dúbida un dos grandes malos da historia do cine (e/ou do teatro), pero o foi. E o foi por enriba engadindo outros aspectos a maldade do escuro e perverso león...a súa perversidade parecía máis refinada que a do scar da película, sen perder nada da súa vileza e ruindade.
Tampouco imaxinei que Manuel sería convincente como pai...pero vaia se o foi, consegueu, xunto con Isaac, facer totalmente creíbles esas escenas nas que un de verdade cría estar vendo a un padre falando cun fillo.
Só desa autenticidade é posible que a escena da morte do pai fora realmente emocionante, estou seguro que máis dun estivo ao borde das bágoas...ata o estiven eu, que xamais chorei vendo unha película...(bueno, chorei de risa nunha na que saín eu)
Os personaxes secundarios, boísimos, mención especial para André cos seus varios papeles, animais, voces e acentos, trance do que saiu máis que airoso.
Moi boas actuacións tamén de Patricia e Ariadna, que fixeron o seu traballo con unha naturalidade e autenticidade, que contribuiu que todo cadrase, e que a obra resultara un auténtico goce para o espectador...
Pero si alguén sobresaiu neste compacto e coidado traballo coral, foi Isaac, convicente de principio a fín, mostrando unhas dotes de actor que eu personalmente non imaxinaba. O rei deste día, sen dúbida...

Non son moi de lanzar flores aos traballos alleos, pero creo que esta vez, a ocasión o merece...se o traballo de un ARTISTA, se o sentido da ARTE e crear EMOCIÓNS no espectador, se a arte baséase nesa mentira aceptada a dúas bandas, na que unha minte coa xenialidade suficiente, e outra déixase enganar coa inocencia precisa, non teño a máis mínima dúbida de que hoxe, no cutresalón de actos do MGB, vin ARTE.
Teño visto moitas obras de teatro feitas por profesionais que me deixaron indiferente, películas que custaron moitos millóns de euros que non me chegaron máis alá dos ollos, actuacións con traxes de seda e vestidos caros que non me conmoveron, pero hoxe estos alumnos sí que o fixeron. O fixeron de manera aparentemente sixela, sen aspaventos, sen moitos máis artificios dos que esixía a obra...pero facelo, vaia se o fixeron...

Non quero desmerecer con esto as outras obras que se repreentaron nesta actividade proposta pola profesora Mari Villar (xa me gustaría ter asistido a unhas clases de EF así nos meus tempos, e que Mari tivera sido a miña profesora). Sei, porque mo dixeron, que algunhas foron moi, moi boas...quedei con ganas de ver a de Abel, e tamén a obra enteira de Grease (só vin un anaco), así como as outras que se fixeron e que non puiden ver.


Supoño que a vida de profesor, como a de alumno, queda representada, cando un se xubila (aló polo ano 3000 tocarame a mín) por unha especie de panel cheo de fotos clavadas, de recordos, de momentos que a un lle quedan na mente, de días especiais que fixeron posibles alumnos especiais.
Estou seguro de que hoxe foi un deses días que farán que esto de ser profesor, para mín, sexa algo moito máis grande, moito máis importante, que un simple traballo.

Un deses días es que un profesor decátase de que aínda ten moito que aprender...

Eu tamén quero facer un musical, xa lle estou dando voltas...que papel me iría ben...?








jueves, 30 de mayo de 2013

POR FÍN!!


POR FIN rematamos a maqueta topográfica de parte do Concello de A Estrada, que pode verse nunha das escaleiras que suben dende o baixo ata o primeiro andar.
A maqueta, realizada seguindo os relieves e os mapas de Instituto Topográfico Nacional, que poden descargarse gratis en internet, foi feita colocando láminas de cartón sucesivas coas formas das isocotas do mapa.
Despois, unha vez rematado o engorroso traballo colectivo de dimensionar o relieve, demoslle un acabado xeral con cartón falleiro, e pintamos as estradas, zonas forestais e lugares e villas.

Temos que agradecer a Teresa y Mari, as da cafetería, a súa paciencia e colaboración casi diaria gardándonos e dándonos os cartóns para traballar, tamén a Sindo e o Obdulia, que nos prestaron material de cando en vez, e a Fernando Cortizo, da Produtora ARTEFACTO, que nos cedeu moitísimo material entre él o cartón falleiro sen o cal non sería posible ter rematado isto.

Aquí temos, ao carón da sua propia terra a escala 1:5000, a Nicolás, Víctor, Suso, os Fernandos, as Lucías, Aida, Elisa, Carmen (noraboa, CAMPEONA, por certo), Miriam, as Uxías, María, Ángel, Andrea, Paula, Cristina, as Albas, Carlota, Helena e Adrián.

Gracias a todos e aí quedará por moitos anos o voso gran traballo.!

jueves, 16 de mayo de 2013

A MAQUETA DO CONCELLO DE A ESTRADA...EN POUCOS DÍAS NA PAREDE DO MGB

Os alumnos de 3º ESO C están dando os últimos toques a gran maqueta (2x2 metros) que representa a topografía de gran parte do Concello de A Estrada.
O fragmento do territorio do Concello é o que se pode ver neste GIF animado, que representa o fundido entre o que é o plano que usamos como matriz, e que baixamos da páxina do Instituto Topográfico Nacional, e a imaxe do Google Earth do mesmo territorio, á que se parecerá máis a nosa maqueta.

A maquete foi realizada sustituíndo as liñas de isocotas do relieve marcadas no plano por sucesivas planchas de cartón, que recollíamos cada día na cafetería e que nos gardaban amablemente Teresa y Mary.
Unha vez rematado este longo e pesado traballo, utilizamos o cartón fallero cedido pola produtora ARTEFACTO para igualar o relieve e atenuar o escalonado do cartón.
E despois pintamos o resultado.

Pode decirse que, como moitos dos nosos traballos, istó é unha auténtica LECCIÓN DE RECICLAXE.
Pronto veredes o espectacular esultado, e poderedes buscar a vosa casa ou a vosa aldea coma se fósedes un paxaro, a mil metros de altura



 photo ANIMACION2_zpsf02736f3.gif

martes, 14 de mayo de 2013

ENTREVISTA AO ILUSTRADOR COMPOSTELÁN IAGO GARCÍA, EN MODELUXE, REVISTA DIXITAL DE ARTE&TENDENCIAS

Iago García, interesante ilustrador galego, un das referencias da nosa columna do blog, é entrevistado na revista dixital sobre arte e tendencias MODELUXE.
Unha entrevista moi interesante, onde narra os seus comezos na ilustración, na Escola de Arte Pablo Picasso, de Coruña.
AQUÍ tedes o enlace



lunes, 13 de mayo de 2013

MOI IMPORTANTE: PROBAS DE ACCESO DA ESCOLA DE ARTES

A Escola de Artes inicia as PRBAS DE ACCESO para os que non teñas o título de Bacharelato, pero cumplan 19 anos no 2013.
Se é o teu caso e che interesa, infórmate AQUÍ.

miércoles, 8 de mayo de 2013

PROBAS DE ACCESO Á ESCOLA SUPERIOR GALEGA DE ARTE DRAMÁTICO

A Escola Superior Galega de Arte Dramático acaba de subir a información sobre as PROBAS DE ACCESO, que poden realizar alumnos que remataran 2º BAC (non fai falla selectivo).
Interesados mirade o enlace clickando na foto adxunta.


lunes, 6 de mayo de 2013

O NOVO LOGO DE ORIENTACIÓN

O departamento de Orientación xa ten novo logotipo, obra do equipo de deseño formado por Miguel Valiño, Manuel Vilar, Rubén Bustelo, Ángel Sanmartín, Marcos Gesto, de terceiro ESO.
Está baseado no PEGMAN, o boneco do Google Street View, que serve para orientarse nos mapas do Google, e engadiúselle unha carteira, como un alumno do instituto.
, terceiro
Aquí o tedes...




FOTOS E MÁIS FOTOS...

Os alumnos de E.Plástica e Visual continúan a facer fotografías coas cámaras escuras, a meirande parte delas simples botes de Colacao. Os resultados están a ser moi bos, grazas ao "verániño" de 5 días que tivemos e que permiteu un traballo rápido e ben iluminado. Aqui podedes ver non só as fotos xa positivadas, senón tamén o traballo no laboratorio, non tan escuro como a cámara, pero casi.


A luz, esa gran amiga dos debuxantes e dos fotógrafos...(e por agora, gratis)



















































jueves, 2 de mayo de 2013

SUSPENDIDA A SAÍDA Á PRAIA DA LANZADA DO DÍA 14 DE MAIO

A saída para facer esculturas de area prevista para o día 14 de maio foi suspendida.
O noso "Instituto Creativo" non estará alí dandoo todo...
Os alumnos que xa a teñan pagada, poden pasar a partir de mañán venres 3 de maio pola aula de debuxo artístico para que lles sexa devolto o importe (7 euros) e mais o permiso firmado.

Desculpade as molestias.

Pola miña banda anúnciovos que non volverei organizar nin asistir a esta actividade.
Queda, iso sí, a nosa participación do curso pasado, como un bonito recordo.

ENLACE AS FOTOS