sábado, 29 de junio de 2013

CUARTO SIMPOSIO MUNDIAL DOS URBAN SKETCHERS

Por cuarto ano, os Urban Sketchers de todo o planeta (que queran e podan desprazarse, claro) teñen unha cita nunha cidade concreta, como todos os anos. O primeiro tivo lugar en Portland, o segundo, moi preto de aquí, en Lisboa...o terceiro en Santo Domingo, e desta volta, o carto vai ter lugar en BARCELONA, os días 11, 12 e 13 de xullo.

Se alguén ten ocasión de ir por alí é algo digno, non de ver, senón de PARTICIPAR, debuxando polas preciosas rúas da capital catalana.

Aquí está o programa do simposio, e roteiros e horarios das quedadas

http://bcn2013.urbansketchers.org/

Se queres recibir informacións puntuais sobre o evento no teu email, pincha AQUÍ

E AQUÍ podedes saber máis cosas, manifesto incluído, do movemento URBAN SKETCHERS.

Hai grupos de URBAN SKETCHERS xa en centos de cidades e vilas do mundo enteiro...A Estrada aínda non ten formalmente grupo, pero...moi pronto o vai ter...



Imaxen do segundo simposio USK, en LISBOA.

viernes, 21 de junio de 2013

CURTAS

Vídeos realizados por alunos de Cultura Audiovisual de 1º de Bacharelato



















GIFS ANIMADOS

Gifs animados realizados por alunos de Cultura Audiovisual de 1º de Bacharelato


 Abel Carbajal



 Cristina Cimadevila


 Catarina Barcala


 Martín Duro
                 

 Isaac Rivadulla


 Rubén Servide


 María Valcárcel


 Ariadna Silva


André Diaz

jueves, 20 de junio de 2013

FINAIS CARREIRAS DE COCHES TELEDIRIXIDOS (TECNOLOXÍA)

EMOCIONANTES carreiras finais de coches teledirixidos por equipos, un gran traballo feito no taller de tecnoloxía, que nos deparou un apaixoante final, no que Miguel Baliño levou o primeiro posto, por unha roda (unha roda moi pequena, das que teñen estos coches...) por diante de Alba Pazos.

Aquí temos as roldas semifinais e a finalísima, en GIFs animados


PRIMEIRA SEMIFINAL

 photo primeracarreramin_zps7dff133c.gif

SEGUNDA SEMIFINAL

 photo segundacarreramin_zpsca2f2429.gif


TERCEIRA SEMIFINAL

 photo terceracarreramin_zps7330d2ed.gif


CUARTA SEMIFINAL

 photo cuartacarreramin_zpsc89dca85.gif





FINALÍSIMA

 photo FINAL_zps091b758b.gif



....E A FOTO FINAL DE EQUIPO...



jueves, 6 de junio de 2013

AFIANDO O LÁPIS

A gran columna de porexpan que nos cedeu o ano pasado ARTEFACTO para facer unha escultura con ela, xa se está a converter nun LÁPIS xigante. Andan nelo os alumnos de 3ºB, que modelaron a forma con serruchos prestados polos profesores de tecnoloxía, e despois forraron con papel + cola de carpinteiro + cola de empapelar.
O resultado pintarase cunha base de pintura plástica blanca, e finalmente cas cores tradicionais dos lápices, amarelo e negro.
A idea é que quede exposto verticalmente no patio durante os últimos días do curso (e si gusta ao personal, alí pode quedar...)

Podemos ver o estilo torero de Gonzalo, encolando mirando ao tendido. Un maestro


















miércoles, 5 de junio de 2013

UNHA BONITA HISTORIA DE LETRAS

Pedro Arilla, un deseñador zaragozano, creou un tipo de letra, chamado VALENTINA, en honra a súa avóa.
Despois dun enorme e extenso traballo de documentación (como ten que ser cando falamos de DESEÑO) creou a súa letra, que se pode descargar AQUÍ, gratis, aínda que se pode facer un donativo para o deseñador (recomendable, porque os deseñadores, debuxantes e ilustradores tamén comen).

A nova apareceu nos TELEDIARIOS...é unha noticia bonita. Non todo o mundo perde miles de horas do seu tempo, do seu traballo, por algo moito máis importante que os cartos; as persoas que un máis quere.
Sen dúbida un gran traballo, en todos os sentidos...algo que paga a pena observar con detemento. Moito cariño ten que haber tras este traballo, non calquera letra poderá transmitir o mesmo. Seguro.




martes, 4 de junio de 2013

NON PASES SIN BOTAR UN OLLO A ESTO !!

As tecnoloxías dixitais, ipads, internetes e esas cousas das que as aboas botan pestes, están a provocar interesantes cruces de linguaxes artísticos e narrativos.
Unha INTERESANTÍSIMA mostra disto a tedes neste enlace: sinxelo, profundo e brillante, ARTE en suma, amigos...qué bonito é ver estas cousas de cando e vez !...


FIN DE OBRA

por fín caeu o MURO


domingo, 2 de junio de 2013

El rey león



A edición do DVD de EL REY LEÓN tivo un espectador de excepción...

 photo mario_zps1b86295e.gif

SEGUE EN MARCHA O PINTADO DO GRAFFITI DE 1º BAC. DE ARTES



























Os alumnos de 1º bac. están a piques de rematar o espectacular GRAFFITI na parede trasera do ximnasio.
Nel aparecen representados eles mesmos, xogando cos ladrillos e cascotes que quedan despois de producirse un misterioso burato na parede...
Dentro de pouco, xa o poderedes ver enteiro e finalizado...