lunes, 28 de abril de 2014

FOTOS DA VISITA A "O GARAXE HERMÉTICO" EN PONTEVEDRA

O pasado 25 de abril os/as alumnos/as do Bacharelato de Artes Plásticas visitaron a escola de banda deseñada "O Garaxe Hermético" en Pontevedra, onde foron recibidos polo seu director Kiko Dasilva, quen lles deu unha interesante charla sobre varios aspectos relacionados co mundo profesional da banda deseñada.
AQUI tedes máis información sobre a escola


E AQUÍ e AQUÍ os enlace aos blogues O Outro Lado do Muro e Baixo a Sombra das Pedras Flotantes, adianto do que vai ser a novela gráfica de Kiko da Silva, da que o autor mostrounos orixinais e explicounos o proceso creativo.



miércoles, 16 de abril de 2014

SÍMBOLOS GRÁFICOS PARA OS BAÑOS DE PROFESOR@S E ALUMN@S

Esta é unha selección dos mellores traballos de DESEÑO dos alumnos de 3ºA para utilizar como símbolos gráficos para os baños de alumnos/alumnas/profesores/profesoras.
Tí vas ser un dos que escolla o mellor. Non che imos dicir nin o nome d@(s) autor(@s) nin o orden das imaxes (cal é para os profesores, cal para as alumnas, etc)...porque iso ten que se facer ver polo propio deseño. Para iso é o deseño, para comunicar con imaxes, con símbolos...

Elixe o mellor e rechea a encuesta da dereita !


-1-

-2-


-3-


-4-


-5-


-6-


-7-