jueves, 3 de diciembre de 2015

A TRES BANDAS

A TRES BANDAS é un cómic en liña, que conta como funciona a narrativa visual, en particular a BANDA DESEÑADA, partindo precisamente da lectura dunha banda deseñada.
O webcómic consta de 19 capítulos de 6 páxinas, todos eles autoconclusivos aínda que con relación entre sí, nos que Ramón e Matías vannos contar, desde dentro dunha BD, como é ese mundo dende o que nos falan. Nos últimos capítulos nos contarán como podemos abordar a creación da nosa propia BD, e despóis destas historias, poderemos consultar o apartado de Preguntas e Respostas Frecuentes, interesantes tanto para alumnos como para profesores, para poder aplicar o cómic ao uso na aula.
A TRES BANDAS pronto estará disoñible no REPOSITORIO DE CONTIDOS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, tanto en galego como en castelán e máis en inglés.
Aquí tedes un adianto, o cómic en galego. Que o disfrutedes...












O proxecto A TRES BANDAS inclúe, ademáis da BD en liña nas tres línguas, complementos como GIFs animados que mostran, de maneira VISUAL, temas como as SOMBRAS, PERSPECTIVAS ou REFLEXOS:





viernes, 13 de noviembre de 2015

CHARLA DA ILUSTRADORA ANA SANTISO

O pasado 12 de novembro visitounos a ilustradora galega Ana Santiso para darnos unha charla sobre a ilustración gráfica. Ben, para dicir a verdade, deu dúas charlas en dúas sesións: a primeira para o alumnado de 1º de ESO e a segunda para o de 3º de ESO.
Concretamente, falounos do seu traballo e cales son as suas influencias.
Para explicar o proceso de traballo mostrounos un dos seus proxectos: "Alicia no país das maravillas".



Coñecer os diferentes pasos do proceso creativo é moi importante para a materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual, e Ana Santiso mostrounolo dunha maneira gráfica, didáctica e amena.
Ficamoslle, pois, agradecidos polas interesantes explicacións.

Máis información sobre a obra gráfica de Ana Santiso:
anasantiso.blogspot.com
https://www.facebook.com/santisoilustracion










jueves, 8 de octubre de 2015

VIAXE CULTURAL A BERLIN

información sobre a viaxe


O departamento de Artes Plásticas organiza para o presente curso académico unha viaxe cultural a Berlin de 4 días, do 24 ao 28 de xuño de 2016 (xa fora do calendario escolar) para alumnos/as de 1º e 2º de bacharelato de artes. Para realizar a viaxe necesitamos un mínimo de 30 persoas, se non se cubriren as prazas co alumnado do bacharelato de artes abrirase a convocatoria a alumnos de outras especialidades, tendo preferencia aqueles que cursan Debuxo Técnico (por ser unha materia impartida por este departamento).

 Nesta ligazón tedes mais información sobre a viaxe.

viernes, 19 de junio de 2015

50 cl e algo máis ...

Curtametraxe realizada polos alumnos de Cultura Audiovisual de 1º de Bacharelato.
Este traballo carece de guión previo e foi traballado con a técnica de "cadávares exquisitos": un grupo comeza unha historia e o seguinte grupo ten que continuala onde o anterior o deixou. O resultado pode ser sorprendente.

jueves, 18 de junio de 2015

Traballos de Volume de 1º de Bacharelato

Traballos realizados polos alumnos de 1º de Bacharelato na materia de Volume, impartida pola profesora María Armada. Trátase de transformacións obxectuais e intervencións en diferentes espazos interiores e exteriores do noso instituto (aula de Volume, escadas do centro e intervención na natutureza, nas árbores do patio)

 Transformación dunha brocha nun persoaxe dun cadro.
Autores. Uxía Zamar. César Rodríguez. Natalia Liste.




 Deseño das portas das instalacións da aula de volume.
Acuario. Alba Montouto. Adrían Rey. Lucía Gañete.
Posta de Sol. Uxía López. Aida Vega. Marcos Gesto.
Muller. Carlos Boo. Rocío García. Uxía Zamar.
Casa. Natalia Liste. César Rodríguez.





 


Instalacións artísticas.
Escaleiras. Uxía López. Alba Montouto. Adrían Rey. Lucía Gañete.
Árbores. Carlos Boo. Natalia Liste. César Rodríguez. Marcos Gestoso. Iván Darriva.




Mural. Alejandro Ojea. Aida Vega. Rocío García. Uxía Zamar.

sábado, 13 de junio de 2015

PINTANDO O XADREZ XIGANTE

A proposta de Ramón Aller, o noso ChessMaster, os alumnos de 1º BAC de artes deseñaron e pintaron un taboleiro de xadrez xigante, co que se xogará o vindeiro venres, despedida do curso, unha partida con fichas humanas.
Foi necesario utilizar unha pintura especial, de dous componentes e alta resistencia á abrasión, para evitar que co roce continuado dos pes o taboleiro desapareza.
Xunto as casiñas negras, as "brancas" (que manteñen a cor verde da pintura anterior) foron silueteadas cos nomes de todas as persoas que colaboraron nisto, alumnos e tamén profesores.
Agora  A XOGAR !!!












HASTA NUNKI, ZOMBI

Los alumnos de plástica de 4º a+c de la ESO acaban de terminar este corto (con sus tomas falsas), protagonizado por los mismos autores del guión, Miguel Touceda y Martín Riveira, junto con Paloma Leis, Guillermo Fernández, Alba Carballeda, Mariña Pena, Loyola Silva, Sonia García, Daniel Luis, Daniel López, Sebas Eiras, Lía Campos, Antía Paz y Noelia Soto.
El trabajo de grabación y dirección fue de Marcos Valcárcel, el story board obra de Loyola, y en la claqueta estuvieron Guillermo y Mariña.
El corto cuenta con la participación de la artista invitada, Marisa Otero, y de los alumnos de 1º A Bac que ayudaron como extras en la escena final, de la horda zombi.
Gracias a todos los que han echado una mano, y disculpas a todos los que han padecido el ruidoso, polvoriento y atropellado rodaje (sobre todo a Teresa, que creyó que los alaridos de Paloma eran de verdad)...


martes, 24 de marzo de 2015

Visita á Fundición "Irmáns Ocampo" e ao obradoiro do escultor Francisco Pazos

O pasado 18 de marzo alumnos e alumnas do Bacharelato de Artes Plásticas realizaron unha visita á fundición de campás "Irmáns Ocampo" en Arcos da Condesa (Caldas de Reis), fundada en 1630, a máis antiga de España en activo.

No mesmo día  tamén realizaron unha visita ao obradoiro do escultor Francisco Pazos en Meaño, que fixo de guía e explicou o seu proceso de traballo. Todo un luxo contar co autor da obra para satisfacer a curiosidade do visitante!

Agradecemos tanto a Enrique Ocampo como a Francisco Pazos a súa disponibilidade e amabilidade.