domingo, 25 de enero de 2015

PREPARANDO UNHA EXPOSICIÓN COS COMPAÑEIROS DE 1º BAC C

Nestes días, os alumnos de 2º bac de artes (+ Manuel Brey, que pasaba por alí, e quedouse a axudar e vaia si axudou)  estiveron botando unha man, no DESEÑO e tamén na montaxe dunha moi interesante exposición, que organiza o Departamento de Historia e que fan os alumnos de 1º Bac C.
Non imos contar aquí nada do contido da mostra, porque é algo que cómpre ver in situ, nunha experiencia que vai ser moi interesante, e non menos inquietante e abraiante, para todos os que a visitedes, na sala de usos múltiples, e durante as próximas datas...estade atentos...








GRAVADO

Neste mes de Xaneiro, os alumnos de 4º ESO están a facer GRAVADOS coa técnica de linóleo e xilografía.
Aínda que os materiais dos que disponemos non son os mellores do mundo, os resultados están a ser tan bos como pode verse nas imaxes, gravados de Paloma, Daniel, Rubén, Sergio (e Berta coas mans na masa)...coa colaboración especial de Leo (o can de Paloma)...Xa iredes vendo máis e (quizáis) mellores cousas