martes, 24 de marzo de 2015

Visita á Fundición "Irmáns Ocampo" e ao obradoiro do escultor Francisco Pazos

O pasado 18 de marzo alumnos e alumnas do Bacharelato de Artes Plásticas realizaron unha visita á fundición de campás "Irmáns Ocampo" en Arcos da Condesa (Caldas de Reis), fundada en 1630, a máis antiga de España en activo.

No mesmo día  tamén realizaron unha visita ao obradoiro do escultor Francisco Pazos en Meaño, que fixo de guía e explicou o seu proceso de traballo. Todo un luxo contar co autor da obra para satisfacer a curiosidade do visitante!

Agradecemos tanto a Enrique Ocampo como a Francisco Pazos a súa disponibilidade e amabilidade.























viernes, 20 de marzo de 2015

FUNDAMENTOS BÁSICOS DA FOTOGRAFÍA

Como vimos no laboratorio de foto de Plástica, non só podemos facer fotografía con unha cámara, podemos facer debuxos con luz, semre que contemos con material fotosensible e con químicos para revelalo e fixalo.
Podemos tamén traballar facendo imaxes con cámaras escuras ou estenopéicas, como vimos fai unhas semanas, nas que prescindimos de toda a tecnoloxía que actualmente nos asiste nas cámaras fotográficas, pero que non deixan de ser imaxes fotográficas, nas que a calidade depende do noso coidado e práctica facendo tanto a cámara como as fotogafías.

Ou podemos contar con un equipo "de verdade" para facer fotos. No centro contamos con unha boa cámara, una Canon EOS 5D Mark II, unha cámara xa de gama profesional, aínda que non é necesario nin moito menos ter unha cámara tan "boa" para facer boas fotos.
A cámara non deixa de ser unha extensión, unha ferramenta para o fotógrafo, para a persoa que fai a foto.
Cando estamos coa cámara na man, temos que ter claros uns conceptos básicos. A partires desto, a nosa capacidade de observación, creatividade persoal, e o noso talento farán o resto.
As cámaras non fan boas fotos. As fan as persoas.

A nivel básico, poderiamos dicir que cando facemos unha foto, hai dous parámetros que inciden moi decisivamente na imaxen que imos obter, que funcionan de xeito inversamente proporcional: son a VELOCIDADE DE OBTURACIÓN e a APERTURA DE DIAFRAGMA.

A apertura de diafragma é a cantidade de luz que pode pasar polo obxectivo por mor da maior o menor apertura que lle deamos a este, tal e como se fora unha pupila dun ollo.
As medidas de apertura/peche do diafragma veñen expresadas mediante un quebrado no que o numerador é unha f minúscula e o denominador un número que será maior canto máis pechado estea o burato do obxectivo ao paso da luz:



Normalmente, canto mellor calidade teña a nosa cámara e o noso obxectivo, máis posibilidades nos dará para poder abrir ou pechar ese diafragma ao paso da luz.
É moi importante saber que un obxectivo caracterízase, entre outras cousas, pola máis grande apertura que pode admitir. Cando un obxectivo, por exemplo, é un f/2, significa que esa é a maior apertura que pode dar.
Un obxectivo pode ser máis "luminoso" ou máis "escuro" segun ese número sexa máis baixo (máis apertura) ou máis alto (non admite tanta apertura).


A velocidade de obturación é o tempo que durará o disparo da nosa cámara, o tempo que deixará entrar a luz. Obviamente, é un parámetro que interactúa coa apertura de diafragma. A iguais condicións, canto máis aberto sexa o diafragma (menor o seu denominador), máis rápida terá que ser a fotografía (maior o seu denominador). Se non respetamos ese equilibrio, arriscámonos a SUBEXPOÑER a imaxen (sae escura, fáltalle tempo ou ten o diafragma moi pechado para ese tempo) ou a SOBREEXPOÑELA (sae quemada- moi clara-, sóbralle tempo de exposición ou ten o diafragma demasiado aberto para esa velocidade).
Con velocidades lentas, a imaxen pode saír borrosa (podemos precisar trípode para manter a cámara sen movemento) ou os obxectos en movemento poden saír difuminados direccionalmente (o cal ó mellor interésanos).
Con velocidades rápidas, toda a imaxen tenderá a "conxelarse" (aparecer detallada e sen barridos) ainda que haxa obxectos o personas en movemento.




Como nos pode interesar unha cousa ou outra (mostrar barridos de movemento, mostrar imaxes moi detalladas e nítidas...) o normal é que o fotógrafo non faga a foto de xeito totalmente manual, senón que escolla PRIORIDADE AO DIAFRAGMA ou PRIORIDADE Á VELOCIDADE (dous modos que teñen cáseque todas as cámaras réflex). Esto significa o que semella: que escollemos un diafragma o velocidade fixo, e en base a isto, a cámara calcula o outro parámetro.

Como exemplo vemos estas dúas fotos de Taida saltando á comba, feitas con proiridade á velocidade, lenta na primeira, rápida na segunda.
Nelas, escollemos a velocidade que queremos. A cámara pon o diafragma preciso. Pode ocurrir que escollamos unha velocidade tan lenta que o diafragma máis pechado que poida poñer a cámara non sexa pechado dabondo para compensar esa baixa velocidade, e a foto saia sobreexposta (isto pasóu na imaxen esquerda).
Podería pasar tamén que si escollemos unha velocidade excesivamente rápida, a cámara se vexa esixida a compensar cunha apertura de diafragma que exceda as súas posibilidades e a imaxen saia subexposta. Esto estivo a piques de ocurrir na segunda imaxen, que roza a subexposición.



Aquí temos tamén algunhas fotos dos alumnos con diferentes parámetros, dando prioridade á velocidade (lenta nuns casos, rápida nos alternos)


Neste caso, non puxemos a cámara en apuros, e escollimos unhas velocidades menos extremas que a cámara puido compensar fácilmente, polo que non hai sobreexposicións nin subexposicións.

No caso de embaixo, si se produce unha lixeira sobreexposición na primeira foto. Escollimos unha velocidade excesivamente lenta, dada a gran cantidade de luz da escena. O diafragma non pecha máis que f/22, polo que resulta algo sobrada de luminosidade, o que non ocurre na segunda.

Cómpre suliñar que en ambas imaxes ( a de enriba e a de embaixo, a baixa velocidade, a cámara NON ESTABA ESTÁTICA, senón que seguía o movemento dos alumnos, por isto o fondo aparece tamén en barrido)



Pero podemos facer que nunha imaxen só saia barrido o que se move, e non o fondo, deixando a cámara estática e usando un trípode, como nesta imaxen:



Se facemos fotos a moi alta velocidade de cousas como fluídos en movemento, o resultado pode ser espectacular:
Tamén nos pode sorprender a expresividade do noso propio corpo en movemento...proba a facerche unha foto estornudando a moi alta velocidade e verás...



Chegados a este punto, temos que falar de outro parámetro importante, que é a

Profundidade de campo. Xa sabemos que o enfoque é a distancia a partir da cámara na que centramos a atención das lentes. O enfoque pode ser automático ou manual, e o automático podemos programalo de moitas maneiras diferentes (a un punto, a varios...).
A prundidade de campo é un concepto complementario ao de enfoque. é a franxa de espacio que o obxectivo é capaz de enfocar. A profundidade de campo é tamén proporcional ao diafragma: canto máis pechado (alto o denominador) de este, máis ampla será a profundidade de campo, e canto máis aberto sexa (máis baixo o denominador) máis reducirase a profundidade de campo.
Esta imaxen, tomada cun teleobxectivo, mostra a difrencia. As veces, é interesante reducir a profundidade de campo para centrar a atención nun obxecto.

A profundidade de campo tamén é inversamente proporcional á DISTANCIA FOCAL, canto maior sexa esta (máis longo o obxectivo), máis pequena a profundidade de campo.




Esto podemos velo nestas dúas imaxes: a segunda ten unha distancia focal curta (é un gran angular) e a imaxen ten unha profundidade de campo enorme, cáseque todo está enfocado.
A primeira ten unha distancia focal longa (é un teleobxectivo) e como consecuencia, a profundidade de campo disminúe.


A distancia focal fai tamén que o encuadre abarque un ángulo maior ou menor, e como consecuencia disminúan as diferencias relativas de tamaño entre obectos a diferentes distancias (teleobxecivo) ou aumenten (gran angular)



Cada tema ou motivo esixe unha distancia focal determinada.
Se queremos facer un retrato, por exemplo, usaremos unha distancia focal longa (teleobxectivo) que nos permitirá reducir a profundidade de campo, centrando a atención no modelo, e ademáis evitará deformacións típicas do gran angular (naris grande, orellas pequenas...).
A iluminación tamén é importante. Aínda usando iluminación natural, pode ser interesante usar reflectores (un papel branco pode servir) para facer máis suaves as sombras...




As imaxes non sempre saen como queremos ao cen por cen. Por boa que sexa a cámara hai aspectos que poden ser mellorador na edición ou revelado dixital da imaxen (nivelación de horzontes, correción de niveis tonais, eliminación ou acentuación de dominancias de cor...)
Tamén podemos buscar efectos artísticos e sair da fotografía puramente "verosímil". Ainda que hai que ter coidado con esto. Se usamos unha foto como documento de algo (fotoperiodismo, por exemplo), un retocado excesivo podería ser un falseamento da realidade e polo tanto algo poco ético.
Se o fín da foto non é a verosimilitude nin a documentación precisa da realidade, ninguén nos impide xogar co Photoshop ou co Gimp a ver que pasa...


Nesta imaxen de Sonia baseada nunha das anteriores, a edición consiste en subexponer zonalmente a parte superior da cabeza (con excesivo brillo no orixinal), e sobreexpoñer s parte dos ollos, resaltándolos e dándolles máis protagonismo. A imaxen tamén reencuadrouse centrándose aínda máis no seu rostro, e virouse un chisco a máis amarelo e bermello, dándolle máis calidez.
Tamén optimizáronse os niveis do histograma. O resultado é unha mellora na imaxen sin falsear a realidade.


Nesta imaxen de Fran si que hai un falseamento da realidade con fins estéticos: a imaxen desaturouse, para logo engadir un tono bermello, inclinouse o horizonte al reencadrala, fíxose unha suexposición parcial do ceo, e aumentouse dixitalmente o enfoque. Creouse un barrido de velocidade falso na man e pé esquerdos. Podes ver a foto orixinal máis arriba.





E para finalizar, algunhas fotos dos alumnos...