domingo, 31 de enero de 2016

30 de xaneiro: DIA DA ILUSTRACIÓN

A ilustración é unha das profesións máis bonitas e interesantes a que alguén que guste do debuxo e da arte se poida adicar...e unha das máis pouco recoñecidas. Non é moi raro (e moi preto de nós) ver como moita xente cre que "non é un traballo" senón unha especie de "hobby", e por tanto, pode encargarlle a alguén "que debuxe ben" (porque "total, gústalle") calquera cousa relacionada coa ilustración, debuxo ou deseño, sen terlle que pagar nada. Algo que non tería sentido en calquera outra profesión, e que os que debuxamos sufrimos de continuo.
Non é algo tampouco estraño para os alumnos de Bacharelato de Artes, aos que se soe acudir en busca de axuda cando fai falla alguén que preste o seu TALENTO a algo, sen valorar este talento máis que coma se man de obra de libre dispoñibilidade se tratase, no que ás veces, o autor no merece nin sequera o recoñecemento de citar o seu nome.
Ser ilustrador é bonito, si, pero é duro, supón, nun páis coma o noso, onde a cultura realmente NON se valora, unha posición de resistenza, supón nadar sempre contra corrente, loitar contra o analfabetismo visual do que moitos son vítimas, facendo vítimas indirectas tamén aos que debuxam ou deseñan.
Pero todas as frustracións que ode ter esta profesión non son nada ao carón das satisfacións que produce: cando prestas o teu talento, os teus debuxos ou deseños a alguén que o valora (e o paga) e o resultado é fermoso e funciona...iso é o mellor do mundo...e os que debuxades ben o sabedes.

Para visibilizar a ILUSTRACIÓN como PROFESIÓN, algo que xa debería estar máis que asumido pola sociedade, o 30 de xaneiro celebrouse o DÍA DA ILUSTRACIÓN. Moitos debuxantes galegos uníronse a esta celebración poñendo nos seus muros das redes sociais autoretratos co hashtag #NOSILUSTRAMOS



Unha interesante maneira de mostrar estas inquietudes da profesión.
Aquí embaixo podedes ver a resposta de algúns dos mellores ilustradores galegos, que subiron ao facebook autoretratos varios.
Interesantes algunhas das lendas, especialmente (e necesariamente) reivindicativas, coma a de Iago García.

a de Marta Álvarez


...a de Nuria Díaz...


...a de Alberto Guitián...


...a de Iago García...


...a de Bernal Prieto...


...e o comentario de Iago


Nós celebraremos o día da ILUSTRACIÓN vendo o traballo dos nosos ilustradores, xente moi interesante, con un gran traballo ás costas, como os que figuran enriba e outros (David Pintor, Marcos Calo, Patricia Castelao, Fran Bueno, Puño, Gallardo...). Simplemente exemplos de moitos autores que viven dun talento traballado durante anos, e que paga a pena coñecer.


Recordade sempre, valorade o talento...pero comezade por valorar O VOSO talento. Non o regaledes a quen non o valora. E quen pensa que non vale nada, dende logo, NON o valora.

sábado, 23 de enero de 2016

AS MANS NA MASA

Este 2016 comezamos forte en VOLUME.
Estreando TORNO, feito e cedido por MANUEL, pai de María Villamor, e dándolle ao barro, para despois facer algún que outro vaciado.
Iremos subindo por aquí os resultados, cando o resultado estea máis avanzado...

Fotos de Paula Fernández

jueves, 7 de enero de 2016

PREBE#4 !!!!!!!

Xa está aquí a versión dixital...e en uns poucos días teremos a impresa no taller...
Que a disfrutedes!