miércoles, 26 de octubre de 2016

XA TEMOS PORTADA !

Despois duns apaixoantes días, e de deliberar no Departamento de Debuxo, decidimos que a portada de PREBE#5 sexa a deseñada por Jessica Iglesias, que adxuntamos aquí.


O desorbitado número de votos das duas propostas que quedaron en primeiro e segundo lugar fixo que estos postos tiveran que ser invalidados, resultando escollida a imaxen de Jessica, un collage no que aparecen diversas obras de arte baixo un texto handmade maxenta, nunha composición sinxela ainda que arriscada e que, sen dúbida, será un bo gancho para ler toda a revista, mergullándonos con esta imaxen ecléctica como anfitriona, sen flotador, no mundo da arte dunha soa ollada.

Todo o proceso de realización da portada foi enormemente interesante, mesmo a anécdota final, malia que agora poida parecer un desenlace algo desagradable e agridulce (as paixóns artísticas, os egos creativos existen e é bo que existan, e temos que aprender a medilos, así que hai que ver todo isto en positivo tamén coma unha aprendizaxe). Pero o realmente bo, o máxico de todo isto foi ver como un mesmo tema, sinxelo en apariencia, unha proposta única, foi interpretada de xeitos tan sumamente diferentes, a meirande parte de eles de forma brillante e moi interesante, por casi todos os alumnos.
Dende os guiños apropiacionistas das propostas Noelia e Brais (Beatles e Xogo de Tronos), ata o tono paródico da de Diego, que xogou coa estética do espectáculo, ou de María Brea, que o fixo en forma de carta enviada directamente o lector...ou o tono ultraparódico de Evelyn, que creou un frankestein cos profesores e un pokemon (a actualidade que non falte), e ata propostas máis narrativas coma as de Guillermo e Nuria (o colgante por diante e por detrás) ou de Jennifer, (a exposición de cadros que conteñen as letras) añadindo o xogo coa contraportada ambos, e contando unha historia, as veces para xa iniciados, co seu punto de ironía, as veces para todos os públicos.
Ata tamén, as propostas máis de deseño puro, entendidas estéticamente, coidando as fontes e as cores, a seinxeleza por enriba de todo, coma no caso de Paula e Yábsera (vista do IES) ou Miguel (fondo escuro e tipografía, sen máis) ou a proposta de Julia, minimalismo elegante con un punto paródico agochado tras unha elegancia que pon por delante a posta en valor da cultura sobre o tono de parodia (o PREBECHANEL número 5)...
Tamén as propostas de María Vilamor e Laura, máis descriptivas que narrativas, con deseños que remiten de manera inequívoca e metonímica ao bacharelato de artes (o gráfico e o musical) no primeiro caso, ou a lectura no segundo, con deseños sobrios e sinxelos, ou as máis "punks" coma a de Sergio, capaz de coller prestado sen que se note (moito)...ou a de Ariadna, que buscou o camiño da procura directa da beleza, deixando o deseño nun segundo e discreto plano...

Todas as portadas son boas e todas merecen ser portadas, pero o interesante deste traballo, como case sempre, no so é valorar o propio, senón sobre todo aprender do alleo, valoralo e aprecialo, comprender a diversidade creativa como unha enorme riqueza para todos, e nunca un motivo de confrontación, ser consciente da sorte que representa compartir un taller con outras mentes creativas funcionando (no futuro saberedes que estas cousas non duran moito). Máis aló das amizades, as conexiones personais, os roces e os malos rollos (que existen e que temos que saber superar con grandeza) está a enerxía colectiva dun taller compartido no que todo, sempre, ten que servirnos para facernos mellores, no profesional, e no personal...


PREBEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEE!!!!!!!!