miércoles, 5 de abril de 2017

PRACTICANDO COA CÁMARA

Despois de facer unhas prácticas coa cámara estenopeica, os alumnos de 4º ESO de EPVeAV probaron os conceptos básicos da fotografía coa cámara do Centro (e tamén con algúns dos seus móviles): distancia focal, profundidade de campo, velocidade de obturación, iluminación, etc...
Estas son algunhas das imaxes que saíron de aí.
Agora, á volta de vacacións, agárdanos todo un proxecto: A ORLA dos compañeiros de 2º BAC, os que rematan estudios este curso.
Empezaremos con istó á volta de Milán...


Nestas dúas imaxes, onde posan Tatiana e Sandra, vemos como na primeira (onde a distancia focal é longa, de 105 mm), a profundidade de campo é moi reducida e fai que Sandra quede moi desenfocada. Ao mesmo tempo, ao usar un teleobxectivo, as formas do fondo son máis realistas xa que anúlase o efecto deformador da perspectiva.
Na segunda (d.f. de 24 mm -gran angular-) a profundidade de campo aunmenta e todo sae máis enfocado. En cambio as liñas do fondo aparecen deformadas (curvadas9 polo efecto da perspectiva.
O ángulo maior do encuadre nesta última fai que A DIFERENCIA DE TAMAÑO entre as dúas aumente, facendo moito máis pequena a Tatiana, e tamén restándolle protagonismo con respecto ao fondo, mentres que Sandra, ainda que apareza desenfocada, cobra máis protagonismo porque o seu tamaño relativo é maior.


Nestas dúas imaxes, onde o protagonista é Daniel, vemos a importancia da DISTANCIA FOCAL no resultado obtido nun RETRATO. o gran angular (24 mm de distancia focal) DEFORMA a súa cara con respecto a la realidade: non aparecen as orellas, agranda o naris e fai máis pequena a barbilla. Ademáis, fai que o fondo saia moi enfocado e dalle un protagonismo excesivo.
Na segunda (105 mm de D.F.) as facciones de Daniel recobran as proporcións reais e ademáis restan importancia ao fondo, xa que a PROFUNDIDADE DE CAMPO faise moito máis reducida e só sae enfocado o protagonista, dándolle ao fondo un tratamento máis irrelevante.



A VELOCIDADE DE OBTURACIÓN é moi importante, si o que queremos é "conxelar" o movemento (velocidade alta) ou facelo visible en forma de barridos ou obxectos movidos (velocidade baixa). Unha velocidade estandar pode considerarse máis ou menos en 1/100 segundos.
A velocidade moi alta precisa iluminacións moi fortes para compensar o pouco tempo de exposición. A velocidade moi baixa pode ser útil para espazos moi pouco iluminados, pero fará necesario o uso do trípode para inmovilizar a cámara, e rexistrará calquera movemento como un barrido, que pode interesarnos ou non.
Esta imaxen foi feita con unha velocidade de 1/8000, compensada con unha apertura de diafragma de F/6,3 (moi aberto para un día tan soleado que precisaría máis un F/22, pero con unha velocidade tan alta é preciso "abrir" máis o diafragma). Son necesarias unhas condicións de moita luz, sobre todo se traballamos con un teleobxectivo, como é o caso, para que se poida facer unha foto con unha velocidade tan alta,
O efecto de inmovilización de formas en movemento, fluídos, etc, é moi visible e impactante, xa que os nosos ollos non poden alcanzar a ver esa magnitude de detalle tan rápidamente.


O uso de REFLECTORES, flashes ou luces que compensen unha luz puntual tan forte como a do sol, pode suavizar as sombras fortes, aínda que produza un certo efecto de irrealidade, como nesta imxen de Roi, na que Carmen fixo de asistente portando un reflector, que obviamente non vemos na imaxen, á dereita da zona visibla da mesma.


Se a foto se fai en interior, coa iluminación estable e controlable dos focos, temos que buscar tamén suavizar e distribuir ben a luz no rostro da modelo, evitando sombras fortes, tendo coidado con reflexos, zonas de excesiva luz ou escuridade, usando puntos de luz que compensen, reflectores, ou o que precisemos ou nos poidamos permitir.
O fondo e o escorzo do propio modelo poden axudar a obter unha boa foto, como esta de Tatiana


Unha cámara non é unha máquina produtora de obxectividade, é un accesorio, unha prolongación da persona que está detrás, e como tal, non todo é planificación nin racionalidade, hai veces que a intuición funciona, como o fai noutros campos da creatividade. Mesmo o azar pode ser un bo aliado, como nesta imaxen de Aroa, na que nin o enfoque é o adecuado nin nada, empezando pola pose, foi premeditado (de feito é un disparo casual), e aínda así resulta unha foto interesante e viva...