miércoles, 31 de mayo de 2017

sábado, 20 de mayo de 2017

Un vídeo sobre a viaxe de 4ºESO

Outra vez nós, os alumnos de 4ºESO, rememoramos a nosa viaxe a Italia. Esta vez fixemos un vídeo os membros de Kukuru Productions, un pequeno grupo con obxectivos moi grandes.
O vídeo está no noso canal de Youtube. Esperamos que vos guste a recopilación de bós momentos que tivemos todos xuntos por terras italianas.

Dalle a like se che gustou e suscríbete para ver máis traballos feitos por nós. Moitas grazas!

domingo, 7 de mayo de 2017

Excursión de 4º ESO, unha viaxe a Italia.


 Algúns alumnos de 4º fumos de vacacións a Italia na excursión de fin de curso. Visitamos Milán, Bérgamo, Florencia e Bolonia. Cada lugar era moi especial e en todos houbo anécdotas que sempre recordaremos.

 A cidade na que máis estivemos foi en Milán xa que alí tiñamos o hotel. Paseamos polas súas rúas tanto de noite coma de día e puidemos ver perfectamente o Duomo, unha catedral enorme e fermosísima.
Duomo
Galerías Victor Emmanuele II
Tamén nos chamaron moito a atención as Galerías Victor Emmanuele II,: as súas cúpulas, a súa cor dourada e as súas pinturas. Todo parecía estar feito ao detalle e tamén as tendas e os escaparates eran bastante chamativos.

No Castelo Sforzesco vimos a súa particuliar arquitectura e a súa perfecta simetría combinadas ca natureza. E, falando de natureza, o máis impresionante respecto a combinación desta e de edificios foi o Bosco Verticale, un proxecto moi fermoso.
Castelo Sforzesco


Paseo en bus, visita ao cadro de Leonardo e visita á igrexa
Tamén en Milán disfrutamos dunha viaxe no autobús que nos levou pola cidade cunha guía explicando e puidemos ver "La última cena" de Leonardo. Non perdemos o tempo e, mentres esperábamos a quenda para entrar a ver o fresco, visitamos unha igrexa que estaba ao lado.
O día seguinte, saímos cedo para visitar Florencia e Bolonia, pero tivemos un leve contratempo. O plan era chegar en 3 horas pero tocounos un conductor (chamado Concetto) que non tiña moita idea de como chegar, e esas 3 horas convertíronse en 6 duras horas cheas de maeros e fame. Pero a pesar diso, para Florencia non tivemos palabras e, aínda que tivemos pouco tempo para vela, é unha cidade que merece realmente a pena. Persoalmente, eu querría volver nun futuro porque Florencia é moi máxica. Unha cidade de conto na que o que máis nos impresionou foi a catedral de Santa María del Fiore.

Florencia
Despois de pasar por Florencia, fumos a Bolonia para ver os seus encantos. Foi un paseo moi bonito e divertido.

Bolonia
O xoves tocou o Lago di Como ao que tivemos que ir en tren que, por certo, foi moi divertido e unha experiencia nova para algúns. Ao chegar todos quedamos impresionados da inmensidade do lago e do paisaxe. Todo era moi fermoso e había moita natureza. Dimos un paseo e paramos a descansar. E, despois de pasar un momento xuntos, volvemos a Milán para durmir.

Lago di Como
A última cidade italiana que visitamos foi Bérgamo, na que puidemos comer e descansar todos xuntos. Foi un bo momento en grupo e a cidade era moi acolledora, familiar e bonita.


Para rematar, quero dicir que esta non foi só unha viaxe para ver Italia e algunhas das súas marabillas, senón que foi unha viaxe moi instructiva. Aprendimos a ver as cidades e a súa arte dende outra perspectiva, practicamos inglés e aprendimos italiano, probamos as comidas típicas dos lugares aos que íbamos, algúns tivemos as nosas primeiras experiencias indo no avión ou no tren, coñecimos aos profesores que nos acompañaron, fixemos bos recordos en todos os sitios aos que fumos... E, sobretodo, coñecimos mellor aos nosos compañeiros e compañeiras xa que o destino non é tan importante como ca xente ca que vaias, e é certo. Todos unímonos moito máis e pasar case unha semanas cos amigos é algo moi bonito que queremos repetir.

 Por último, queremos dar grazas a todo o mundo que colaborou na excursión, xa sexa comprando as cousas que vendíamos para gañar diñeiro ou mesmo á axencia por organizar esta fermosa viaxe. Pero en especial agradecemos aos mestres que viñeron connosco e sentimos as molestias que igual causamos. Pero sen vós tampouco poderíamos realizar tal experiencia. GRAZAS.