domingo, 29 de octubre de 2017

PORTADAS PARA PREBE #6...CAL SERÁ A ELEXIDA??

Estas son sete das OITO portadas candidatas a abrir o NÚMERO 6 da revista PREBE deste ano.
En canto subamos a octava, poderedes votar para elexir a definitva...
















DEBUXOS A SEIS TRES MANS (OU A SEIS)

En Plástica de 4º ESO fixemos uns debuxos do natural, nunha triple práctica que consistía en aprender a debuxar en perspectiva e facelo no corredor de IES, despóis debuxar de corpo entero a compañeir@s que posaron para os demáis, e finalmente debuxar un retrato de outr@ compañeir@ da clase.
Os resultados se entintaron con diversas técnicas: pluma, pentel, pincel, rotulador..., e o azar fixo que a cada fondo se lle asignara un primer término (retrato) e un plano intermedio (corpo enteiro).
Os resultados, que se exporán no propio corredor do centro, son moi interesantes...aquí tedes algúns deles:













jueves, 12 de octubre de 2017

COMEZA O CURSO 2017 2018, E O BAC DE ARTES PARA 20 NOVOS ALUMNOS...

E empeza con un traballo forte!...a construcción en tres dimensións, dunha maqueta escala 1:5000 do levantamento topográfico do territorio íntegro do Concello de A Estrada.
Baseándonos nos mapas topográficos en PDF que se poden atopar e baixar de balde nas páxinas da XUNTA ou do MINISTERIO, e imprimindo as follas que corresponden ao noso Concello (que ten presencia nos sectores numerados como 120, 121 e 153) en tamaño A3, os alumnos de 1º bac están a levantar o relieve marcado nos planos en ISOCOTAS que marcan diferencias de altitude de 5 metros (escollen as liñas alternas que rematan en 0 para simplificar o traballo).
Con papel carbón, cúter, cartóns e cola, e sobre todo, con moita paciencia e un enorme traballo colectivo, (que aínda vai ser máis colectivo cada vez) o concello está a medrar ante os nosos ollos, e pronto a maqueta estará rematada. Despóis haberá que pintala, marcar cotas máximas de altitude, ríos, cidades, aldeas e vilas, estradas e zonas de interese...e poderemos colgar o resultado nalgunha parede (grande).
Aquí temos vídeos e imaxes do traballo...


Benvidos a este bacharelato e AVANTI!