Bitácora do Bacharelato de Artes, Educación Plástica e Audiovisual do IES Manuel García Barros de A Estrada.
martes, 10 de enero de 2012
CARTEIS...DECILO TODO NUN SÓ VISTAZO
O CARTEL converteuse no noso tempo nun elemento de comunicación visual básico, presente en moi diferentes ámbitos, dende o comercial (publicidade), ata o institucional, sen perder de vista o ámbito estrictamente artístico, de cartel non referido a un producto ou evento determinado, senón como obxeto artístico con valor por sí mesmo.
O certo e que os carteis de eventos, películas ou mensaxes institucinais, as mensaxes visuais nesta particular forma de cápsulas, de mensaxes breves y concisos, como un haiku, como un puñetazo, como unha explosión controlada, forman parte da nosa vida dunha maneira que poucas veces nos paramos a pensar. Forman parte do noso paisaxe vital, como a música que escoitamos ou as formas dos edificios das rúas da nosa cidade, que percorremos todos os días.
O cine é un dos campos de experimentación do cartelismo máis interesante: o feito de ter que facer UNHA imaxen, unha soa imaxen descriptiva, sobre un mensaxe narrativo, como é unha película, fai interesantísimo e moi rico o traballo do deseñador.
As metáforas visuais máis ou menos explícitas, os guiños a estéticas doutras épocas, os xogos entre a imaxen e o texto, todo é un disfrute para quen o fai...e como consecuencia, tamén para quen o ve.
Aquí tedes uns exemplos de carteis de películas de sempre...e AQUÍ algúns máis
E en breve veredes neste blogue traballos dos alumnos... a ver que sorpresas nos deparan
No hay comentarios:
Publicar un comentario