


Bitácora do Bacharelato de Artes, Educación Plástica e Audiovisual do IES Manuel García Barros de A Estrada.
Hai moitos artistas que utilizan a cámara escura, e incluso moitos que SÓ utilizan a cámara escura como medio de expresión.
A fotografía convírtese, nas súas imaxes, non nunha pegada da realidade na que se busca a verosimilitude, senón nunha linguaxe artística propia que reflexiona, nun interesante xogo metalinguístico, co propio medio.
Como exemplos, as fotografías de Abelardo Morell, que retrata cunha cámara escura cidades do mundo DENDE as habitacións de hoteis, á súa vez convertidos en cámaras escuras mediante un buraco na fiestra.
Tamén interesante é o proxecto de Patricia Durillo e Jerome González, no que do mesmo xeito (unha cámara escura dentro doutra) retratan a súa propia intimidade.
E no menos curiosas son as imaxes que nos mostrou a alumna Alba Novoa, do fotógrafo Justin Quinell, que mete unha cámara escura dentro da súa boca e retrata o seu mundo dende alí...