miércoles, 27 de abril de 2016

ORLA EN MARCHA

Os alumnos de E.Plástica de 4º A+C ESO están co tema da fotografía.
Precisamente en medio das explicacións iniciais, e a toma de contacto co laboratorio e demáis, xurdeu a posibilidade de que os alumnos se encargaran de facer as fotografías da orla (como sempre debería ser, todo hai que dicilo), e estos alumnos lanzáronse a aventura, creando un set de fotografiado, e dividindo as tarefas para facer un boísimo traballo de retratado dos seus compas de 2º bac, que se prolongará ata o venres.
Para mostra, aquí tedes estas imaxes. Os responsables de este magnífico traballo son e serán María, Anxo, Lía, as dúas Ainhoas, Lucía, Andrea...Lía tamén fixo uns disparos para unhas posibles imaxes de recurso para a orla, uns contrapicados de alumnos de 2º BAC festexando o fín da súa "condena" no MGB. Arriscou o seu físico, pero saíu ilesa do trance e fixo unhas boísimas fotos...







A PENSADORA





Estas imaxes que estades a ver son a primicia do que vai a ser a grande escultura sobre A PENSADORA, baseada no "Pensador" de Rodin. Vai quedar, seguramente, no segundo andar, no espazo entre as dúas escaleiras, e será una figura femenina sentada (ao modo do Pensador), que, de estar en pé, mediría uns tres metros e medio.
A gran obra está a ser feita con material de refugallo, vellos libros de texto que foron quedando de anos pasados, e cos que se fixo, non só a estrutura, senón tamén (farase) o exterior, o envolvemento co que será rematada a peza.
A estrutura fíxose a base de bolas de papel, feitas coas páxinas do libro, xuntándolas en liñas, e "atando" estas liñas en feixes, segundo a lonxitude e espesor que se precise para cada parte.
Non se ensamblará todo ata que estea no seu emprazamento definitivo, e alí será definitivamente reforzada e rematada.
Os alumnos repartiron o traballo dun xeito moi especializado, temos dende os nosos "bolistas profesionais", Iván Sueiro, Daniel Suárez e Santi, ata os que van dando forma as diferentes partes da peza: Laura Rivero, María Villamor, Diego, Ariadna, etc...
O resultado promete ser impoñente...

jueves, 14 de abril de 2016

Visita a Cerámicas do Castro e á Escola de Arte Mestre Mateo

O pasado 12 de abril alumnas e alumnos do Bacharelato de Artes e de 4º de ESO realizaron unha visita á fábrica de Sargadelos Cerámicas do Castro en Castro de Samoedo (Sada).

No mesmo día  tamén realizaron unha visita á exposición do artista mallorquin Antoni Socías Teoría e práctica do deserto, no Centro Galego de Arte Contemporánea CGAC e á Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, en Santiago de Compostela.