viernes, 28 de octubre de 2011

A AULA ILUSTRADA









Teño dúas boas novas, unha boa e a outra mellor : a boa é que xa por fín temos aula e quedounos moi moi bonita...a mellor é que as cousas que están a cocerse nela aínda están mellor.
Estes días andivemos facendo (e máis que nos queda) ilustracións: poñendo imaxes a textos propios e alleos, letras de cancións, contraportadas da nosa futura revista, etc...
Temos aquí uns cantos exemplos: Catarina Barcala que fotografía e pega na imaxen a súa propia man debuxando, Alejandro Vede que imaxina unha Zombie Walk na Estrada (esta ilustración aínda vai mellorar ca cor que o autor amenaza con darlle), Lorena Rozados, que fai unha preciosa ilustración con collages de periódicos máis tinta para a canción Al Respirar de Vetusta Morla, e Ariadna Silva que tamén colle a Estrada como blanco dos seus pinceis dixitais.
E tamén vos poño un debuxo a lapis de Andrés Troitiño.
Haberá máis, moito máis, pero aquí tedes un pequeno entrante...





















viernes, 21 de octubre de 2011

ARIADNA OUTRA VEZ...E NON SERÁ A ÚLTIMA















A alumna Ariadna Silva foi premiada no concurso fotográfico "AUGA E VIDA" do Corte Inglés, cunha imaxe titulada "Agua de seda".
Curioseando nas súas fotos colgadas en Deviantart, a noticia do premio quédase pequena, vese un talento que non cabe nos seus catorce anos, e algunhas imaxes realmente dignas de admiración, e que amosan unha sensibilidade moi especial.
Faría falta un MGBOOK para ela soa, pero como de momento só temos este, aquí vai unha pequena mostra das cousas que ten feito, e se queredes ver máis, sempre podedes ir a este enlace e disfrutar vos mesmos...
Recoméndovos non deixar unha soa foto sen mirar.
Ariadna, xa invitarás a algo!!





lunes, 17 de octubre de 2011

ARIADNA & ORQUÍDEA EN SU TINTA






















Outra vez un man a man, un duelo entre alumnos, un tí me debuxas e eu che retrato...pero esta vez...sen rede.....non se pode borrar, traballamos con TINTA CHINA.
Os alumnos lánzanse con valentía ó abismo (negro).
Un dos enfrentamentos máis interesantes, en 4º ESO, é o que deixou os dous debuxos que vemos sobre estas liñas: Orquídea debuxou a Ariadna e viceversa...unha loita incruenta...o resultado evidencia que son amigas.

E de postre, outro debuxo de Alejandro Vede.


jueves, 13 de octubre de 2011

MÁIS FOTOS


































Non podían faltar aquí as fotos (algunhas delas) do ÚLTIMO día de cámara estenopeica, que por algunha ESCURA razón soen saír as mellores...(como os últimos bombóns da caixa)...Tivemos moi bos días todas estas prácticas, increiblemente bos para ser outubro...xa se pode ver na roupa veraniega dos fotógrafos.

As imaxes foron positivadas cunha fotocopiadora, e por iso teñen un forte contraste e peor definición que as anteriores (ao menos, os positivos) pero isto é unha mostra de que podemos botarnos a facer e positivar imaxes fotográficas con moitas cousas, e unha delas non ter porque ser unha cámara. O que sí que ten que estar presente sempre é a imaxinación (e as ganas de pasalo ben).

Agora, os alumnos de 2ºBAC colgan as caixas de cartón e papel albal e mergúllanse no mundo da ilustración...despois de ver estas fotos, isto promete...permanecede atentos a esta pantalla.

martes, 11 de octubre de 2011

SON UNHA RAÍÑA...OUTRA VEZ




























































Para o pouco que podo moverme, a miña vida foi un continuo ir e vir, dos focos e o glamour ao máis fondo do pozo...e viceversa...eu renacín das cinzas, e podo contalo.
Cando era moi nova, traballei para os mellores, estaba no escaparate da Zara de Coruña, non de un Zara calquera, da PRIMEIRA tenda de Zara, era a máis importante das chicas do escaparate, a máis guapa, a máis alta, a máis delgada...todo quedábame ben, póñíanme as mellores roupas todos os días, e a xente mirabame a través do cristal...homes, mulleres, nenos, todos abraíabanse coa miña beleza.Añadir imagen
Pero un día, unha á que chamaban "encargada" dixo que eu estaba "defectuosa"...HA!!..defectuosa eu!!...seica esa vaca non ten espellos en casa, eu poderíame facer un abrigo coa súa celulite...
O caso é que, de alí a uns días, retiráronme do escaparte...leváronme a unha sala onde facía moito frío, espida, xa non me traían roupa, e ignorábanme totalmente, facíanme o vacío.
Un día viñeron dous rapaces...un chamábase Koke e o outro Mariano...déronlle uns cartos á vaca e leváronme dalí, xunto con dous amigas que tamén estaban "defectuosas"...
Cando ía con eles na furgoneta falaban de decorar un local ..que ben!!...pensei...outra vez ía ser unha estrela, a diva que sempre fun...
Cando cheguei ó local, estaba cheo de luces e colores, pero ao poñerme enriba da barra, ó que chamaban Koke, dixo que a miña pose non era suficientemente "provocativa"...pero, quen cría ese home que era eu?...puxeron á miña amiga na barra, e o outro home levoume dalí...
Os seguintes anos foron o meu total afundemento...agochada nun sótano, sen ninguén que admirase a miña beleza, morrendo de frío e angustía, soa...
Pero hai unhas semanas, o home que levou a ese sótano veu buscarme...xa estaba cambiado, pasaran anos...tiña o pelo corto, e cambiara de furgoneta, xa non era un rapaz...
Colléume e meteume nela, de malas maneiras e sen a delicadeza que merezo...como venganza por estes anos de sufremento, rompinlle un dente...pensei que me ía botar a un vertedeiro, xa todo dábame igual...

Pero non foi así, levoume a unha sala escura, onde pensaba que pasaría máis anos de aburremento e soidade...pero ó día seguinte, un potente foco acendeu de novo a luz do meu corpo...xa non lembraba esa sensación...alí, diante de mín, tiña varias persoas, xoves, rapaces e rapazas, que me miraban con admiración..."que delgada!!...que guapa!...que corpo!"..decían abraidos mentres me debuxaban, tentando captar a miña infinita beleza cos seus pinceis..
Ó día seguinte, viñeron outros a debuxarme tamén...cada un vía en mín cousas diferentes, interpretábame de distinta forma...xa era unha raíña outra vez..quen mo iba a dicir...
Vin moitos bos debuxos, o de un tal Miguel, o de Alberto, Diego, Paula, Alejandro...


Todos eles, ó seu xeito, fixeron que me volvera sentir outra vez a estrela que sempre fun.

jueves, 6 de octubre de 2011

TI ME DEBUXAS E EU CHE RETRATO




























Debuxarse uns ós outros non só é un boísimo exercicio para debuxantes, senón ademáis unha boa maneira de pasar un bo rato, botar unhas risas...e decatarnos de que os nosos amigos casi sempre son máis guapos do que pensabamos (aunque mentres fagamos o debuxo lles digamos o contrario).


Cando debuxamos a alguén, o observamos de verdade, e caemos na conta de o pouco que observamos as cousas normalmente, e de como o debuxo é un xeito inmellorable de recuperar esa capacidade de observación que temos agochada, durmida, como a Bela Durminte á espera do bico.

Tamén, cando nos debuxan a nós, reparamos en cousas de nós mesmos que moitas veces non temos en conta...

Porque un dibuxo non só revela ou mostra á persoa a quen retrata, senón tamén a quen o fai.

Neste caso, temos o resultado desta batalla entre dous boísimos debuxantes de cuarto da ESO, André e Alejandro, que se observaron e debuxaron mutuamente o 30 de setembro do 2011...

martes, 4 de octubre de 2011

IMAXES DE LUZ E CARTÓN

A cámara escura ou cámara estenopeica é fotografía no seu estado máis puro... unha imaxe feita con luz, que se forma e estampa nun papel ao atravesar un burato feito nunha caixa, sen máis.
As posibilidades estéticas que se poden obter con esta forma de facer fotos son enormes: os tempos de obturación longos, a infinita profundidade de campo...e por suposto, o feito de facelas en grupo, fai que as ideas se multipliquen, e cada día de traballo sexa mellor que o anterior.Non hai tempo para facer moitas, pero algunhas son boas, moi boas: aquí temos algúns exemplos...fotos de Diego Fernández, Rosa Neira, Iago Fernández, Marta Quinteiro, Fátima Maquieira e Paula Pájaro

































Hai moitos artistas que utilizan a cámara escura, e incluso moitos que SÓ utilizan a cámara escura como medio de expresión.
A fotografía convírtese, nas súas imaxes, non nunha pegada da realidade na que se busca a verosimilitude, senón nunha linguaxe artística propia que reflexiona, nun interesante xogo metalinguístico, co propio medio.
Como exemplos, as fotografías de Abelardo Morell, que retrata cunha cámara escura cidades do mundo DENDE as habitacións de hoteis, á súa vez convertidos en cámaras escuras mediante un buraco na fiestra.
Tamén interesante é o proxecto de Patricia Durillo e Jerome González, no que do mesmo xeito (unha cámara escura dentro doutra) retratan a súa propia intimidade.
E no menos curiosas son as imaxes que nos mostrou a alumna Alba Novoa, do fotógrafo Justin Quinell, que mete unha cámara escura dentro da súa boca e retrata o seu mundo dende alí...



Hai xente para todo