jueves, 17 de noviembre de 2011

DEBUXAME OUTRA VEZ


















































































Unha das mellores maneiras de coller soltura no debuxo, de perde-lo medo ao papel en branco, de soltar a man e deixar que funcione como un fío conductor cos nosos ollos, e a nosa percepción visual, é bebuxar aos nosos compañeiros, as nosos amigos, a nosa familia...covertermos nuns paparazzi do debuxo, debuxar a todo o mundo sen preguntar antes.
Cun pouco de práctica diaria (isto é como entrenar para xogar ao futbol, ou facer un pouco de exercicio todos os días), o empezar a debuxar pasa de producirnos temor e inseguridade, a producirnos benestar, pracer. Cando isto sucede, xa somos debuxantes.

Non temos que mirar o debuxo, nin as artes, con misticismos ou aureolas de nengunha clase que non responden á realidade deste oficio. Ninguén nace xenio, nin dibuxante, como ninguén nace sabendo conducir nin sabendo xogar ao poker, a pesar de que en ambas actividades tamén hai campeóns e incluso xenios.

Debuxar ou pintar é algo parecido a patinar...cando poñemos os patíns por primeira vez, temos medo porque sabemos que imos caer, que imos bater co chan máis dunha vez e probablemente, facernos dano...ese temor nos agarrota e é moi posible que parezamos moito máis torpes do que somos en realidade...
A segunda vez xa sabemos qué fixemos mal, podemos observar doutra xente a ver como fai, controlar o noso corpo, pasar de pensar a sentir, notar os patíns como unha parte de nós e non como unha prótesis que nos puxo o demo nos pes.
A terceira vez xa non teremos medo, agardaremos con ansiedade o momento de calzar os patíns, cando os poñamos os sentiremos como parte de nós, como algo que nos faltaba. Cando botemos a patinar, disfrutaremos de verdade, como nenos...os golpes, cando se produzan, non doerán, porque xa deixamos atrás o medo.

Cando os alumnos debuxan uns ós outros, cando practican en casa, cando chegan a ese punto en que notan o pincel entre os dedos non como un corpo extrano, senón como parte do propio...cando disfrutan debuxándose uns aos outros e agardan a clase de debuxo con gañas porque saben que van pasalo ben...cando se chega a ese punto, os alumnos xa son debuxantes.

A profesionalidade xa é outra cousa, é o poder converter esa actividade en algo do que vivir, pero ser debuxante ou non, é algo que un pode elexir e que está ó alcance de calquera.
Ser profesional, diseñador, artista...é algo que chega máis tarde, coa acumulación de formación(s)...pero que non chega si antes non nos convertemos en debuxantes...do mesmo xeito que alguén, para ser taxista, antes debe converterse en condutor, sacar o carnet, disfrutar ao volante dun coche.

Non existen os artistas tocados polas musas, existe xente que disfruta do que fai, e existe xente que disfruta do debuxo e da creación...
E existen alumnos de debuxo que están moi preto deso, que xa teñen unha parte do camiño andado, a máis importante, a de converterse en debuxantes...é a parte máis dificil, pero despois de percorrela, o traballo non é unha carga, é unha fonte de disfrute e realización persoal.


Nestes debuxos de varios alumnos (ou xa quizáis teña que dicir debuxantes) de 1º e 2º BAC tivemos a inestimable colaboración, facendo de modelos, de Lorena, Cristóbal, Xiana,Miriam.

Os debuxos das imaxes son obra de Iago Fernández, Lorena Rozados, Zndres Troitiño, Alba Novoa, Alberto Barros e Marta Balo...

No hay comentarios:

Publicar un comentario