jueves, 26 de abril de 2012

PANTASMAS NO MGB

O detetor de pantasmas que temos no MGB (para quen non o saiba, é ese aparato raro que está xunto a porta de entrada) deu sinais de alarma moi fortes esta última semana. Parece ser que uns espíritus extraños andan polo instituto. Non é nada novo, é un fenómeno que vai a máis cara os finais de trimestre, nos que é habitual escoitar psicofonías en forma de choros e lamentos, e todo o mundo anda moi pálido e ten pesadelos.
Pero estas pantasmas non son as habituais. Son pantasmas de entretempo, que xurdiron sen evaluación por medio. Transparéntanse sobre os ladrillos, os muros e os coches dos profesores. Desvanécense rápido, como a euforia de Real Madrid e do Barcelona, e como os espíritus dos contos, saen dun aparello, dun obxeto.
Nas lendas e contos que coñecemos, os espíritus saían dunha lámpara de ouro. Pero agora, cos recortes, os nosos espíritus traslúcidos saen de caixas de cartón mal pegadas con cinta aillante do chino.
É o signo dos nosos tempos, pero os espíritus xeniais non precisan de envoltorios de ouro para se revelar. Poderían saír mesmo dun bote de Nesquik.
Se ten a mala sorte de dar cun destes espíritos na cafetería, nos pasillos, ou mentras está mexando no baño, non os altere nin os provoque. ¡Non mova as súas caixas!, xa que os podería condenar a escuridade eterna, non intente facelos falar nin lles pregunte de qué curso son e qué fan no pasillo. Non poden comunicarse.
Se ten a desgraza de atopalos, chame a policía e cóntelles todo esto que pon aquí, así, literalmente e sen pausas. Probablemente aconsellaranlle deixar de pasar pola aula de plástica e comprarse unha cámara dixital.












































No hay comentarios:

Publicar un comentario