sábado, 15 de diciembre de 2012

ARMENIA

Onte chegoume un enlace onde puiden mirar aos ollos moi de preto a varias personas e tamén a uns cantos animais...grazas a unhas espectaculares fotos dun fotógrafo armenio, Suren Manvelyan.
O ollo que mira a ollo a través doutro ollo, que é a cámara...Un espectacular xogo de espellos, de metamiradas e en definitiva, da beleza do que moitas veces vemos, pero poucas ollamos.



Neste ENLACE podemos ver as fotos de ollos de humáns, neste OUTRO de ollos de animais..

Como dixo David Hume, a beleza está no ollo que mira...pero tamén pode estar no ollo que é mirado...ou nos dous (ou os catro)


E xa que falamos de Armenia, este (para nós) exótico estado exsoviético, país cun grande patrimonio cultural, e ponte entre dous continentes, é tamén a terra natal de outro artista, que tamén mira o mundo a través do ollo da cámara, pero da cámara de cine. Este artista é Atom Egoyan, e en Ed .Plástica e Visual, en 4º da ESO, estamos a ver (para despois analizar narrativa e visualmente) unha das súas películas, A Viaxe de Felicia, unha inquietante, peculiar e moi interesante película, unha potente historia que fixo aínda máis grande a xenial actuación do seu protagonista, Bob Hoskins, que os alumnos poideron disfrutar en versión orixinal, como deberían de ser vistas (e escoitadas) todas as películas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario