domingo, 20 de enero de 2013

PROXECTOS PARA A REMODELACIÓN DA BIBLIOTECA

Os alumnos de SEGUNDO curso do Bacharelato de Artes, dentro da asignatura de DESEÑO, están a levar a cabo un proxecto de remodelación da MEGABIBLIOTECA do MGB.







Os arquitectos David Olmos e Iria Comoxo, do estudio O MAS C estiveron con nós dúas veces, explicando aos alumnos como levar a cabo este proxecto, como afrontar e buscar as necesidades do epacio, e adaptar o proxecto a esas necesidades, e a o presuposto dado.

Fíxose tamén unha ENCUESTA entre alumnos e docentes para detectar que se podia botar en falta ou que aspectos da biblioteca precisaban máis urxentemente unha remodelación.

Finalmente, os alumnos se dividiron en grupos de dous e están a presentar PROXECTOS, para que sexan votados, e tamén debatidos e comentados, e valorados ONLINE via este mesmo blogue, polos arquitectos de OMASC.

Deixámosvos cos 5 proxectos...mirádeos ben, examinádeos a conciencia, VOTADE, e tamén COMENTADE o voso parecer...

-------------------------PROXECTO 1


Neste proxecto, mantense a estantería actual, a grande que ocupa toda a parede, aínda que se pintará.
O espacio de mesas de lectura ocupa case a metade da biblioteca, e queda dividido en dous: un con catro mesas, e outro dentro do espacio que forman catro estanterías, máis íntimo e cómodo para leer, cun doble banco en vez de sillas para sentarse.
Queda un tercer espacio con dous mesas en ángulo recto, unha das cales é para o profesor, que ocupa o mesmo lugar de agora.
Un cuarto espacio é a zona cómoda de lectura, aillada do resto por un grupo de estaterías baixas.
Nela teremos dous sillones feitos con cartón (no plano aparecen sillones estándares KEVIN de Ikea, en ángulo recto, con mesas Lack con oco para revistas, mirando a cadanseu sillón. Teremos catro puffs, e unha maceta na esquina (OLLO, nos planos aparece outra mesa Lack, pero realmente é un maceteiro adaptado á columna da esquina).
Usaremos o archivador metálico vintage que xa temos, (é o que aparece oscuro nos planos).
Os ordenadores redúcense a catro, e a mesa na que reposan estreitase á metade, recuperando case dous metros cadrados de espacio.
O proxecto complétase con ESTORES nas fiestras, e lámparas de pe para a zona de lectura cómoda, xunto con ambientación musical.









------------------------------PROXECTO 2


Neste proxecto, tamén manteremos a estantería actual, a grande que ocupa toda a parede da entrada.
Despois formaremos un tridente de estanterías grandes nas que poñeremos libros por ambos lados, creando un espacio de consulta moito máis cómodo que agora.
As mesas de lectura se disporán en liña, creando un espacio máis racional e menos caótico.
Os ordenadores serán oito, pero a mesa na que reposan redúcese á metade de ancho.
A estantería do fondo mantense, e se crea un espacio de lectura cómoda cun sillón feito con cartón, e un puf, xunto coa mesa do profesor e un archivador.
Tamén haberá estores, lámparas e outros complementos.









---------------------------PROXECTO 3


Neste proxecto, mantense igualmente que nos outros a estantería actual, a grande que ocupa toda a parede, aínda que se pintará.
O espacio queda articulado en tres, no con separaciones abruptas senón dun xeito armonizado: unha zona de lectura cómoda con dous sillones grandes en ángulo recto, dous pufs, unha mesa LACK con revisteiro (falta nas imaxes), e dous plantas flanqueando os sillóns.
Esta zona é contigua á de lectura en mesas, e únese/sepárase dela coa zona de ordenadores (queda reducida a catro). As mesas de lectura son 9, pero aprevéitase case todo o perfil delas (agora desaprovéitase máis da metade do perímetro), e dous delas quedan xunto a fiestra para facer cómoda a lectura de día. Entre estas dúas mesas habería tamén UN BANCO DOBLE, cara os dous lados, que non aparece nos planos.
A zona de consulta queda moi clara, con cinco estanterías grandes en tridente que concentran todo o que agora hai desperdigado por moitas estanterías.
Nas partes centrais do tridente, unhas mesas Lack, tamén con espacio para revistas, facilita o proceso de consulta.
A mesa do profesor cambia totalmente de posición, aparecendo á entrada, como está en prácticamente todas as bibliotecas.
Como nos outros proxecto, non faltan estores, lámparás de pé, e ambientación musical.









------------------------------PROXECTO 4


Neste proxecto tamén mantemos a estantería actual da entrada, en toda a parede.
O espacio de consulta o forman tamén 5 estanterías grandes, pero non dispostas en tridente, senón que son tres as que se pegan á parede.
A maiores delas, outra estantería baixa pecha un segundo espacio máis cómodo para a lectura, con dous sillóns de cartón en ángulo recto, puffs e mesiña.
A mesa do profesor, moi pequena, estará na entrada.
Quedan 4 mesas para lectura (aínda que poden ser máis, xa que este proxecto deixa moito espacio ambivalente libre).
A mesa dos ordenadores é unha mesa de bordes orgánicos, feita polos propios alumnos, con canto curvo, moi cómoda e moito máis lixeira que as actuais. Os ordenadores quedan reducidos a catro.









------------------------------PROXECTO 5


Neste proxecto tamén mantemos a estantería actual da entrada. As estanterías grandes forman un tridente, que é continuado por dous estanterías baixas en L invertida, e que separan o espacio de lectura en sillóns, con dous sillóns en ángulo recto, mesiñas e catro puffs.
O espacio de consulta compleméntase con mesas pequenas no espacio entre estanterías, e logo temos o espacio das mesas, onde hai cinco (ampliables a algunha máis).
Os ordenadores redúcense a catro, e ocupan só unha parte da aula. A estantería do fondo á dereita mantense.
A maiores desto, hai que ter en conta os complementos habituais: lámparas, estores, plantas, etc.










2 comentarios:

  1. Na miña opinión os que mellor están son o proxecto 1 e o proxecto 5

    ResponderEliminar
  2. Moi bo traballo!, pero como o noso cometido é comentar de maneira obxectiva os vosos proxectos alá imos....

    PROXECTO 1:
    -Funcionalmente, mellor organizado. Os catro novos espacios aparecen claramente delimitadas e cunha función definida.
    -A colocación da mesa do profesor nese punto implica ter que pasar por toda a biblioteca para facer unha simple consulta. Probablemente a súa ubicación mais próxima ao acceso sería mais cómoda.

    PROXECTO 2:
    - Organízase o espacio en tres zonas de forma racional (1:consulta-lectura informal | 2:estudio | 3:ordenadores).
    - Pero non existe unha zona clara de paso hacia os ordenadores, se tódalas mesas de estudio están ocupadas é un pouco complicado acceder a eles.
    - En canto a ubicación para a mesa do profesor (mesmo caso que no proxecto 1) hai que percorrer tódala biblio para facer unha simple consulta, puidendo estar ao lado da porta de acceso (neste caso hai espacio suficiente) e poderíase ampliar así o espacio dos sofás que parece un pouco escaso.

    PROXECTO 3:
    -Correcta ubicación da mesa de control, próxima á porta de entrada.
    -A zona de consulta de libros está claramente definida, ubicando nas partes centrais unhas mesas Lack ou asientos con pallets para unha consulta mais cómoda.
    -A lectura relaxada nos sofás pódese ver alterada coa ubicación dos ordenadores nese mesmo espacio, vinculalos mais á zona das mesas de estudio permitiría aproveitar a luz das ventanas para os sofás e crear un ambiente mais acolledor (con estores, lámparas...)

    PROXECTO 4:
    -A mesa mais próxima á zona de consulta tamén podería entenderse como unha zona destinada ao traballo en grupo.

    PROXECTO 5:
    -A pesar de que a delimitación de espacios e funcións parece clara, non se ve un lugar definido para a mesa de control do profe.
    -O acceso á zona de lectura informal está demasiado lonxe da entrada, é necesario pasar por tódala zona de estudio para chegar a el. O funcionamento sería mais claro se a zona de paso estivera no espacio central.
    -É unha pena que non se aproveite a luz que entra polas ventanas que están ao lado dos ordenadores para por mais mesas de estudio ou a zona de sofás.

    Felicidades aos 5 grupos! Entre todos faredes un gran traballo!
    Esperamos ver pronto mais novidades no blog!!

    Un saludo

    Iria Comoxo & David Olmos
    O+C Arquitectos

    ResponderEliminar