lunes, 5 de mayo de 2014

ART STATION

Na antigua Estación de Bus de A Estrada (que non é que sexa antigua, pero o parece), algo interesante anda bulindo...varias agrupacións culturais tentan facer o grande e interesantísimo traballo de recuperala para usos culturais e lúdicos...e tamén para algo no que ninguén soe pensar: os nosos cans.
Comandados por Alonso e membros de estas asociacións, varios xóvenes de A Estrada están a facer un enorme, e esperemos que fructífero traballo, no que haberá un proceso de restauración baseado na utilización de materiais reciclados (palés, neumáticos, sillóns usados, táboas, portas...).
Isto non fixo máis que empezar, pero aquí están as fotos do lugar...dentro de non moito, isto será moi distinto, (gardade na mente estas imaxes e veredes) e nelo colaborarán, entre outros moitos, os alumnos de deseño do García Barros, nas imaxes en labores de observación...

Isto promete














No hay comentarios:

Publicar un comentario