domingo, 15 de junio de 2014

TIPOGRAFÍAS

Lendo este ENTREVISTA que lle fan no blog graffica.info ao deseñador de tipografías Ferrán Milan non é dificil decatarse de ata que punto o deseño das letras, dos espazos entre elas, das variacións das diferentes estilos, etc, etc, é un traballo meticuloso, co mimo dun orfebre e os coñecementos dun científico...todo sumado á paixón de quen realmente fai algo que ama.
O DESEÑO non é unha labor menor, é a base, a BASE de verdade da fabricación, da produción de todo o que fai o ser humano.
E é un traballo sumamente especializado, que vai infinítamente más alá do estético, e que require que unha letra, una (insignificante?) letra que leeremos en menos dunha centésima de segundo, teña probablemente levado días, semanas, ou meses, a aquel que, despois dun longo camiño, lle deu vida.
A entrevista mostra, tamén, o endeble da formación de Deseño no noso país, non por falta de especialistas, nin de medios técnicos, senón por falta evidente de concienciación social da importancia e relevancia desta(s) actividades(s).
A importancia que se lle da a unha materia como DESEÑO no  ensino, que só aparece na rama de Artes, e as veces, nin sequera se oferta, en todas as súas vertentes, como unha(s) ciencia en sí mesma(s), considérase aínda algo meramente estético, cando é a base, o ALFA, o punto de partida da produción INDUSTRIAL, a única maneira de facer viables todo tipo de industrias e actividades de produción a partir de planificalas antes de facelas.
DESEÑO debería ser unha materia presente en todo o ensino, non algo propio "dos de artes"...pero lamentablemente, esta pobre, pacata e medieval concepción das necesidades do ensino xeralista non se resolve logo na universidade (lóxico) e a falla de base de coñecemento, o extremo analfabetismo visual no que se educa a meirande parte do alumnado, fai que nos niveis superiores, non se chegue a poder facer unha profundización e que se teña que partir de cero.

O bo e ver, como, a pesar de todo esto, a pesar das carencias que temos e teremos, sae xente de cando en vez como Ferrán Milan, xente que loita contra todas as barreiras dunha sociedade empeñada en mirar cara atrás en vez de cara adiante.

Ferran Milan1 Ferran Milan: «Tuve que emigrar a otro país para obtener la educación tipográfica necesaria»

No hay comentarios:

Publicar un comentario