domingo, 15 de marzo de 2015

ECLIPSES E CÁMARAS ESCURAS













Este próximo venres, 20 de marzo, poderase ver (se o tempo e as nubes o permiten) un eclipse parcial de sol, resultante da coincidencia liñal do sol e a luna, vistos desde a terra.
Galicia vai ser un dos lugares privilexiados para poder observar o fenómeno con máis claridade.
Aínda que ese dia non hai clases, o evento terá lugar nas horas que corresponderían á segunda clase e o recreo (de 9 30 a 10 50).
Quen quera velo ten que ter en conta que observar o eclipse de maneira directa É MOI PERIGOSO, pode causar problemas irreversibles na vista e mesmo ceguera. A luz do sol é moi potente, e incluso con gafas de sol, cristais afumados e outros filtros, moi dañina se miramos cara o sol directamente durante máis dun instante.
Nestes días pasados, os alumnos de E. Pástica e Visual de 4º ESO fabricaron unhas cámaras escuras para facer fotografías en modo "vintage" (podedes velas na entrada anterior).
Estas mesmas cámaras (ou artiluxios de similar factura) poden ser moi útiles para poder observar un eclipse durante todo o tempo que dure, sen pór en perigo en absoluto a nosa vista e a nosa saúde.

Non hai máis que

-Construir (ou coller) un recipiente, envase, caixa, forma...que sexa estanco á luz: pode ser unha lata, un bote de colacao, un bidón, unha caixa de zapatos...que teñas as paredes grosas e non sexa transparente nin traslúcido: totalmente opaco. O recipiente debe estar aberto por unha das súas caras (ou por dúas caras opostas).

-Nun dos seus lados faremos un burato de uns 2x2 centímetros e nese burato pegamos (con cinta aillante negra) un anaco de papel albal (ollo que sexa liso e non teña engurras nin buratos) ao que previamente teremos feito outro burato cunha agulla, chincheta ou similar)

-Na parede oposta ao burato colocamos un papel blanco, que pode ser un folio, de xeito que funcione como unha pantalla de proxeción.

-Podemos optar por non colocar nada, e proxectar a imaxen do eclipse sobre o chan, ou sobre unha parede.

* Temos que ter en conta que a distancia entre o estenopo (o burato que fixemos no papel albal) e o papel, parede ou o plano onde sexa proxectado o sol ten tamén a súa importancia. É o equivalente á "distancia focal" dunha cámara, co que, canto máis longa sexa esta distancia más grande veremos o disco solar.

* Pódenos servir tamén como "caixa" unha cartuliña negra enrolada, un tubo ou algo similar. É moi IMPORTANTE NON USAR O ARTILUXIO COMA SE FORA UN CATALEXO. Non temos que mirar a través del, temos que usalo para que os raios do sol se proxecten ou ben nunha parede ou ben nunha pantalla adosada á propia caixa, para que nós podamos ollar o eclipse mirando a esa superficie.

* Tamén poderás ver o eclipse nos lugares máis insospeitados, que funcionen coma unha cámara escura "natural": entre as sombras das follas das árbores, ou mesmo a través dos buratos dunha galleta ou unha espumadeira (ver ilustracións) .

* Se o momento do día é co sol en alto, con suficiente potencia, pode non ser precisa unha caixa, e mesmo con dous cartulinas (unha co furado feito nela e outra como pantalla de proxeción), poderiase observar ben o fenómeno (fíxate na última ilustración).



Aquí tedes máis enlaces interesantes sobre os eclipses e as cámaras escuras:

http://www.astrosafor.net/Huygens/2005/56/ObservacionEclipses.htm

http://www.iar.unlp.edu.ar/divulgacion/activ-04.htm

https://www.facebook.com/notes/571212259613750/

http://www.iar.unlp.edu.ar/divulgacion/activ-02.htm

Cóntase que Aristóteles entendeu precisamente o principio óptico da cámara escura observando indirectamente un eclipse a través da proxeción do mesmo entre as follas das árbores...é unha oportunidade única e unha gran experiencia poder ver un eclipse, pero faino con seguridade, non arrisques a túa vista !



EXEMPLOS GRÁFICOS:





















No hay comentarios:

Publicar un comentario