viernes, 13 de noviembre de 2015

CHARLA DA ILUSTRADORA ANA SANTISO

O pasado 12 de novembro visitounos a ilustradora galega Ana Santiso para darnos unha charla sobre a ilustración gráfica. Ben, para dicir a verdade, deu dúas charlas en dúas sesións: a primeira para o alumnado de 1º de ESO e a segunda para o de 3º de ESO.
Concretamente, falounos do seu traballo e cales son as suas influencias.
Para explicar o proceso de traballo mostrounos un dos seus proxectos: "Alicia no país das maravillas".



Coñecer os diferentes pasos do proceso creativo é moi importante para a materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual, e Ana Santiso mostrounolo dunha maneira gráfica, didáctica e amena.
Ficamoslle, pois, agradecidos polas interesantes explicacións.

Máis información sobre a obra gráfica de Ana Santiso:
anasantiso.blogspot.com
https://www.facebook.com/santisoilustracion










1 comentario: