martes, 4 de octubre de 2011

IMAXES DE LUZ E CARTÓN

A cámara escura ou cámara estenopeica é fotografía no seu estado máis puro... unha imaxe feita con luz, que se forma e estampa nun papel ao atravesar un burato feito nunha caixa, sen máis.
As posibilidades estéticas que se poden obter con esta forma de facer fotos son enormes: os tempos de obturación longos, a infinita profundidade de campo...e por suposto, o feito de facelas en grupo, fai que as ideas se multipliquen, e cada día de traballo sexa mellor que o anterior.Non hai tempo para facer moitas, pero algunhas son boas, moi boas: aquí temos algúns exemplos...fotos de Diego Fernández, Rosa Neira, Iago Fernández, Marta Quinteiro, Fátima Maquieira e Paula Pájaro

































Hai moitos artistas que utilizan a cámara escura, e incluso moitos que SÓ utilizan a cámara escura como medio de expresión.
A fotografía convírtese, nas súas imaxes, non nunha pegada da realidade na que se busca a verosimilitude, senón nunha linguaxe artística propia que reflexiona, nun interesante xogo metalinguístico, co propio medio.
Como exemplos, as fotografías de Abelardo Morell, que retrata cunha cámara escura cidades do mundo DENDE as habitacións de hoteis, á súa vez convertidos en cámaras escuras mediante un buraco na fiestra.
Tamén interesante é o proxecto de Patricia Durillo e Jerome González, no que do mesmo xeito (unha cámara escura dentro doutra) retratan a súa propia intimidade.
E no menos curiosas son as imaxes que nos mostrou a alumna Alba Novoa, do fotógrafo Justin Quinell, que mete unha cámara escura dentro da súa boca e retrata o seu mundo dende alí...



Hai xente para todo





1 comentario: