jueves, 10 de mayo de 2012

COLABORANDO ENTÉNDESE A XENTE




Este é o trailer da longametraxe O APÓSTOLO, película do director compostelán Fernando Cortizo, producida por Producións ARTEFACTO, e pendente de estrea nos cines.
Esta productora pechou recentemente un dos SETS de gravación que tiña na rúa Fernando III en Santiago, por mor dos recortes en Cultura que se veñen sufrindo dende hai meses, e dada a súa amizade co profesor de debuxo do MGB, que fixo o story board da peli, e sabendo que o noso Bacharelato de Artes anda falto de recursos, tiveron o increíble detalle de regalarnos todo tipo de materiais que poderán ser aproveitados polos alumnos deste curso e o que ven: pinturas, barro, escaiola, barnices, pinceis, ferramentas de todo tipo...
En fín, material que doutra maneira, e cos recortes presupuestarios que tamén temos en Educación, e ao que o bacharelato de artes é especialmente sensible, veñen como un regalo dos reis magos.
A cambio, os alumnos rematarán e pintarán, como traballo de escultura, as figuras promocionais dos personaxes da película, que podedes ver estes días na aula de debuxo artístico (non vos asustedes se entrades con pouca luz). Son os personaxes que na peli están interpretados no físico por bonecos de plastilina e nas voces por Carlos Blanco, Geraldine Chaplin e Manuel Manquiña. Ademais destes, na película poderemos ver bonecos interpretados por Luis Tosar, Jorge Sanz, Paul Naschy, Celso Bugallo, Victor Mosqueira....e todo isto, coa impresionante banda sonora que fixo Philip Glass.

AQUÍ e AQUÍ tedes máis información sobre esta película, que poderedes ver moi pronto. Mentres, ide botando un ollo (e unha man de pintura) aos seus protagonistas.

E MOITAS GRAZAS, FERNANDO E ISABEL (non son os reis católicos, son os productores de O APÓSTOLO)




No hay comentarios:

Publicar un comentario