martes, 29 de mayo de 2012

FOTOS E DEBUXOS QUE QUEDARON NO TINTEIRO

Dando clase a alumnos como os que temos, as veces é como atopar dun pequeno tesouro descubrir nun peto da cazadora unhas fotos olvidadas que fixeron os de 4º(e que esu tiña que ter escaneadas fai meses) ou atopar nos blocs de 1º Bac, botando algunha ollada a ratos perdidos, algúns debuxos nos que no seu día, atrapado na marea e na morea de traballos que hai que atender, non reparei con tempo dabondo.
Pequenas marabillas que poderían ter pasado despaercibidas (e que moitas veces pasan desapercibidas).

Pasa tamén as veces coas cousas que fai un mesmo, un día facendo limpeza, baixo mil papeis acartonados polo tempo, aparece ante a túa vista, de súpeto, o brillo dun debuxo, dun boceto ou dalgunha cousa que nin tí mesmo recordas, e ese olvido fai que nese momento o vexas cos ollos cos que se miran as cousas por primeira vez, coa mirada virxinal e libre de prexuizos e relacións mentais distorsinantes, co que todo ás veces debería ser observado (aínda que esto é imposible).
Estaría moi ben que sempre fixéremos as cousas como si fora a primeira vez...ou coma se fora a última...pero isto tamén é imposible...

ou non.










Fotos de Ariadna, Orquídea, Jenifer, Oscar, Alejandro, André e Catarina



Debuxos de Alberto Barros e Alex Mosteiro



Ilustracións para Haikus (de alumnos de outros cursos de bacharelato) feitas por Alberto e Rubén



No hay comentarios:

Publicar un comentario