lunes, 10 de septiembre de 2012

MATERIAIS PARA COMEZO DO CURSO 2012 2012. DEBUXO ARTÍSTICO I E II DE BACHARELATO DE ARTES.

Nin hai mal que cen anos dure, nin (por desgracia) verán que dure oito meses, así que o curso, como todos os setembros, volve a empezar.
Un curso complicado, xa que as carencias económicas son máis grandes que o anterior (e que a meirande parte dos anteriores), e por isto temos que facer un esforzo maior, alumnos e profesores, se cabe, na organización e coidado do que temos, para sacarlle o máxino rendimento, e para que nos dure todo o máis posible.

O DEBUXO ARTÍSTICO (Mariano) volverase impartir na aula de debuxo artístico (lóxico, non ía ser no ximnasio), e para este curso reestructuramos o mobiliario, tendo en conta que no segundo curso vaise impartir tamén DESEÑO (Mariano) na mesma aula, ademáis de (coma o ano pasado) TÉCNICAS DE EXPRESIÓN GRÁFICA (Xoan Xosé). É posible que algunhas clases de 4º ESO de plástica tamén se impartan nesta aula, se os horarios e o espazo o permiten.

A aula agora conta cun portapapeis grande, tamaño A0, para gardar os debuxos de formato grande que se vaian facendo, de xeito que cada alumno garde, ao rematar a clase, o papel nel e deixe libre os cabaletes.

Non é tan perfecto coma o da foto (o noso está feito a man) pero é moito máis bonito e de cor vermello...

Tamén temos unha mesa de deseño nova (o de nova é un dicir, pero bueno) para papeis de 100 x 70 con taburete e flexo de luz branca, que pode ser usada en deseño, debuxo e técnicas.
E con unha mesa branca con soporte regulable en altura que permite traballar de pe ou sentado.




Temos tamén un soporte secador de traballos gráficos (arriba^) , moi útil en grabado e traballos con tinta, e moito material funxible que amablemente nos cedeu o ano pasado a produtora ARTEFACTO (sarxentos, flexos, mascarillas, pinturas, cartóns falleros, cartóns pluma, caixóns polivalentes para soporte, lixas, pinceis, unha báscula de precisión, porexpán para tallar, arcillas, plastilinas para modelado de bonecos, etc, etc)
Este material gárdase na mesma aula e tamén no armariño xusto enfrente da porta.


Precindimos de algunhas das mesas que tiñamos na clase, utilizando todo o perímetro da mesa grande blanca que antes estaba pegada á parede e gañando moito espazo.

E a aula ten, coma o ano pasado, un tórculo para gravado.

e trece cabaletes, a meirande parte desde tipo

e tamén algún deste outro


temos algúns soportes para modelado


varias esculturas para debuxo


e como non, o noso bonequiño

víctima de sucesivos tunings e maqueos varios, pero que aínda vive.

Temos dúas estanterias EXPEDIT con oito baldas en total para gardar os blocs dos alumnos

que este ano probalemente queden curtas, pola maior cantidade de materias e alumnos.



Hai materiais funxibles que se mercaron colectivamente o curso pasado, como CERAS, BURILES, RODILLOS PARA GRAVADO, etc) dos que aínda temos bastantes existencias para utilizar durante o curso.




Para os novos alumnos de 1º de BACHARELATO DE ARTES (e para os veteranos de 2º), na materia de DEBUXO ARTÍSTICO, habería que traer, cada alumno, unha serie de materiais para comezar a traballar, materiais que detallamos de seguido:

-UN BLOC DE DEBUXO TAMAÑO A3, cun papel que admita diversas técnicas (húmidas e secas) . Os máis apropiados son precisamente os básicos, como o da imaxen. Os "bloc para esbozo" da marca Gvarro son moi económicos, con moitas follas e bastante prácticos e polivalentes.



-UNHA PEQUENA LIBRETA PARA BOCETOS E DEBUXOS, tamaño máximo a5. As libretas tipo "moleskine" son moi útiles para debuxar e levar a calquer parte (non só na aula) . Moleskine é unha marca cara, pero hay outras marcas moito máis económicas. O importante é que teña papel BRANCO, sen liñas nin cadros.

Moleskine 5.0 Page 05

-LÁPIS (ou lápices) BRANDO (2b, 3b, 4B, 6b, 9b...) A "B" indica "brando" e o número máis alto corresponde a lápiz máis brando. É recomendable que o número sexa o máis alto posible. O trazo será máis negro e profundo


-LÁPIS DURO. (HB, 2B...) cun trazo máis fino, maís doado de borrar e útil nas primeiras fases dos debuxos, para encaixe e trazos preliminares.

-LÁPIS COMPOSTO OU LÁPIS CARBÓN . Mellor brando e de numeración alta, permite traballar como con carboncillo pero sin manchar tanto. Mellor ter máis dun, hainos diferentes, máis grasos, máis tipo carbón, ao gusto de cada un.


-DIFUMINOS. Son "lápices" de papel que sirven para difuminar as sombras, de diferentes tamaños. A dureza é variable (básicamente, abrándase a martelazos)


-TINTA CHINA, en botes pequenos, para aplicar con pincel.


De xeito opcional, os alumnos poden traer outros materiais como sanguinas, lápices acuarelables (recomendado), pasteles, etc.


Unha cousa que vai ser moi útil e que evitará problemas é ter cada alumno UNHA CAIXA IDENTIFICADA EXTERIORMENTE, na que poida gardar o material propio sen ter que levalo a casa, e evitando que o usen outros alumnos pensando que é material común da aula. Unha caixa do tamaño dunha caixa de zapatos ou algo maior é suficiente, decorada ao gusto do alumno (para que sexa visible que non é unha caixa para tirar)


E unha cousa que tamén é bastante útil (xa o veredes) é un mandilón, que podedes (e debedes) tunear ao voso gusto, que se non os confundimos...



Estase a valorar tamén a posiblidade de mercar un iPAD de forma mancomunada entre os alumnos de 1º e 2º de debuxo de bacharelato de artes, xa que están de oferta ata o 21 de setembro e é un medio moi interesante e que convén coñecer polas súas enormes posibilidades.
A maneira de facelo é que cada alumno aportase ao comezar o curso uns 20-25 euros (depende do número de alumnos), e que cada un o usase durante os días do curso que lle corresponderan (aproximandamente entre 10 e 15 días por alumno).
Antes de rematar o curso faríamos unha exposición cos mellores traballos de cada un dos alumnos nos que se intentaría que os alumnos recuperasen o importe invertido.
Esta posibilidade ten que ser consensuada, como non pode ser doutra maneira, con todos os alumnos e pais, e de estar todos de acordo disporíamos tamén dese material.



No hay comentarios:

Publicar un comentario