jueves, 2 de enero de 2014

PERLAS DO LESTE

Vivindo no FAR WEST europeo, é toda unha experiencia pasar uns meses nunha cidade como BERLÍN, inmensa, espectacular, fría, viva, hipster, tola, e sobre todo moi artística, de onde trouxen unhas cantas perlas que gustaríame compartir con vos, ainda que sexa virtualmente.

En primeiro lugar, teño que contarvos que si un día ides alí a pasar certo tempo levedes unha chea de chourizos, xamón e demáis embutidos, xa que aínda que moitas cousas dos alemáns son dignas de admiracións, sen dúbida o que né entendemos por embutidos non están entre eles.
Se vos esquencedes e alí vos entra morriña, sempre tedes a opción dos embutidos de TELA (si, ledes ben, non é un erro), de AUFFSCHNITT. Un sitio onde todo é como unha charcutería, TODO, excepto o importante, que non vale para comer, senón para durmir...
Merece unha pena que lle botedes unha ollada a todo o que teñen, de verdade...
Berlín é unha cidade chea de pequenos talleres-tenda, onde todo tipo de artistas FABRICAN e VENDEN cousas inimaxinables, feitas por eles mesmos in situ. Os baixos prezos dos locais permiten que negocios non viables aquí, polos esaxerados prezos dos baixos, sí poidan existir alí...




Isto como ENTRANTE, pero si aínda tedes fame, aquí tedes unha interesantísima tenda de OBXETOS DE DESEÑO, a meirande parte deles feitos en plástico. Co mellor do deseño nórdico, pero cun punto de alegría e cor tamén propio do sur.




Non están fabricados alí mesmo, son de prestixiosas casas e marcas de deseño diferentes, pero é unha tenda que paga a pena visitar. Non só pola tenda en sí, senón porque ten ó seu carón a imponente KULTURBRAUEREI do barrio de Prenzlauerberg, fábrica de cervexa reconvertida a lugar de exposicións, concertos, e todo tipo de eventos culturais, algo moi habitual en Berlín (o de reconverter edificios)


Moi parecido é o BOTZOW, outra enorme fábrica de cervexa xa non en uso, inmensa, sobrecolledora, e un pouco tétrica, reconvertida en lugar para exposicións, restaurante de luxo, etc, etc...
Alí tiven a sorte de poder admirar as últimas obras fotográficas de un dos meus ídolos, o fotógrafo de Lepzig (cidade cercana a Berlín) ANDRÉ GURSKY, en copias enormes de cinco por dous metros. Fotografías de reflexos de luces na auga, feitas en Bangkok



En Berlín hai tamén un interese moi grande pola cultura española e latinoamericana. Pódense atopar moitas, moitísimas librerías con libros en español, e mesmo en catalán e galego, e moitas interesantísimas liberías de SEGUNDA MAN, algo moi habitual na cidade. Unha moi bonita é a libraría SHAKESPEARE & SONS.


O concepto de LIBRARÍA é lixeiramente diferente ao noso...non son só tendas onde mercar, son espazos onde ESTAR, onde ler, tomar un café (neste caso con dulces feitos a man alí mesmo). En fín, nin o CLUBE DE LECTURA da Estrada pode competir con sitios asi. Si un día ides a Berlín, perderse polas súas librerías é unha experiencia que non se repite en ninguna outra cidade.

Unha libraría similar, máis modesta, pero con libros en castelán (e catalán) é LA ESCALERA  e tamén LA RAYUELA, na orilla do río SPREE no barrio de Kreuzberg.



Se o que buscades son cómics, edicións raras de fanzines e cousas frikis, en Berlín tamén hai para todos...
Só subir as escaleiras que levan a NEUROTITÁN é unha experiencia que non se olvida...entrar e curiosear por todo o que teñen alí xa é definitivamente inolvidable: edicións de fanzines, rarezas, libros de artista, cómics, pósters, serigrafías, debuxos, exposicións...Podes pasar alí un mes e non cansarte nunca...

Aquí podedes ver unha das nunca decepcionantes exposicións

Aquí a libraría en sí, frecuentada por xente de aspecto HIPSTER


Aquí unha vista da ESCALEIRA que sube á tenda...



E aquí unha das impresionantes esculturas steampunk de ferro que dan a benvida ao peculiar (moi peculiar) recinto no que se agocha a libraría...

Non é a única libraría de cómics, tamén é moi interesante a BIG ROBOT, (streetwear, xoguetes, libros, publicacións e cómics) aínda que despois de ver Neurotitán, todo che vai saber a pouco...



Hai moitas máis tendas de cómics, fanzines e todo o relacionado co STREET ART, que é a Berlín como o verde en Galiza, está por todas partes, vais onde vaias e mires onde mires...

Nunha destas librarías e amablemente acompañado por un excepcional guía como Omar Jaramillo, urban sketcher de Berkín, descubrín un interesantísimo artista, o belga Brecht Vandernbroucke, ilustrador e debuxante duns cómics moi orixinais, moi artie, moi cheo de humor negro, irreverente e distinto a todo o que estamos afeitos a ver por aquí...


Tamén moi interesante e chea de ironía é a obra de Aram Bartholl, que xoga coa presencia dos iconos propios da rede na nosa cultura visual. 


Outro artista que descubrín alí foi o fotógrafo Fran Kunert, que crea e fotografía pequenas e alucinantes escenografías...





E tamén Christoph Niemann, que traballa como ilustrador e artista cunha linguaxe sinxela e directa, próxima á estética do deseño gráfico, e que a bo seguro xa coñeceredes por algún dos seur doodles de GOOGLE



Ainda que non é alemán, como podedes adiviñar polo seu nome, MAYORAL é un artista que tamén descubrín en Berlín, un pintor e ilustrador que chegou a un curioso recoñecemento a través do seu blog, no que penduraba debuxos que facía nos seus ratos libres, xa que segun teño entendido, o seu "verdadeiro" traballo non tiña nada que ver coa arte....quen o diría...



Outro lugar onde atopar REVISTAS e publicacións desas non habituais de atopar, de todo tipo de temas (especialmente artísticos) en Berlín, é DO YOU READ ME?
Se non attopades aquí unha revista sobre arte, é que aínda non se fixo...seguro que teñen a PREBE e todo...



Outro destos lugares que non soen vir nas guías e que, si un día ides a Berlín, non vos podedes perder, é BETHANIEN, unha escola de artes que non se parece as de aquí, máis libre e independiente, máis dinámica e transversal, e un sitio tamén onde se pode ir como artista residente con taller (non é o único sitio onde se pode facer esto en Berlín)...Merece la pena ler ben todo o que fan e todo o que se pode facer alí...
AQUÍ, as súas actividades en inglés...
Non só está adicada ás artes plásticas, tamén a música e ó cine...




Un dos sinais de identidade de Berlín é o traballo artístico en colectividade, os WORKSHOPS, COWORKINGS varios e demáis. Unha idea do traballo en colectivo, respetuosa e civilizada, da que moito temos que aprender aquí...Unha das experiencias máis interesantes que atopei foi IDRAWALOT, local con obra de máis de cen artistas gráficos de todo o mundo.


Como gran lenzo de ARTE URBÁN, Berlín ten centos, por non decir miles de paredes cheas de graffitis, algúns anodinos, e moitos auténticas obras de arte, como o de BLU, na orilla do SPREE o seu paso por Kreuzberg...



Aquí podedes ver O PROCESO DE CÓMO O PINTOU:





E para rematar, se ides a Berlín e precisades pintura, lápices, pentels, papeis, carbóns, acuarelas, óleos, lenzos, O QUE SEXA, e nas cantidades, tipos e variedades que sexa, duas visitas obligadas para calquera artista (aínda que sexa virtualmente) son as inmensas tendas de BOESNER, e sobre todo, a MECA dos artistas, o PARAÍSO na terra, o PLANET MÓDULOR.





Despois de ver esta tenda, a vida non volve a ser igual...despois de coñecer Berlín, tampouco...


Outro día máis...

No hay comentarios:

Publicar un comentario