miércoles, 29 de enero de 2014

VIAXE Á CIDADE ETERNA



Entre o 21 e o 26 de xuño, algúns alumnos de 1º e 2º BAC asistirán a unha saída cultural á capital de Italia, Roma.
Sairemos o sábado 21 de xuño. Haberá que estar no aeroporto de Santiago as 14 horas. O avión sae as 16 horas e chega a Roma as 20 45.
Visitaremos a cidade, os seus barrios, monumentos e lugares máis interesantes o domingo, luns, martes e a mañá do mércores 25, día no que as 17 55 colleremos o voo de volta a Santiago, onde chegaremos as 20 45.
A viaxe ten un prezo de 495 euros, inclúe o voo, traslados en bus ao hotel (*** en zona Términi, hotel aínda por determinar), 4 noites de aloxamento e almorzo, seguro de viaxe e responsabilidade civil, tasas de aeroporto e 1 maleta por persoa, así coma talonario de rifas para os alumnos.
Inclúe tamén IVE e máis gastos de xestión.
Non inclúe Tasas de estancia en Roma, imposto de 2 euros por persona e noite, que deberá pagarse no hotel.
Tampouco inclúe comida e cena, xa que é preferible xantar pola nosa conta e así evitar ter que ir a un mismo punto dúas veces ao día, o que podería interferir en visitas e itinerarios. Non inclúe tampouco entradas a museos.
A axencia coa que fixemos o prexecto é Viaxes Barceló, en Santiago de Compostela.

Os alumnos asistentes entregaron o día 29 de xaneiro un primer ingreso de 45 euros para reservar o voo, e este ingreso lles será restado do importe a pagar en vindeiras datas.

No Hotel é habitual facer un depósito en recepción de 20 a 25 euros por persoa, en previsión de posibles desperfectos, cartos que serán devoltos aos alumnos o último día (se non hai desperfectos nas habitacións, lóxicamente).
Asistirán un total de 29 alumnos e dous profesores.

A viaxe, organizada polo departamento de Plástica ten por obxeto visitar e observar de primeira man importantes lugares, hitos do enorme pasado cultural romano, que influíron dun xeito evidente en toda a nosa cultura, arte e sociedade. Din que todos os camiños levan a ROMA e, en certo modo, tamén todos os camiños veñen de alí.

Dibuxaremos, tamén, polas rúas da cidade. Esta actividade é voluntaria e poderán sumarse a ela os alumnos que o desexen, sexan do bacharelato de artes ou non. Tentaremos contactar antes da viaxe cos Urban Sketchers de Roma, e visitaremos non só lugares importantes da cultura do pasado senón tamén do presente.

Roma é un monumento en sí mesma. As súas ruas, prazas, edificios, son en sí mesmas máis interesantes que calquera museo. É unha cidade para disfrutar, calquer lugar dela é un lugar onde a beleza é sempre sorprendente e abraiante. Por moitas veces que se visite a cidade, por moito que esteamos afeitos a vela en fotos ou no cine, visitar Roma sempre é unha experiencia única, e visitala cos compañeiros moito máis.

Aquí van algúns dos moitísimos lugares que poderemos ver...xa iremos facendo un planning preciso cando saibamos seguro o Hotel no que pasaremos a noite...admítense todo tipo de suxerencias:





O FORO ROMANO





O COLOSSEO






O PASEO POLO RÍO TIBER E A ISOLA TIBERINA











O PANTEÓN DE AGRIPA, un dos edificios más impresionantes do mundo




A BOCCA DELLA VERITÁ, a alcantarilla máis famosa do mundo...




O CIRCO MASSIMO, (ou o que queda del) o lugar onde se facían as carreiras de cuádrigas...



O TEATRO MARCELLO



A PRAZA DE ESPAÑA, lugar de encontro de xente xoven de todas as partes do mundo





A MÁXICA FONTANA DI TREVI, escenario de La Dolce Vita e un dos lugares máis visitados da cidade, e posiblemente de todo o mundo...









A BASÍLICA DE SAN PEDRO, o imponente templo central do catolicismo, coa maxestuosa obra de Miguel Ángel como protagonista



A ESCULTURA DE MOISÉS de Miguel Ángel, na igrexa de San Pietro in Vincoli




LA PIAZZA DEL POPOLO







A impresionante PIAZZA NAVONA









O BARRIO bohemio do TRASTÉVERE





A FONTE DO TRITONE




...E MIL COUSAS MÁIS...estos son só uns cantos exemplos do que veremos...suxeride os sitios que máis vos interese ver, ou outras cousas que ver...
Xa iremos publicando máis cousas...vémonos nas reunións ou neste blog!!

Agora toca ir facendo cousas para que a viaxe, ademáis de inolvidable, sexa barata !

ANDIAMO!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario