Ese día non só haberá festa no centro, senón tamén fóra del, no Teatro Principal, onde os alumnos de 4º celebrarán un FESTIVAL para recaudar cartos para a excursión.
Tanto o CARTEL do ENTROIDO (Isaac Rivadulla) como o do Festival (Ariadna Silva) foron deseñados polos alumnos de DESEÑO de 2º do Bacharelato Artístico.
Aquí tedes tanto o cartel do Entroido (os carteis participantes, polos que se votou estes días nesta mesma web, serán expostos polos pasillos esta semana) como os magníficos traballos feitos para o festival, para o que os propios alumnos de 4º exercieron de xurado.
Este traballo, ademáis do cartel, consistía en deseñar a entrada/programa de actuacións, de xeito acorde e coherente co propio cartel.
Todos os traballos feitos son moi bos, pero o escollido, de Ariadna, é impecable.
Seguro que coas actuacións que anuncia, o festival estará tamén á altura...
CARTEIS FESTIVAL PARA A EXCURSIÓN A BARCELONA
PROPOSTA ESCOLLIDA
No hay comentarios:
Publicar un comentario