lunes, 26 de diciembre de 2011

AGASALLO DE NADAL

O número 1 do fanzine de aTRAVESA xa está na rúa. Nas rúas de Compostela...pero tranquilos, desde A Estrada tamén pódese ver, descargándolo gratis via internet.
aTRAVESA é un taller colectivo aberto ao público na zona vella, Rúa Travesa 17, un taller onde 19 persoas traballan a diario: pintores, debuxantes, fotógrafos, escritores e escultores de Galicia, Arxentina, Bélxica e Alemaña (ata agora).
Abrimos este taller para achegar ao público o que facemos e como o facemos sen intermediarios e sin institución polo medio, de xeito cooperativista entre nós. Repartimos os turnos, as tarefas de limpeza...e as exposicións...cada dous venres FESTA, e exposición individual.
E exposición-taller colectivo permanente e cambiante.
Rexeitamos subvencións, axudas oficiais e calquera tipo de manipulación institucional.
Pensamos que a cultura debe parecerse máis a isto que a o que se parece agora, contido de quita e pon, blando e sen paixón, para edificios sin sentido que anegan os presupostos públicos e as cidades.
Quizais esteamos no certo, quizais nos equivoquemos, pero pasámolo ben polo camiño, que é do que se trata.
Cada trimestre editamos o noso fanzine "ATRAVESANDO..." (o resto do título cambia co trimestre e co número).
Se che podes facer cun orixinal impreso, verás que é unha serie limitada de 1000 exemplares con algunha das páxinas escrita a man...o exemplar dixital non chega a tanto, pero é prácticamente igual.
Que o disfrutedes. E cando queirades facernos unha visita ao taller, aquí estamos: de luns a sábado de 19 a 22 horas e ademáis sábado e domingo de 12 a 2.
























No hay comentarios:

Publicar un comentario