martes, 13 de diciembre de 2011

THOUGHT OF YOU, curtametraxe de animación 2d de Ryan Woodward



Nestes tempos nos que cando un oe falar de ANIMACIÓN todo o mundo asocia o concepto a 3d e a inxeniería óptica e fogos de artificio visuais e sonoros (o cal non ten nada de malo sempre que a historia que conten sexa boa e estea ben contada), parece un sopro de aire fresco ver algo SINXELO, feito coa técnica máis tradicional de animación, e con dúas ferramentas que sempre foron (e seguen a ser, por moitas gafas binoculares que se fabriquen) o CORPO HUMANO e O LÁPIS.
Cando a técnica é sinxela e non abraiante por si mesma é cando saen a relucir os verdadeiros talentos, a xente que é capaz de facer maxia, de facer sentir algo ao espectador, de usar con intelixencia e simplicidade a narrativa visual.

Ryan Woodwart é un deses artistas que non por non ser de moita sona é menos interesante.
A súa curta Thought of you forma parte dun longo proxecto chamado CONTE ANIMATED, que podedes seguir (ademáis de no enlace) na súa páxina de facebook.


De todas maneiras, como sei que hai xente moi sensible nas aulas do MGB, e sei que despois de ver esta curta algun(ha) xa estará chorando, non vou pechar esta entrada sin outra curta, máis gamberra e para botar unhas risas, aínda máis curta e aínda máis sinxela, onde o lápis é tamén protagonista, como o é o inxenio do autor...
Qué grande e afíada arma pode ser un lápis!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario