domingo, 18 de diciembre de 2011

LEMBRA QUE ÉS MORTAL



Así se chamaba o relato de Jonathan Nolan, irmán do cineasta Christopher Nolan, que serviu de base para a película MEMENTO, unha película do ano 2000 que vai gañando con tempo, e que sorprendeu a público e crítica pola súa peculiarísima estrutura narrativa.
Memento narra a historia dun home que sufre unha rara doenza, producida por unha agresión, que lle fai incapaz de crear novos recordos. Ten que apuntar as cousas que lle van pasando, a xente que vai coñecendo tralo incidente, e sobre todo, as pistas que lle leven ata a persoa da que quere vingarse, o atracador que lle fixo perder a memoria e que matou á súa muller.
O enorme mérito desta narración e lograr unha empatía total do espectador co personaxe principal, a base de facernos sentir a mesma incertidume e desasosiego que pasa o protagonista, que sucesivamente esperta e non sabe onde se atopa.
A maneira de facer que o espectador non saiba máis que o protagonista é contar a historia Ó REVES, dende o final ata o principio, no que iremos descubrindo cousas que nos farán perder esa empatía con personaxe protagonista.

MEMENTO é unha das 6 películas das que os alumnos de 4º ESO, na materia de PLÁSTICA, farán unha análise técnica e narrativa, vendo como o cine e a comunicación audiovisual son linguaxes nos que, como na literatura, moitos artistas nos contan esas belas mentiras que forman parte da nosa cultura e da nosa vida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario