jueves, 1 de diciembre de 2011

MGBSTEIN

Photobucket

A nosa cara, o noso rostro, é algo máis que o espello da alma...é o que máis nos define como persoas, o que máis nos diferencia dos demáis.
No mundo existen milleiros de millóns de persoas, e increiblemente, non hai dúas iguais. As diferencias, milimétricas, entre as proporcións das faccións, separación entre ollos, tamaños e inclinación das cellas, grosor dos beizos, etc, etc, fan que cada un de nos sexa diferente a todos os demáis seres do mundo.
Nin coa ciruxía estética é posible modificar DE VERDADE a alguén que se quere parecer a outra persoa...nin con horas e horas de maquillaxe e perruquería, a caracterización dun actor chega a ser totalmente fiel a quen representa. A nosa cara é inimitable, só e nosa, e ninguén a poderá copiar.
Ademáis, un rostro é algo vivo, o que somos agora non será igual mañá...dentro duns anos a nosa cara pareceráse a dos nosos pais e nais moito máis do que agora o poderíamos crer...o que somos e seremos XA ESTÁ EN NÓS, no noso ADN, é un modelado programado que xa está en marcha.

Debuxar, representar rostros, é o reto máis apaixonante para un debuxante, fotógrafo ou pintor...Atrapar esa esencia da persoa que a fai única é algo que pon a proba a calquera que teña un lapis ou unha cámara na man...non é doado, pero é a máxima expresión de o que é debuxar.

Podemos ver ata que punto as pequenas diferencias fannos moi diferentes, únicos...e podemos crear seres tamén únicos, que non existan todavía, con programas coma o GIMP ou o Photoshop...quen sabe se dentro duns anos veremos por A Estrada a alguén que se pareza ao noso MGBSTEIN...iso significaría que, unha vez máis, tería funcionado o verdadeiro motor deste mundo....o amor. Pero se non é desta maneira, será de outra...as combinacións con infinitas.

Nesta animación podemos ver como Alejandro é invadido sucesivamente pola barbilla de Andrés, o narís de Oscar, os ollos de Paula, os beizos de Orquídea e o pelo de Iago. Cada ser resultante é tan único como son cada un deles, cada un de nós


















Meryl Streep caracterizada, tras horas de maquillaxe, como Margaret Thatcher, para a película THE IRON LADY

2 comentarios: