sábado, 9 de febrero de 2013

BROMAS E TORTURAS PROPIAS DO ENTROIDO

Chegou o Entroido.
Os alumnos de BAC de artes tiveron un protagonismo especial: o cartel da festa foi realizado polo noso alumno de 2º Alejandro Mosteiro, que recibirá como premio 25 euros en material de debuxo e pintura (non lle vai dar para montarse un estudio pero algo é algo) , e o Concurso de disfraces tivo como premiadas a Patricia Calviño e Ariadna Silva, esta última tamén alumna de 1º Bac de artes (e a primeira, visitante ocasional).
O disfraz era moi bo, aínda que, todo hai que dicilo, o 90 por cento dos "disfrazados" viñeron en pixama ao instituto...paréceme a mín que para o ano os alumnos de bacharelato de artes van ter que facer de ASESORES de disfraces a uns cantos VAGOS (logo falan dos de Artes), que chaman disfraz á bata de andar por casa...


Aquí as premiadas, as "guiris", que se fixeron amigas (como soe pasar cos guiris) de toda canta xente estrafalaria que atoparon, como este corsario.


Pero si algo ten o Entroido é as bromas, o meterse uns cos outros, o CACHONDEO, en suma.
Posiblemente, os alumnos que viñeron a clase este último día, pensaron que isto era unha broma: pintar con pértigas de un metro e un rotulador atado na punta, ou debuxar no descampado xunto ao instituto, ao frío...
Pero non, o de pintar co "telemando" é unha maneira de afinar a precisión no debuxo...se un é quen de debuxar ben con esto...cando debuxe sen o pau, o resultado pode ser espectacular...

Aí tendes unhas cantas imaxes do día.

Disfrutade do carnaval!





E, como se pode ver, tamén as guiris pasaron pola tortura, con moi bo resultado...