Mostrando entradas con la etiqueta cristobal duran. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cristobal duran. Mostrar todas las entradas

viernes, 6 de junio de 2014

ENCARGO DE MURAL NO CEIP O FOXO

Para comezo do vindeiro ano escolar, os alumnos que para entón estean no 2º curso do bac. de artes plásticas (ou eso agardamos), comezarán o curso pisando forte, debuxando e pintando en gran formato, e nun lugar inmellorable e único: a "pinacoteca" de CEIP do Foxo.
Alá iremos o vindeiro día 11 de xuño, invitados polo propio centro, e seremos recibidos pola directora e por Xosé Luna, mestre, editor e impulsor dunha iniciativa máis que interesante: no citado colexio, artistas da zona pintan cada ano un mural de dous por tres metros. O mural de cada ano serve de base para o deseño corporativo dese ano escolar no centro: calendarios, libros, separapáxinas, etc, etc...
Para o curso 2014 2015 queren que sexan os alumnos do bacharelato de artes do MGB os que lles enchan un anaco da súa parede de cor.
Así que iremos todos ese mércores 11 de xuño, o vindeiro, a recoñecer o terreo, que os nosos alumnos vexan o que lles espera...e tamén que coñezan aos rapaces de 6º de primaria do Foxo, aos que dalgún xeito terán que integrar no traballo que van facer, que aínda está por inventar...

Que o verán lles traia moitas ideas...















GRAFITTI NO TEITO


Os alumnos de ARTES PLÁSTICAS de primeiro realizaron o pasado mes de maio un graffiti no que representábanse a eles mesmos, por medio de papeis pintados, troquelados e pegados no teito das escaleiras do IES que van do baixo ao primeiro andar.

O deseño foi idea de William Cabaleiro e máis de Cristobal Durán.

Outros anos os graffitis foron pinturas exteriores feitas coa técnica do estarcido, a máis usada no mundo do graffiti e street art.

Esta vez, os alumnos foron un paso máis alá e crearon a sensación imaxinaria de que o chan do primeiro andar é transparente, e a través del podemos ver aos alumnos saíndo atropeladamente das clases (suponse que cara ao Invictus).

O traballo comezou polo fotografiado dos alumnos, a proxeción na parede e debuxo con rotuladores sobre un rolo de papel continuo, e por último, o troquelado e pegado con cola ao teito.

Que dure moitos anos...ainda que a estes xa lles queda pouco MGB...












miércoles, 5 de marzo de 2014