Aquí está a orla dos alumnos que cursaron o Bacharelato de Artes Plásticas entre 2015 e 2017... Por orden de aparición Ariadna, Laura, Brais, Jessica, Diego (editor da orla), María Villamor, Paula, Sergio, María Brea, Miguel, Jennifer, Guillermo, Julia, Yábsera, Evelyn, Nuria e Noelia.
Todos colaboraron no traballo fotográfico, e no deseño. Que pasedes tan bo verán como o que mostra esta imaxen, que pronto colgará na aula de Debuxo Artístico, e teñades moita sorte nesta etapa que comeza...Ata sempre!!
O typex, líquido ou de cinta? A tortilla, pouco feita ou moi pasada? Se ides a un país onde coman insectos, tamén o fariades? Esta e outras preguntas sobre as que a humanidade aínda non chegou a unha conclusión, aquí, en EXTRARADIO#3
Xa está aquí EXTRARARIO, a emisora do García Barros. Debates sobre temas moi trascendentes e importantes para as nosas vidas, os temas que DE VERDADE IMPORTAN: Cando chove moito, móllaste máis correndo ou andando?... Pódeselle botar froita as pizzas?...As notas de clase, mostran a intelixencia dos alumnos?...Está ben mexar na rúa?...Hai que comer chuches nos centros escolares?...Está ben celebrar San Valentín?...estes temas e moitos máis, debatidos con paixón, e ás veces mesmo con argumentos, pero sempre con respecto e educación, que para iso vimos ao instituto. Un debate semanal no que todo o mundo é benvido, toda opinión é importante, e no que, como na vida, o absurdo é moitas veces o punto de partida para chegar a algures.
Estade atentos. EXTRARADIO xa está ON AIR. Podedes oílo e baixalo na nosa páxina de Soundcloud, deseñada por Brais García e Guillermo Fernández.
Cada semana (ou así) nas ondas a vosa emisora amiga...non só para escoitala, estades invitados a participar, a debatir e a falar cando queirades. Non importa se sodes alumnos, profesores, nais, pais ou avós...pero para ir abrindo boca...escoitade!! Estades ante o EPISODIO PILOTO
No taller de VOLUME, de 1º Bac estiveron deseñando BOMBÓNS, e facendo pequenos baleirados, a partires dun positivo en barro ou pasta de modelado.
Con eles fixemos un negativo de silicona para moldes de comestibles, e con estos moldes xa rematados e curados (despóis de tres días), fixemos os bombóns.
Os bombóns finalmente resultantes, de Amneris, Miguel, Inés e Eva, xa estaban listos para comer...
Pero o traballo non estaba rematado sen un elemento moi importante: a caixa, o PACKAGING.
No taller de DESEÑO, Guillermo e Nuria tomaron a responsabilidade de deseñar esta caixa. Vendo desenvolvementos xeométricos (neste imprescindible libro de Pepin Press -un dos moitos da súa colección, que ademáis inclúen Cds con demos-)
Ca mente posta no deseño de un dos bombóns, un MOAI, crearon unha marca co mesmo nome, nun exercicio de branding en tempo record, e deseñaron unha caixa con apertura corrediza, que contería seis bombóns,
Dos bombóns xa non queda nada...vivirán para sempre nos nosos recordos e en nosos bandullos, pero aí queda a caixa e os moldes, cos que poderemos fabricar máis...
E seguindo co interesante tema dos DESENVOLVEMENTOS XEOMÉTRICOS, que son de moito interés para nós, tanto no taller de DESEÑO como, sobre todo, no de VOLUME, atopamos unhas páxinas de curiosos desenvolvementos de obxetos tridimensionais, e aí estamos a facer un can, que pronto veredes na nosa aula.
Aquí embaixo tedes a imaxen du gorila, feita coa mesma técnica, e AQUÍ e AQUÍ, Apáxina onde podedes ver máis cousas destas, e descargar algunha das súas cousas.
O MGBOOK é, como veredes, un blog vivo, non só polos contidos, senón tamén polo seu DESEÑO.
A aula de deseño de 2º bac é a responsable de que este blog sempre teña unha cara nova coa que presentarse.
Esta que vedes é obra de Yábsera, e aquí embaixo podedes ver os anteriores deseños web.
Estada atentos, porque en breve teredes otro novo e sorprendente deseño ao abrir esta páxina...
Aquí o deseño de Evelyn Ramirez, cunha clara inspiración na arte urbana, a estética do graffiti, unha tipografía cun estilo handmade, e unha cabeceira que recupera o logo do mgb misturándose nunha ilustración co nome do blog cal firma graffiteira.
Un interesante e fortemente personal deseño.
A primeira deseñadora do blog, Jessica Iglesias, aproveitou para usar como cabeceira un collage a modo de mosaico, co gallo das votacións para a portada da revista Prebe (na que a súa foi a escollida), cun estilo similar, descriptivo e analítico á par que sinxelo, misturando recursos e imaxes sen complexos e logrando un resultado equilibrado e visualmente agradable. Na tipografía e aspectos cromáticos do blogue optou por un plantexamento máis conservador, aínda que elegante e amable na lectura e á vista.
Noelia Calvo optou por un deseño máis clásico, non só polo fondo utilizado, senón pola forza contida de fontes e cores, predominando cores frías.
Prescindindo de cabeceira e resolvendo esta carencia de forma brillante, dando un protagonismo inusual e acertado ao fondo, case sempre percibido como intrascendente, e que neste caso supera a súa presencia subliminal para se converter nun elemento potente e moi presente visualmente, contrastando as formas orgánicas dos cabelos pétreos do David coas liñas e formas equilibradas das masas do contido do blog.
O deseño de Yábsera Ortega , sorprendente e rupturista en relación aos anteriores, cunha tipografía de cabeceira e de títulos de entradas tipo stencil, aínda que con reminiscencias futuristas, reforzadas ca imaxen de fondo escollida, no que parece ser un conxunto de fractales metálicos
Cunha paleta tamén contida en tonos grises, o blogue suxire tanta sinxeleza como forza, faise doado de ler e resulta agradabla á vista, aínda que cun punto inquietante, o cal invita aínda máis á lectura.
......estes son os deseños ata hoxe, dazaseis de Novembro...pero virán máis, e deseguro que moi interesantes. Permanecede atentos a esta pantalla...
Na materia de Bac de Artes VOLUME, estamos a traballar con materiais que se veñen utilizando durante milleiros de anos, non só de maneira artística, senón para crear volumes útiles dende o punto de vista artesanal-industrial.
Na nosa terra temos multitude de exemplos deses oficios esquencidos, desas labouras artesanais, polas que nunca pasou o tren da industrialización, que se mantiveron sempre como oficios, e que nalgúns casos morreron como tales, e noutros perviven, xa sea dunha maneira testimonial, cara ao turismo ou ao recordo, ou loitan por se manter vivos nun mundo globalizado no que as denominacións de orixe e fabricación artesanal teno moi difícil.
Sen embargo, a posta en valor, precisamente, destes oficios vellos, a eclosión de pequenas empresas que buscan resucitar moitos destos vellos oficios, abren un camiño á esperanza nun estilo de fabricación, no que sen dúbida, Galicia tería moito que dicir.
O ECOMUSEO DE ARXERIZ, na provincia de Ourense, é un (de moitos) exemplo desa posta en valor, moi necesaria, deses vellos oficios, a meirande parte deles relacionados coa construcións de obxectos, e por tanto, co VOLUMEN e tamén co DESEÑO, materias que impartimos aquí.
Os cesteiros, alfareiros, construtores de dornas e barcas, madereiros, canteiros...foron quen de levar a cabo un traballo digno de recoñecemento e admiración, coas súas máns, e cunha concepción do deseño baseado na sinxeleza e a racionalidade, sempre con materiais da terra, e cunha perspectiva "ecolóxica" aínda que nesa época non estivera de moda esa palabra, (porque non facía falla).
Aquí podemos ver exemplos de cestas feitas con mimbios (coma estamos a traballar nós) ou salgueiros, xarras feitas por alfareiros que tiveron que facerse o seu torno de pedra, sen máis motor que as súas pernas ou brazos, cestóns de pesca construidos con mimbios e toxos, odres feitos con peles de cabra...ferramentas sacadas da natureza, útiles, sinxelas e non contamiñantes.
Pode que o noso pasado nos ensine moitas claves para o futuro...o noso pasado ten moito que nos ensinar. Non o perdamos de vista...
Neste documental, CAL VIVA, CAL MORTA, A DERRADEIRA FESTA, podedes coñecer un deses oficios que practicamente desapareceron, e que crearon moita riqueza en Galicia, o de caleiro. E no desenvolvemento da festa, veredes outros oficios que aínda sobreviven, coma o de alfareiro, zoqueiro, etc...