Mostrando entradas con la etiqueta alba novoa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta alba novoa. Mostrar todas las entradas

martes, 5 de junio de 2012

O CLUBE DE FOTO NO PAZO DO PREGUECIDO E PONTENOGUEIRA

Onte, 4 de xuño, día de moita calor, estivemos no clube de FOTO do MGB (aínda que con moitas baixas por exames) facendo fotos en Aguións City, preto de A Estrada, un sitio moi bonito, no que tivemos como guía a Paula. Fixemos moitas fotos na zona de Pontenogueira, e nos arredores do Pazo de Preguecido, non que non poidemos entrar, xa que é propiedade privada.
Pero o CFMGB non se para ante nada, e aquí tedes as primeiras fotos, de ALBA NOVOA...Iremos subindo máis, estade atentos!!


















lunes, 21 de mayo de 2012

ATA SEMPRE

Os alumnos de 2º BAC deixan o instituto, despois de uns cantos anos nos que deixaron a súa pegada entre estas paredes, e as súas chuletas baixo algunha mesa.
Os de bacharelato de artes, ademáis, son e serán sempre a PRIMEIRA PROMOCIÓN deste Bacharelato, no IES MGB de A Estrada.
Iago, Lorena, Paula, Alba, Diego, Rosa, Andrés, Micael, Fátima e Marta son os alumnos que estrenaron a aula de debuxo artístico e técnicas de expresión gráfica, os alumnos que estrenan titulación, os que pasaron as dificultades e as apreturas típicas nunha nova especialidade que comeza a andar, e os que para sempre figurarán nesa primeira orla, ideada por Lorena, na que, nun patio de veciños, os dez elexidos posan fotografiados por Paula.
Non son bos tempos para ser xoven neste país, que xa fai tempo desprazou a xuventude do protagonismo e condenou a brillantes estudiantes e xente con moita capacidade ao ostracismo, mentres a cultura do pelotazo fixo acadar poder e cartos a individuos de escasa formación e aínda menos catadura moral.
Ser xoven hoxe en día require ter unhas esperanzas blindadas, e uns soños de ferro, a proba de tantas cousas éticamente insoportables que están a pasar.
Pero tamén son eles, a mocidade, os que teñen a chave para cambialo.
Esa chave quizáis se chame CREATIVIDADE.







miércoles, 21 de marzo de 2012

PRIMEIROS GRAVADOS E PINTURAS

Photobucket

No taller empezamos a darlle as gubias e as planchas de linóleo. E tamén a pintura. Ríos de tinta corren pola aula de debuxo. E os resultados xa empezan a asomar...Aquí tedes algúns, e tamén imaxes do proceso de traballo. A imaxen de arriba amosa as diferentes etapas (prancha e diferentes estampacións) dunha imaxen de Alberto Barros.

O gravado é un conxunto de técnicas artísticas que teñen por obxectivo crear unha SERIE LIMITADA de imaxes. O seu uso está centrado hoxe nas artes plásticas, xa que o seu uso como reproducción industrial de imaxes quedou obsoleto coa aprición da imprenta, e moito máis hoxe en día coa gran revolución da imaxen que supuso a infografía e sobre todo, internet.
A imperfeción das imaxes resultantes, e o proceso mestura de artesanal e mecánico danlle unha especial aura a este tipo de técnicas, que resultan tamén moi interesantes mesturadas con outras formas de reproducción de imaxes en serie, como a fotografía ou a fotocopia.
O proceso de gravado consiste en furar unha prancha de madeira, metal, ou material análogo a algún deles (metacrilatos, resinas, linóleos...) por medio de gubias, entintar a prancha resultante, e estampar a prancha entintada nun papel por medio dunha imprenta rudimentaria chamada TÓRCULO.
As series do gravado son limitadas e isto vai ser o que estabelecerá o prezo da imaxen artística final (unha imaxen dunha serie máis limitada será máis cara).

O gravado pode ser en OCO ou en RELIEVE, dependendo de cal será a parte da prancha que manterá a tinta para ser impresa, a parte furada ou a parte non furada, respectivamente. O gravado que faremos na clase será en RELIEVE (linoleografía), un tipo de gravado limpo, que non precisa disolventes, ácidos, nin a infraestrutura do gravado en metal, que inclúe produtos corrosivos e tóxicos, e precisa de extratores e lugares de traballo moi ben ventilados, dos que non dispoñemos polo de agora.

Aquí vemos dúas imaxes de traballos xa estampados de Miguel Baliño

Unha prancha de linóleo de Iago Fernández


Outra imaxen estampada de Alba Novoa, da que tamén fixo unha interpretación pintada, ambas baseadas nunha foto de Jean Loup Sieff


Fotografías dos alumnos traballando



Aquí temos a PINTURA de Alba similar ao gravado anterior


E aquí un boísimo debuxo de Marta Quinteiro


E unha pintura de Ariadna Silva, de 4º ESO













martes, 6 de marzo de 2012

CLUBE DE FOTO NEWS

Despois da primeira ruta fotográfica, e a  espera de publicar as nosas primeiras imaxes, publicamos aquí a proposta para unha SEGUNDA RUTA, que podedes comentar aquí mesmo.
Aquí tedes o mapa...sería ir andando ao Pazo de Preguecido e mais a Fervenza do Barranco da Pina.
Uns 3 kilómetros o camiño de ida (a volta un pouco menos, xa que se imos antes ao pazo, a fervenza podería facerse no camiño de volta- máis ou menos é o mesmo camiño que o que fixemos na primeira ruta, levaría unhas dúas horas e media, contando que faremos varias paradas para facer fotos-.
Nos comentarios podedes poñer a data que mellor vos ven, preferiblemente xa a finais de marzo ou primeiros de Abril.
Estade atentos que en breve veredes aquí AS NOSAS FOTOS.

martes, 14 de febrero de 2012

NACE O CLUBE DE FOTO

logoclubefoto

Coa votación ao LOGOTIPO do noso CLUBE DE FOTO o damos por ben nacido. A súa presentación en público será o venres 17, (o día de entroido) no primeiro RECREO (10.25h) na aula de DEBUXO ARTÍSTICO. Alí veremos CANTOS SOMOS, e falaremos do que imos facer...admítense propostas.
A idea inicial é facer saídas polos alrededores do instituto, pola cidade, ou por onde sexa (mesmo facer unha saidiña de cando en vez a algún lugar digno de fotografiar) máis ou menos unha vez ao mes, intercambiar cámaras e imaxes, subilas ao blog, comentalas, falar de fotógrafos que nos (vos) gusten...e sobre todo, pasalo ben, e pasalo tempo dándolle ao botón que agora xa non se gasta carrete!!

O logo é obra de Paula Pájaro e Alba Novoa, que botaron man para facerse co concurso das novas tecnoloxías (e non me refiro ao Photoshop senón ao TUENTI)


Aquí tedes o logo en PDF, vectorizado e a plena calidade, que podedes DESCARGAR


martes, 31 de enero de 2012

VAIA CARA QUE TRAES HOXE

O barro pode ser un proceso intermedio moi útil para facer MÁSCARAS, xa sexa mediante un proceso de baleirado, ou facendo sobre él un positivo-molde cun material fino e lixeiro como o PAPEL encolado, técnica que ten o nome de PAPEL MACHÉ.
Esta técnica, cuio nome ven do italiano "papel masticado" consiste báscicamente en encolar e mollar papel para convertilo nunha pasta que se endurece e adopta a forma á que foi acoplada previo o endurecemento, neste caso á máscara de arcilla.
Aquí temos imaxes do proceso de elaboración de máscaras de Diego, Andrés, Paula, Alba e Iago, todos de segundo curso. Podemos ver as caras modeladas, a escala humana, para que poidan servir como máscaras, outras imaxes logo de aplicarlles papel albal (para poder botar encima o papel encolado sen que se pegue ao barro), e máis fotos do proceso xa de pegado sucesivo de capas de papel.

















Outra maneira de facer unha máscara de nós mesmos e usar de novo o arginato, con moito coidado esta vez, xa que necesitaremos respirar durante o proceso de baleirado da nosa propia cara, e para elo deberemos poñer o arginato deixando oco para poder respirar, ou ben axudarnos cuns tubos de cartulina.
Os resultados son sempre sorprendentes