Mostrando entradas con la etiqueta banda deseñada. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta banda deseñada. Mostrar todas las entradas

miércoles, 30 de noviembre de 2016

NOVO RAPAZ NO INSTITUTO

Estes días imos ter a sorte de contar nas aulas de debuxo artístico, plástica e volume a un novo "alumno". Aínda que non é alumno do IES, senon do Master para profesorado de ensinanza secundaria. Para os alumnos será un profesor/observador/compañeiro e, desde logo, alguén do que aprender moitísimo.
Miguel Ángel Vigo Baleirón, que así se chama "o novo", é un artista polifacético. Escultor, modelador dixital, ilustrador, debuxante de BD...e moi bo en todos os campos artísticos que toca.
Acaba de rematar esta mesma semana unha exposición ("Extramundi") da súa obra escultórica no Pazo Torrado de Cambados.
Recentemente espuxo tamén a súas pezas na galería Art Deal Project en Barcelona.

Como debuxante e ilustrador traballou recentemente como colaborador do programa Espejo Público de Antena 3 facendo ilustracións de sucesos.
Traballou tamén como debuxante de BD e ilustración con Urco Editorial e El Patito Ed., foi
Concept artist y Character design para videoxogos e cofundador e artista dixital en Wintersun Studios.
Como artista podemos destacar de Miguel a súa excelencia técnica, meticulosidade no traballo, e a interesante mestura entre o clásico e as propostas innovadoras e sorprendentes que conviven na súa obra, precisa, inquietante e desasosegante.
Aquí temos algúns exemplos. Toda unha sorte telo no MGB, que todos temos que aproveitar... Fagamos que o mundo do ensino gañe un gran profesor.









viernes, 4 de noviembre de 2016

BANDA DESEÑADA FEITA EN JAM SESSION

Os grupos de 1º e 2º de Bac de Artes acaban de rematar o proceso de ENTINTADO das BDs que, construídas cadriño a cadriño, entre todos e cada un deles, vos sorprenderán no número 5 da revista PREBE.
Tanto o desenvolvemento argumental, como o debuxo foise repartiendo entre todo o grupo, que foi creando o guión conxunta e expontáneamente...e vaia guións: un tren como metáfora do destino que nos leva nunha viaxe descoñecida...e a outra historia, cun tono moi diferente, un conto de caníbales estradenses que se agochan, despóis da "movida", nun vello Spar...
A única condición era que nas viñetas que debuxaban os alumnos, ao menos unha delas tiña que conter perspectivas cónicas, de un ou dous pfs.
Deixámosvos coas capas das dúas historias, obras de Amneris Thais e Laura Rivero...vémonos en PREBE#5 !!!











jueves, 3 de diciembre de 2015

A TRES BANDAS

A TRES BANDAS é un cómic en liña, que conta como funciona a narrativa visual, en particular a BANDA DESEÑADA, partindo precisamente da lectura dunha banda deseñada.
O webcómic consta de 19 capítulos de 6 páxinas, todos eles autoconclusivos aínda que con relación entre sí, nos que Ramón e Matías vannos contar, desde dentro dunha BD, como é ese mundo dende o que nos falan. Nos últimos capítulos nos contarán como podemos abordar a creación da nosa propia BD, e despóis destas historias, poderemos consultar o apartado de Preguntas e Respostas Frecuentes, interesantes tanto para alumnos como para profesores, para poder aplicar o cómic ao uso na aula.
A TRES BANDAS pronto estará disoñible no REPOSITORIO DE CONTIDOS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, tanto en galego como en castelán e máis en inglés.
Aquí tedes un adianto, o cómic en galego. Que o disfrutedes...












O proxecto A TRES BANDAS inclúe, ademáis da BD en liña nas tres línguas, complementos como GIFs animados que mostran, de maneira VISUAL, temas como as SOMBRAS, PERSPECTIVAS ou REFLEXOS: