Mostrando entradas con la etiqueta marta quinteiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta marta quinteiro. Mostrar todas las entradas

lunes, 21 de mayo de 2012

ATA SEMPRE

Os alumnos de 2º BAC deixan o instituto, despois de uns cantos anos nos que deixaron a súa pegada entre estas paredes, e as súas chuletas baixo algunha mesa.
Os de bacharelato de artes, ademáis, son e serán sempre a PRIMEIRA PROMOCIÓN deste Bacharelato, no IES MGB de A Estrada.
Iago, Lorena, Paula, Alba, Diego, Rosa, Andrés, Micael, Fátima e Marta son os alumnos que estrenaron a aula de debuxo artístico e técnicas de expresión gráfica, os alumnos que estrenan titulación, os que pasaron as dificultades e as apreturas típicas nunha nova especialidade que comeza a andar, e os que para sempre figurarán nesa primeira orla, ideada por Lorena, na que, nun patio de veciños, os dez elexidos posan fotografiados por Paula.
Non son bos tempos para ser xoven neste país, que xa fai tempo desprazou a xuventude do protagonismo e condenou a brillantes estudiantes e xente con moita capacidade ao ostracismo, mentres a cultura do pelotazo fixo acadar poder e cartos a individuos de escasa formación e aínda menos catadura moral.
Ser xoven hoxe en día require ter unhas esperanzas blindadas, e uns soños de ferro, a proba de tantas cousas éticamente insoportables que están a pasar.
Pero tamén son eles, a mocidade, os que teñen a chave para cambialo.
Esa chave quizáis se chame CREATIVIDADE.







miércoles, 21 de marzo de 2012

PRIMEIROS GRAVADOS E PINTURAS

Photobucket

No taller empezamos a darlle as gubias e as planchas de linóleo. E tamén a pintura. Ríos de tinta corren pola aula de debuxo. E os resultados xa empezan a asomar...Aquí tedes algúns, e tamén imaxes do proceso de traballo. A imaxen de arriba amosa as diferentes etapas (prancha e diferentes estampacións) dunha imaxen de Alberto Barros.

O gravado é un conxunto de técnicas artísticas que teñen por obxectivo crear unha SERIE LIMITADA de imaxes. O seu uso está centrado hoxe nas artes plásticas, xa que o seu uso como reproducción industrial de imaxes quedou obsoleto coa aprición da imprenta, e moito máis hoxe en día coa gran revolución da imaxen que supuso a infografía e sobre todo, internet.
A imperfeción das imaxes resultantes, e o proceso mestura de artesanal e mecánico danlle unha especial aura a este tipo de técnicas, que resultan tamén moi interesantes mesturadas con outras formas de reproducción de imaxes en serie, como a fotografía ou a fotocopia.
O proceso de gravado consiste en furar unha prancha de madeira, metal, ou material análogo a algún deles (metacrilatos, resinas, linóleos...) por medio de gubias, entintar a prancha resultante, e estampar a prancha entintada nun papel por medio dunha imprenta rudimentaria chamada TÓRCULO.
As series do gravado son limitadas e isto vai ser o que estabelecerá o prezo da imaxen artística final (unha imaxen dunha serie máis limitada será máis cara).

O gravado pode ser en OCO ou en RELIEVE, dependendo de cal será a parte da prancha que manterá a tinta para ser impresa, a parte furada ou a parte non furada, respectivamente. O gravado que faremos na clase será en RELIEVE (linoleografía), un tipo de gravado limpo, que non precisa disolventes, ácidos, nin a infraestrutura do gravado en metal, que inclúe produtos corrosivos e tóxicos, e precisa de extratores e lugares de traballo moi ben ventilados, dos que non dispoñemos polo de agora.

Aquí vemos dúas imaxes de traballos xa estampados de Miguel Baliño

Unha prancha de linóleo de Iago Fernández


Outra imaxen estampada de Alba Novoa, da que tamén fixo unha interpretación pintada, ambas baseadas nunha foto de Jean Loup Sieff


Fotografías dos alumnos traballando



Aquí temos a PINTURA de Alba similar ao gravado anterior


E aquí un boísimo debuxo de Marta Quinteiro


E unha pintura de Ariadna Silva, de 4º ESO













jueves, 1 de diciembre de 2011

PINTANDO PES


Photobucket

Se alguén está interesado en exercer de modelo de pes, máns ou caras, diríxase a aula de debuxo artístico. Non todo o mundo ten inmortalizado o seu pe en varios debuxos...Marta Quinteiro SÍ

viernes, 11 de noviembre de 2011

PREBE XA QUENTA MOTORES

Photobucket


64 MILLÓNS DE INGREDIENTES
VARIAS DUCIAS DE COCIÑEIROS

PREBE, a nosa revista, promete ser un menú para gourmets, una sucesión de pequenos pero boísimos platos gráficos.
Comandada polos alumnos de Bacharelato Artístico, pero aberta a todo o que queira participar nela, hoxe comezou a preparación do principal entrante: A PORTADA.
O principal chef disto non foi un alumno ou alumna...foron un pai e unha nai: os de Marta Quinteiro, que fixeron unha empanada que durou máis ou menos o que pode verse aquí (despois de facerlle a correspondente sesión de fotos).
Se toda a revista ten o sabor desta empanada, podemos estar seguros de que o que nos agarda é demasiado bo para poder contalo en palabras.
Tamén hai que agradecer a colaboración de Teresa, nai de Iago, que nos cedeu amablemente o falso viño do noso set (é Cocacola) e a Paula e a Diego que fixeron de improvisados modelos brindando con cocacola e pintura, respectivamente.
En manos dos alumnos de 2º queda agora convertir esas fotos nunha portada que será a nosa PRIMEIRA portada, a do NÚMERO 1 de PREBE.

Sabemos que non aguantaredes a espera tranquilamente, tedes que ser fortes e permanecer atentos as nosas novas

jueves, 13 de octubre de 2011

MÁIS FOTOS


































Non podían faltar aquí as fotos (algunhas delas) do ÚLTIMO día de cámara estenopeica, que por algunha ESCURA razón soen saír as mellores...(como os últimos bombóns da caixa)...Tivemos moi bos días todas estas prácticas, increiblemente bos para ser outubro...xa se pode ver na roupa veraniega dos fotógrafos.

As imaxes foron positivadas cunha fotocopiadora, e por iso teñen un forte contraste e peor definición que as anteriores (ao menos, os positivos) pero isto é unha mostra de que podemos botarnos a facer e positivar imaxes fotográficas con moitas cousas, e unha delas non ter porque ser unha cámara. O que sí que ten que estar presente sempre é a imaxinación (e as ganas de pasalo ben).

Agora, os alumnos de 2ºBAC colgan as caixas de cartón e papel albal e mergúllanse no mundo da ilustración...despois de ver estas fotos, isto promete...permanecede atentos a esta pantalla.

martes, 4 de octubre de 2011

IMAXES DE LUZ E CARTÓN

A cámara escura ou cámara estenopeica é fotografía no seu estado máis puro... unha imaxe feita con luz, que se forma e estampa nun papel ao atravesar un burato feito nunha caixa, sen máis.
As posibilidades estéticas que se poden obter con esta forma de facer fotos son enormes: os tempos de obturación longos, a infinita profundidade de campo...e por suposto, o feito de facelas en grupo, fai que as ideas se multipliquen, e cada día de traballo sexa mellor que o anterior.Non hai tempo para facer moitas, pero algunhas son boas, moi boas: aquí temos algúns exemplos...fotos de Diego Fernández, Rosa Neira, Iago Fernández, Marta Quinteiro, Fátima Maquieira e Paula Pájaro

































Hai moitos artistas que utilizan a cámara escura, e incluso moitos que SÓ utilizan a cámara escura como medio de expresión.
A fotografía convírtese, nas súas imaxes, non nunha pegada da realidade na que se busca a verosimilitude, senón nunha linguaxe artística propia que reflexiona, nun interesante xogo metalinguístico, co propio medio.
Como exemplos, as fotografías de Abelardo Morell, que retrata cunha cámara escura cidades do mundo DENDE as habitacións de hoteis, á súa vez convertidos en cámaras escuras mediante un buraco na fiestra.
Tamén interesante é o proxecto de Patricia Durillo e Jerome González, no que do mesmo xeito (unha cámara escura dentro doutra) retratan a súa propia intimidade.
E no menos curiosas son as imaxes que nos mostrou a alumna Alba Novoa, do fotógrafo Justin Quinell, que mete unha cámara escura dentro da súa boca e retrata o seu mundo dende alí...



Hai xente para todo