Mostrando entradas con la etiqueta tania barral. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta tania barral. Mostrar todas las entradas

viernes, 6 de junio de 2014

ENCARGO DE MURAL NO CEIP O FOXO

Para comezo do vindeiro ano escolar, os alumnos que para entón estean no 2º curso do bac. de artes plásticas (ou eso agardamos), comezarán o curso pisando forte, debuxando e pintando en gran formato, e nun lugar inmellorable e único: a "pinacoteca" de CEIP do Foxo.
Alá iremos o vindeiro día 11 de xuño, invitados polo propio centro, e seremos recibidos pola directora e por Xosé Luna, mestre, editor e impulsor dunha iniciativa máis que interesante: no citado colexio, artistas da zona pintan cada ano un mural de dous por tres metros. O mural de cada ano serve de base para o deseño corporativo dese ano escolar no centro: calendarios, libros, separapáxinas, etc, etc...
Para o curso 2014 2015 queren que sexan os alumnos do bacharelato de artes do MGB os que lles enchan un anaco da súa parede de cor.
Así que iremos todos ese mércores 11 de xuño, o vindeiro, a recoñecer o terreo, que os nosos alumnos vexan o que lles espera...e tamén que coñezan aos rapaces de 6º de primaria do Foxo, aos que dalgún xeito terán que integrar no traballo que van facer, que aínda está por inventar...

Que o verán lles traia moitas ideas...















GRAFITTI NO TEITO


Os alumnos de ARTES PLÁSTICAS de primeiro realizaron o pasado mes de maio un graffiti no que representábanse a eles mesmos, por medio de papeis pintados, troquelados e pegados no teito das escaleiras do IES que van do baixo ao primeiro andar.

O deseño foi idea de William Cabaleiro e máis de Cristobal Durán.

Outros anos os graffitis foron pinturas exteriores feitas coa técnica do estarcido, a máis usada no mundo do graffiti e street art.

Esta vez, os alumnos foron un paso máis alá e crearon a sensación imaxinaria de que o chan do primeiro andar é transparente, e a través del podemos ver aos alumnos saíndo atropeladamente das clases (suponse que cara ao Invictus).

O traballo comezou polo fotografiado dos alumnos, a proxeción na parede e debuxo con rotuladores sobre un rolo de papel continuo, e por último, o troquelado e pegado con cola ao teito.

Que dure moitos anos...ainda que a estes xa lles queda pouco MGB...












lunes, 6 de mayo de 2013

FOTOS E MÁIS FOTOS...

Os alumnos de E.Plástica e Visual continúan a facer fotografías coas cámaras escuras, a meirande parte delas simples botes de Colacao. Os resultados están a ser moi bos, grazas ao "verániño" de 5 días que tivemos e que permiteu un traballo rápido e ben iluminado. Aqui podedes ver non só as fotos xa positivadas, senón tamén o traballo no laboratorio, non tan escuro como a cámara, pero casi.


A luz, esa gran amiga dos debuxantes e dos fotógrafos...(e por agora, gratis)



















































domingo, 28 de abril de 2013

MÁIS FOTOS CON CÁMARA ESCURA

Aquí temos unhas cantas fotografías máis feitas con cámara estenopeica.
Nalgunhas delas podemos observar o efecto ollo de pez, ou supergranangular que se consegue utilizando como cámaras botes cilíndricos (cola-cao) que amplían a distancia focal ata un ángulo de prácticamente 180º, que deforma a perpectiva do colexio respecto a nosa percepción visual habitual.
Os tempos de obturación foron cortos (para tratarse de cámaras estenopeicas) debido ao bo tempo, (uns dez ou vinte segundos). Iso permiteu poses un pouco máis cómodas para os modelos, e tamén xogar con efectos de movemento (a cara de Sarai na última foto desta serie).
Aparecen nestas fotos Carlos López, as irmáns Lara e Jessica Pantoja, Marta Nogueira, Vanessa Domínguez, Sarai Louzao, Andrea Barreiro, Tania Barral e Soraya Domínguez.
Moitos deles son os propios autores das fotos.





































martes, 23 de abril de 2013

OS ALUMNOS DE CUARTO E AS FOTOS DE CÁMARA ESTENOPEICA.

A cámara estenopeica ou cámara escura é a máxima (ou habería que dicir a mínima) expresión do minimalismo fotográfico, é facer fotos só con unha caixa (ou un bote de Colacao, coma no caso de Andrea Barreiro, Soraya Domínguez ou Carla Rey) e revelalas e procesalas artesanalmente...
Facer unha cámara escura é moi fácil: só é preciso ter unha caixa ou bote, cartulina negra, papel albal, un alfiler...e para facer e revelar as fotos, papel fotográfico, e os líquidos (revelador e fixador) necesarios para facer visible e fixar a imaxen.
Nada que non poda facer calquera...pero poucos con tranta gracia como os alumnos e alumnas de 4º ESO.
Aquí temos unha boa mostra das súas primeiras fotos. Como primeiras que son, algunhas saíron mellor que outras, pero é cuestión de práctica que todas acaben lucindo como recén saídas dunha NIKON...

Andrea Barreiro, Vanessa Domínguez, Sarai Louzao, Soraya Domínguez, Carla Penas, Andrea Souto e Tania Barral son as autoras destas fotos. As primeiras pero non as últimas....


















miércoles, 10 de abril de 2013