Mostrando entradas con la etiqueta andrea barreiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta andrea barreiro. Mostrar todas las entradas

domingo, 28 de abril de 2013

MÁIS FOTOS CON CÁMARA ESCURA

Aquí temos unhas cantas fotografías máis feitas con cámara estenopeica.
Nalgunhas delas podemos observar o efecto ollo de pez, ou supergranangular que se consegue utilizando como cámaras botes cilíndricos (cola-cao) que amplían a distancia focal ata un ángulo de prácticamente 180º, que deforma a perpectiva do colexio respecto a nosa percepción visual habitual.
Os tempos de obturación foron cortos (para tratarse de cámaras estenopeicas) debido ao bo tempo, (uns dez ou vinte segundos). Iso permiteu poses un pouco máis cómodas para os modelos, e tamén xogar con efectos de movemento (a cara de Sarai na última foto desta serie).
Aparecen nestas fotos Carlos López, as irmáns Lara e Jessica Pantoja, Marta Nogueira, Vanessa Domínguez, Sarai Louzao, Andrea Barreiro, Tania Barral e Soraya Domínguez.
Moitos deles son os propios autores das fotos.





































miércoles, 10 de abril de 2013

martes, 29 de enero de 2013

COAS MANS NA MASA

Os alumnos de 4º andan coas mans na masa, ou máis concretanmente, no BARRO.
Modelando figuras, broches, obxetos, e todo tipo de cousas que prometen acabar tendo moi boa pinta.
Aquí unhas fotos da OPERACIÓN BARRO...

 Tania, Alba, Soraya e Andrea coas mans na masa
 O esquelete da figura que van comezar a modelar, obsequio de Marisa Otero, que tamén lle da (e moi ben) a esto de modelar.
 Unhas alumnas modelando unha figura, a seis mans...
 O home musculoso que fan estas alumnas non é que sexa o David de Miguel Angel, pero eso sí, está mellor dotado...


En pouco tempo subiremos máis cousas, tanto de 4º eso como de 1º de Bacharelato de Artes, que están tamén traballando con alginato, cartón fallero, e outras formas de modelado e baleirado...