Mostrando entradas con la etiqueta andres nodar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta andres nodar. Mostrar todas las entradas

sábado, 15 de febrero de 2014

PERSPECTIVAS A CATRO BANDAS

Durante estes días podedes ver na CAFETERÍA algúns dos traballos colectivos de PERSPECTIVA CÓNICA dos alumnos de 2º BAC, traballos nos que un alumno facía un primer debuxo, a tamaño a3, dunha perspectiva no centro. Outro a ampliaba a tamaño A2 ou maior, tomando como base esa primeira perspectiva, e outros dous alumnos finalizaban o traballo introducindo personaxes a diferentes escalas, ampliando así a percepción espacial dada pola propia perspectiva. Durante esta semana continuarán expostos no centro.



















































jueves, 6 de febrero de 2014

CONCURSO ONLINE DE CARTEIS DE ENTROIDO

Os alumnos de 2º BAC de Artes deseñaron un cartel para a festividade do ENTROIDO no Instituto.
Os carteis presentados someteránse a votación popular durante unha semana. Podes votar na barra da dereita. Escolle o teu favorito.
Vota UN só cartel. Non fagas trampa, máis dunha votación por IP invalida a encuesta...
O plazo para votar é ATA O DÍA 20 Febreiro.
Mira ben os carteis. Pincha na imaxen para agrandala e observaa con atención...
Verás que na encuesta hai ata 13 números, e non hai tantos carteis nas imaxes. Isto é porque en vindeiros días poderase subir algúns máis. Se queres agardar a que estean todos subidos á páxina podes ir pensando o teu voto e votar nuns días...
O nome dos autores non aparece, aínda que unha vez sexa votado o mellor, o cartel gañador levará o nome do autor, que recibirá un premio. O ano pasado o cartel gañador foi deseñado polo exalumno Alejandro Mosteiro

                               CARTEL 1
                                                                


CARTEL 2


                                                        CARTEL 3





CARTEL 4



CARTEL 5




CARTEL 6






CARTEL 7






CARTEL 8


CARTEL 9




CARTEL 10


miércoles, 10 de abril de 2013

sábado, 2 de marzo de 2013

PERSEGUINDO SOMBRAS



Estes días estivemos debuxando SOMBRAS, estudiando como inciden nos obxectos, como se comporta a luz (e consecuentemente, as sombras -propias e arroxadas-) nos diferentes casos que se poden dar: luz de sol e luz artificial puntual, co foco por diante ou por detrás do espectador.

Aproveitamos ben un dos poucos días de sol que tivemos ata o de agora na Estrada, para debuxar as sombras da entrada no MGB, coa luz da mañán incidindo sobre ela.

Hai moita información nos libros e tamén na web sobre como podemos debuxar e representar con exactititude e precisión as SOMBRAS:

AQUÍ, AQUÍ, AQUÍAQUÍ e AQUÍ, por exemplo...
E AQUÍ podemos ver algúns impresionantes traballos de sombreado a tinta opaca do arquitecto Frank LLoyd Wright

Aínda que para aprender a facelo, aínda mellor que un libro e poñerse directamente mans á obra, a debuxar...







sábado, 26 de enero de 2013

SILLÓNS DE CARTÓN





A imprenta C.A.Gráfica, que imprimiu a revista PREBE, e que tamén se adica ao PACKAGING, regalounos unha morea de caixas, todas do mesmo formato: 60x30x20.
Usándoas como módulo, e tamén na asignatura de DESEÑO, ideamos estes SILLÓNS de cartón, que irán recheos dos papeis que se tiran durante o curso, facendo así unha labor de reciclaxe.
Temos dous modelos, un tresillo de 3 plazas e outro de dous, feitos con 12 e 16 caixas respectivamente, e asentados en 4 pallets.
Aínda non está claro que o deseño da biblioteca, (e dos sillóns que aquí vedes) poida levarse á realidade, xa que teñen que ten que dar o visto bo as supremas autoridades do MGB e da biblioteca, pero se é así, algún día vos sentaredes nestes sillóns (nós xa o fixemos)...e son moi cómodos.