Mostrando entradas con la etiqueta viaxe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta viaxe. Mostrar todas las entradas

lunes, 26 de diciembre de 2016

IMOS A MILÁN...ou a MULÁN??

Os alumnos de 4º ESO farán unha saída cultural a MILÁN, a capital da Lombardía, e tamén capital do DESEÑO, do 16 ao 21 de abril. E como de deseño vai a cousa, os propios alumnos están a diseñar cousas para axudar a financiar a excursión, algo sempre moi útil nestes tempos apretados.
Miriam Núñez é a autora deste primer deseño (inspirado na imaxen da película MULÁN) para camisolas e bolsas, que podedes mercar a un precio de 10 euros, e de paso que vos levades unha cousa moi cuca, contribuídes a que estes alumnos poidan ir a esta viaxe de fín de ESO.
Aquí tedes as marabillas que xa rulan pola Estrada. Facervos con unha, que se acaban!
De momento as están a vender María López, Mirian Núñez, Uxía Salgueiro, Marcos Puente, Jesús Martínez, Roi Campos, María Rivadulla, Sofía Barros, Icía Couso, Paula Pereiras, María González, Aaron Cela, Yago López, Francisco Rodríguez, Jacqueline Reimúndez, Daniel Pérez e Ángela Pérez.
Moitos dos alumnos que viaxan a Milán están a vender tamén CHAPAS, con deseños propios, algunhas delas con debuxos orixinais directamente insertados na chapa.
Xoias que paga a pena ter e gardar...

Tamén a axencia, Simply Travel, facilitaranos o uso dunha das salas de cine, para facer proxeccións e usar a recadación para cofinanciar a viaxe...
E os alumnos están, ademáis, a preparar un Festival con este mismo fín.
Unha moi boa e interesante maneira de axudar a pagar esta actividade, facendo cousas útiles e cheas de creatividade.

Se queredes facer encargas destas, ou de outras cousas que irán xurdindo nestes meses (se queredes camisolas precisade a talla), podedes facelo a calquera dos viaxeiros, que son:


1. Maria González Blanco

2. Miriam Núñez López

3. Uxía Salgueiro Pereiras

4. Alejandro Fernández Justo

5. Patricia Riveira Magán

6. Yago López Vinseiro 

7. Malena Franco González

8. Francisco Rodriguez Garcia

9. Paula Darriba Botana

10. Jacqueline Reimundez Rey

11. Sofía Campos Fernández

12. Aroa Durán Ferrero 

13. Xián Caamaño Caramés

14. Lorena Rivero Besteiro

15. Marcos Puente Vázquez 

16. Sofía Barros Fernández 

17. Icía Couso Vede 

18. Maria Lopez Coto 

19. Alba Mato Dominguez

20. Laura Montero Martínez

21. Maria Rivadulla Collazo

22. Paula Pereiras Matalobos

23. Roi Campos Puente

24. Andrea Gonzalez Pereira

25. Carmen Campos Sánchez

26. Mateo Alvarellos Docampo

27. Daniel Pèrez Domínguez

28. Penélope Pumar Valladares

29. Clara Rivadulla Blanco

30. Jose Miguel González Iglesias

31. Uxia Silva Simoes 

32.Tatiana Fonseca Pontes 

33. Santiago López Eyo

34. Daniel Lauroba Loureiro

35. Adela Sánchez Vázquez

36. Carlota Campos Goldar

37. Manuel Miranda Iglesias

38. Javier Escariz Mella 

49. Jesús Martinez Carracedo 

40. Alfonso Castro Cao 

41. Rosa Rivadulla Blanco

42. Mauro Pena Blanco

43. Mario Loureiro Montenegro

44. Hugo Escudero 

45. Ángela Pérez Luengo 

46. Aaron Cela Riveiro 








A excursión contará co acompañamento dos profesores de Artes Mariano e Xoan, e a profesora de Literatura, Chelo.
A viaxe incluirá unha visita de un día a Florencia e outra visita ao Lago Como, ademáis de visitar as moitas cousas que podemos ver en Milán, das que iremos dando conta neste mesmo blogue.
Permanecede atentos!

viernes, 6 de junio de 2014

PLANNING VIAXE A ROMA

ACHÉGASE O DÍA !!!

En moi poucos días pisaremos ROMA...Sairemos o sábado 21 de xuño. Haberá que estar no aeroporto de Santiago as 14 horas. O avión sae as 16 horas e chega a Roma as 20 45.
O prezo da excursión foi de 495 euros. Pagáronse en tres plazos: 45+225+225. O prazo do último pagamento remataba onte.
Asignáronnos finalmente o HOTEL LUX. Está situado na zona da estación de Términi, VÍA GAETA, 14, moi preto do centro histórico.
Aquí podedes ver o exterior do Hotel tal e como aparece en Google View, e fotografías do interior collidas da web.






É un hotel de ****. Aínda non coñecemos a distribución das habitacións.
No hotel haberá que deixar unha fianza por alumno de uns 20 euros en previsión de daños nas habitacións. Se a volta todo está correcto, a fianza será devolta aos alumnos. 

O mesmo día da chegada deixaremos as cousas no hotel, e entre traslado desde o aeroporto e demáis, a iso das 22 horas podemos dar unha pequena volta de recoñecemento á cidade.
Qué mellor INMERSIÓN en ROMA que visitar de noite a mítica FONTANA DI TREVI. 
O paseo do hotel á FONTANA é maís ou menos de un kilómetro e medio, uns vinte minutos. Podemos tomar algo polo camiño para cear.
Alí estaremos un rato, descansando preto da fonte, e despois podemos ir un pouco máis alá e visitar outras míticas fontes, as da Piazza Navona, a oitocentos metros da Fontana de Trevi, pasando por un dos edificios máis impresionantes de Roma: O PANTEÓN de Agripa. Todo esto é especialmente impactante de noite. Ainda que son edificios que voltaremos ver á luz do día.
 O camiño total dalí ao Hotel é de 2, 5 kilómetros...Alí estaremos outro rato, e retirarémonos a descansar, cos ollos saturados de beleza...necesitaremos folgos para vindeiros días.





O día 22, domingo, levántaremonos cedo (hai que evitar andar con moito calor) e despois da prima colazione (almorzo), a partires das 8 30 sairemos cara a coñecer a Roma dos Gladiadores e os empereradores, iremos cara o Anfiteatro Flavio, de máis de 2000 anos de antiguidade, coñecido como COLOSSEO pola enorme estatua de ouro de Nerón que daba entrada ao público e que xa non se conserva. Ó seu lado está o FORO ROMANO, centro da cidade antigua, actualmente en ruinas. Todo este conxunto é o máis visitado da cidade, a esencia mesma da Roma da que todos temos oído falar.
Polo camiño pararemos a ver a Basílica de Santa María la Maggiore, un dos templos máis grandes de Roma, e aínda que non é dos edificios máis coñecidos, si é dos que atesoran máis beleza e mestura de estilos arquitectónicos.
Tamén pararemos na igrexa de San Pietro in Víncoli, onde está a estatua do Moisés de Michelángelo.
Ao chegar ao foro, o visitaremos (é gratuíto, como a basílica), e despois poderase visitar, quen queira facelo, o interior do Colosseo (aquí haberá que pagar entrada, uns 15 euros, aínda que é posible que obteñamos desconto como instituto)
Haberá que facer unha cola de preto de media hora. Os que non queran entrar poden agardar fóra, onde hai moito sitio para descansar, pasear...ou debuxar...
Despois iremos cara o río Tíber e a Illa Tiberina, pero pasando por importantes hitos da cidade: O Circo Massimo, a Bocca della Veritá e Teatro Marcello.
Cruzaremos el Tíber e adentrarémonos nun dos barrios máis bohemios da cidade, o Trastévere, barrio de artistas, de vida tranquila e un sitio ideal para pasar unhas cantas horas e repoñer folgos para a volta.
Todo este percorrido o faremos con calma, sen presa, parandonos cando vexamos que xa o pide o corpo para tomar algo fresco, sentarnos un rato, botar un ollo aos italianos e as italianas, ou facer uns debuxiños.

Comeremos onde teñamos fame, e xa a tardiña, iremos de volta cara o hotel. Voltaremos pola Praza de Venezia e a Vía do Quirinale.
Alí, no hotel, descansaremos un rato, e se logo vos apetece, daremos unha volta polos alrededores










O día 23, luns, iremos tamén, despois do almorzo, cara á Piazza de Spagna, pasando pola fonte de Tritón.
Coñeceremos tamén os arredores da escalinata da Piazza de Spagana rodeados de tendas e un bon rincón pa pasar un rato ata ir cara a nosa visita máis espectacular: a da Capela Sixtina e a monumental Basílica de San Pedro. Pasaremos polo castelo de St Angelo e pola Via da Conziliazione.
Esta é a única das nosas visitas que non pode ser cambiada de data nin hora, xa que a temos reservada e prepagada en parte (2, 15 por alumno, máis 5, 9 a maiores na mesma Capela Sixtina). Non teremos que facer colas nin na capela nin en San Pedro, o que nos aforrará horas de espera.
Poredemos (quen o desexe) subir á cúpula da Basílica e ver toda Roma dende o alto.
Na zona do Vaticano botaremos unhas cantas horas e comeremos alí.
Á volta podemos ir, se non estamos moi cansos, pola Piazza do Popolo, aínda que queda un pouco a desmán, ou voltar en liña recta e ver outras cousas interesantes.







O martes 24 iremos outra vez pola zona do Panteón, que paga a pena ver de novo, e de día.
Iremos a ver a Torre de la Mona, o edificio de vivendas en uso máis antiguo do mundo (ten máis de mil anos) e sobre él hai unha interesante lenda que lle da nome. Algo así  tamén ocorre coa igrexa de San Eustachio.
Preto de todo isto está a Praza Navona, a Fontana, o Panteón...este día perderémonos polas rúas da cidade vella, sen presas nin agobios, disfrutando da cidade.
Visitaremos tamén o Campo di Fiori, unha das zonas de "movida" de Roma, tanto de día como de noite.
Podemos quedar por alí ata a noite, e cando o corpo nolo pida, non moi tarde que hai que madrugar, voltar ao hotel.







O plan do último día improvisarémolo alí...temos que volver as 17 55, polo que haberá que saír do hotel xa a mediodía, e pouco máis tarde ir cara o aeroporto...temos unhas horas á mañán para ir pola cidade, pero é mellor que e decidamos alí mesmo, cando saibamos ben o tempo de que dispoñemos...



Calquera suxerencia que teñades, comentádea neste mesmo blog, ou no wassap do grupo da excursión.

XA FALTA POUCO!!!!

miércoles, 29 de enero de 2014

VIAXE Á CIDADE ETERNA



Entre o 21 e o 26 de xuño, algúns alumnos de 1º e 2º BAC asistirán a unha saída cultural á capital de Italia, Roma.
Sairemos o sábado 21 de xuño. Haberá que estar no aeroporto de Santiago as 14 horas. O avión sae as 16 horas e chega a Roma as 20 45.
Visitaremos a cidade, os seus barrios, monumentos e lugares máis interesantes o domingo, luns, martes e a mañá do mércores 25, día no que as 17 55 colleremos o voo de volta a Santiago, onde chegaremos as 20 45.
A viaxe ten un prezo de 495 euros, inclúe o voo, traslados en bus ao hotel (*** en zona Términi, hotel aínda por determinar), 4 noites de aloxamento e almorzo, seguro de viaxe e responsabilidade civil, tasas de aeroporto e 1 maleta por persoa, así coma talonario de rifas para os alumnos.
Inclúe tamén IVE e máis gastos de xestión.
Non inclúe Tasas de estancia en Roma, imposto de 2 euros por persona e noite, que deberá pagarse no hotel.
Tampouco inclúe comida e cena, xa que é preferible xantar pola nosa conta e así evitar ter que ir a un mismo punto dúas veces ao día, o que podería interferir en visitas e itinerarios. Non inclúe tampouco entradas a museos.
A axencia coa que fixemos o prexecto é Viaxes Barceló, en Santiago de Compostela.

Os alumnos asistentes entregaron o día 29 de xaneiro un primer ingreso de 45 euros para reservar o voo, e este ingreso lles será restado do importe a pagar en vindeiras datas.

No Hotel é habitual facer un depósito en recepción de 20 a 25 euros por persoa, en previsión de posibles desperfectos, cartos que serán devoltos aos alumnos o último día (se non hai desperfectos nas habitacións, lóxicamente).
Asistirán un total de 29 alumnos e dous profesores.

A viaxe, organizada polo departamento de Plástica ten por obxeto visitar e observar de primeira man importantes lugares, hitos do enorme pasado cultural romano, que influíron dun xeito evidente en toda a nosa cultura, arte e sociedade. Din que todos os camiños levan a ROMA e, en certo modo, tamén todos os camiños veñen de alí.

Dibuxaremos, tamén, polas rúas da cidade. Esta actividade é voluntaria e poderán sumarse a ela os alumnos que o desexen, sexan do bacharelato de artes ou non. Tentaremos contactar antes da viaxe cos Urban Sketchers de Roma, e visitaremos non só lugares importantes da cultura do pasado senón tamén do presente.

Roma é un monumento en sí mesma. As súas ruas, prazas, edificios, son en sí mesmas máis interesantes que calquera museo. É unha cidade para disfrutar, calquer lugar dela é un lugar onde a beleza é sempre sorprendente e abraiante. Por moitas veces que se visite a cidade, por moito que esteamos afeitos a vela en fotos ou no cine, visitar Roma sempre é unha experiencia única, e visitala cos compañeiros moito máis.

Aquí van algúns dos moitísimos lugares que poderemos ver...xa iremos facendo un planning preciso cando saibamos seguro o Hotel no que pasaremos a noite...admítense todo tipo de suxerencias:





O FORO ROMANO





O COLOSSEO






O PASEO POLO RÍO TIBER E A ISOLA TIBERINA











O PANTEÓN DE AGRIPA, un dos edificios más impresionantes do mundo




A BOCCA DELLA VERITÁ, a alcantarilla máis famosa do mundo...




O CIRCO MASSIMO, (ou o que queda del) o lugar onde se facían as carreiras de cuádrigas...



O TEATRO MARCELLO



A PRAZA DE ESPAÑA, lugar de encontro de xente xoven de todas as partes do mundo





A MÁXICA FONTANA DI TREVI, escenario de La Dolce Vita e un dos lugares máis visitados da cidade, e posiblemente de todo o mundo...









A BASÍLICA DE SAN PEDRO, o imponente templo central do catolicismo, coa maxestuosa obra de Miguel Ángel como protagonista



A ESCULTURA DE MOISÉS de Miguel Ángel, na igrexa de San Pietro in Vincoli




LA PIAZZA DEL POPOLO







A impresionante PIAZZA NAVONA









O BARRIO bohemio do TRASTÉVERE





A FONTE DO TRITONE




...E MIL COUSAS MÁIS...estos son só uns cantos exemplos do que veremos...suxeride os sitios que máis vos interese ver, ou outras cousas que ver...
Xa iremos publicando máis cousas...vémonos nas reunións ou neste blog!!

Agora toca ir facendo cousas para que a viaxe, ademáis de inolvidable, sexa barata !

ANDIAMO!!!